miércoles, 12 de marzo de 2025

Grazas Candela!

 Co gallo do 8 M tivemos unha convidada moi especial. Veu a visitarnos Candela Pérez, que en decembro quedou subcampeona de Europa de surf, na categoría SUB- 10. 

Explicounos moitas cousas sobre este deporte que a apaixoa, trouxo a súa táboa, vimos vídeos de cómo se collían as olas e comentounos sobre as correntes, os distintos campeonatos aos que ía próximamente e sobre o seu club. 





Moita sorte esta finde e foi un auténtico pracer terte con nós. 

Graciñas!



martes, 11 de marzo de 2025

8M: MULLERES DA NOSA VIDA


 Este 8 de marzo os pequenos de infantil de 3 anos quixeron render un emotivo tributo ás mulleres que forman parte das súas vidas. Con motivo do Día Internacional da Muller, crearon un fermoso mural titulado "Mulleres da nosa vida". Cada un deles deseñou e pintou unha representación das mulleres que son fundamentais para eles: as súas nais, e outras figuras femininas que, dalgunha maneira, impactan nas súas vidas de forma positiva como son tamén as avoas.

Cada debuxo converteuse nun fermoso tributo a todas aquelas que co seu amor e forza, coas súas loitas e dedicacións, fan que o mundo sexa mellor para todos nós.

O mural "Mulleres da nosa vida" quedou exposto para que todos os membros da comunidade educativa puideran admiralo e reflexionar sobre a forza e o cariño que, día tras día, nos dan as mulleres que nos rodean.

Ademais, para dar un paso máis na conmemoración deste día tan importante, os pequenos tamén gravaron un vídeo onde compartiron as súas palabras e sentimentos cunha inocencia propia da súa idade, pero cargado dun profundo amor. Unha forma de ensinar aos máis pequenos a importancia de recoñecer o traballo e sacrificio das mulleres, non só o 8M, senón en cada día do ano.







lunes, 10 de marzo de 2025

Obradoiro “Achegarmos á Historia dos Medios en Galego”


Coruña veñen de publicar a Guía Didáctica: Coñecendo a Historia dos Medios en Galego (2025). Esta

conta con dúas unidades didácticas: unha centrada na orixe, historia e evolución dos medios en galego; e

outra na situación, posibilidades e recursos que ofrecen os medios en galego na actualidade. Ademais,

conta cuns apuntamentos para coñecer a historia e acceder aos recursos dixitais dispoñibles dos medios

en galego; un anexo cun listado, descrición e ligazón a máis dun centenar de medios en lingua galega de

diferentes temáticas e épocas; e o encaixe curricular de cada recurso para alumnado da ESO e

Bacharelato.

Para comezar a difusión deste novo recurso didáctico, a Área de Igualdade da Deputación promoveu a

elaboración de obradoiros que traballen con estes contidos en tres centros educativos da provincia, entre

os que foi seleccionado o CPI Virxe da Cela. Este obradoiro, de título “Achegarmos á Historia dos

Medios en Galego”, foi impartido por David Miguel Rodríguez Martínez: historiador e co-autor da guía didáctica.
Imaxe de Miguel Rodríguez, o historiador que deu valor a Historia dos Medios en Galego na biblioteca do centro.

O obxectivo principal do obradoiro é conectar o pasado e o presente dos medios en galego. Desta

forma o alumnado poderá comprender a súa evolución e as limitacións que sufriron no pasado, e ao

mesmo tempo analizar a grande oferta que hoxe existe. Isto permitirá transmitir unha mensaxe positiva

e ofrecer exemplos para que o estudantado incorporen ao seu repertorio informativo estas

ferramentas e así comprender mellor o entorno que os rodea. É dicir, consolidar a idea de que é posible

consultar información do día a día do alumnado en xornais escritos na súa lingua.

A charla mesturará un formato teórico, sobre os contidos referidos ao longo da guía didáctica, e un

traballo máis colaborativo, practicando metodoloxías activas para favorecer a adquisición de

aprendizaxes e o traballo do alumnado cos materiais físicos e dixitais en grupos de discusión.

Comparanse medios do pasado e do presente para ver reminiscencias nas temáticas e preocupacións da sociedade

galega ao longo da historia, ao mesmo tempo os cambios e avances sociais en materia de linguaxe,

discriminación, sexismo etc.

Imaxe da guía desde a que se pode descargar para o seu uso educativo.
Esta actividade tamén foi recollida polo Diario de Santiago:

Imaxe da actividade recollida no Diario de Santiago.



Semana da Prensa e 8M

HISTORIAS DE VIDA DE MULLERES VINCULADAS AO SECTOR PRIMARIO



 Luns 10 de marzo de 2025. De 15:35 a 16:25. “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia"

Visita de Laura Gómez Vales para presentar a actividade. 

Sector lácteo-gandeiro, sector apícola.

 Unidade Didáctica que estamos elaborando coas compañeiras de educación rural, Outonía, baixo o título: Mulleres de mar e terra ante o cambio climático. Dentro dela, contémplase a realización de entrevistas por parte do alumnado de Secundaria a mulleres dedicadas ao sector primario poida presentar a actividade e dar as indicacións precisas. A idea é que sexan eles e elas as protagonistas, que poidan entrevistar a mulleres dos seus entornos e que reflexionen sobre o poder do sector primario para frear ou revertir a emerxencia climática.

O produto esperable é obter unha publicación, baixo o título: “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia" na que se recopilen estas historias.









jueves, 6 de marzo de 2025

Soberania alimentaria: educación ecosostible

Participamos no programa do CEIDA en colaboración coa Deputación da Coruña para unha transición ecolóxica sostible.

Con esta actividade quixemos dar a coñecer a agricultura e gandaría social, sostible e de proximidade, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sa, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademais, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e economicamente viable.


A mesma, consta de dúas partes:

1ª Actividade no centro educativo sobre a soberanía alimentaria onde se expón de maneira sinxela e amena o concepto de soberanía alimentaria, os principais problemas ambientais polos nosos hábitos de alimentación e consumo actuais, a importancia dunha agricultura e gandeira ecolóxicas e sostibles, e a forma que temos entre todos de mudar os nosos hábitos diarios de consumo para axudar a mitigar este problema.


2ª Visita guiada a un produtor asociado á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou dos Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia da Coruña, neste caso a Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar).




Desta forma, vimos como a realidade do rural de hoxe en día e posible se somos quen de aproveitar as nosas potencialidades formando parte dunha sociedade crítica e responsable cun futuro sostible.

viernes, 28 de febrero de 2025

MATERIAIS PARA A KONAMPALLI SCHOOL (A INDIA)

Un ano máis chegamos a cumprir o noso obxectivo, elaborar materiais para enviar a unha escola da India, a través dun proxecto de intercambio cultural e tradicións promovido pola Fundación Vicente Ferrer. School to School é o nome do proxecto, no cal levamos xa máis dunha década formando parte. Tanto alumnado como profesorado dalgúns cursos de educación primaria e secundaria estiveron traballando durante semanas, recollendo información sobre a nosa cultura e as nosas tradicións, deseñando carteis, debuxando e redactando textos en inglés. Esperemos que todo este esforzo serva non so para amosar aos nenos e nenas da Konampalli School (India) a nosa realidade, senón tamén para valorar todo o que temos, que é dunha grande riqueza, tanto material como inmaterial.  



viernes, 21 de febrero de 2025

SEGUNDA FORMACIÓN PARA O ALUMNADO REDE COMPÁS

 Venres 21 de febreiro 2025. UUMM

Este pasado venres, 28 de febreiro de 2025, María Lobo impartiunos a segunda charla sobre o proxecto da Rede Compás. Este proxecto trata sobre visibilizar á xente do rural galego que non ten un papel importante nas decisións que se toman dende á Xunta de Galicia, dende o Goberno central de España, en Madrid, ou mesmo dende Bruxelas, en Bélxica. A este obradoiro apuntámonos a mitade da ESO, xa que estamos 20 alumnos e alumnas implicados neste proxecto. Paréceme moi bo resultado xa que normalmente a estas actividades non se apunta tanta xente e prefiren emplear ese empo para outras cousas. No obradoiro debatimos e falamos sobre os temas do primeiro obradorio. Ademáis veu un chico que non me lembro do seu nome a sacarnos fotos mentres facíamos o obradoiro que tamén pertence ao proxecto. Así que este obradoiro gústame moito porque podemos levar os nosos pensamentos ata o mesmiño Parlamento da Unión Europea de Bruxelas! MG 3º ESO.









 

jueves, 20 de febrero de 2025

COMISIÓN MIXTA DE SEGUEMENTO EDUCATION4THEPLANET

 Xoves 20 febreiro 2025. no marco do proxecto de Educación Ambiental que estamos implementando con toda a vosa axuda, Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a acción polo clima. para convocarvos a unha reunión, chamada Comisión Mixta de Seguimento,  xoves día 20 de febreiro en horario de tarde (17h). Laura Gómez Vales (Fundación Ayuda en Acción), Outonía, avaliación externa. 

Balance das actividades realizadas no 2024: Obradoiros do Mural do Clima e Produción Rexenerativa (ganadería, pesca e agricultura) vinculada ao ODS 13 (Acción polo clima); Visitas a explotacións ecolóxicas, realización das Enquisas CAP (Coñecementos, Actitudes e Prácticas), Obradoiro de Moda sostible (UDC), elaboración dunha Unidade Pedagóxica e Liña de Base do Proxecto

Previsión das actividades no 2025 e comentarios sobre as mesmas:Entrevistas a realizar polo alumnado a mulleres cun papel protagónico no combate contra o cambio climático a partir do sector primario (gandería, pesca, agricultura, apicultura). Xornadas de recolla de residuos co alumnado de Secundaria baixo un concurso de orixe xaponesa (spogomi) para a motivación dos e das participantes. Obradoiros de ARTIVISMO coas compañeiras de ATALAIAS co alumnado de Secundaria. Os obxectos/artigos creados servirán para crear unha exposición pública nas instalacións dos centros como evento de incidencia política.

Presentación breve da Unidade Pedagóxica que se está creando para levar aos centros de Secundaria. Outonía.

Presentación de Dámaris Otero, que se encargará de realizar a avaliación externa final do proxecto. Para este efecto, terá que realizar algunhas técnicas de recolla de información (entrevistas ao profesorado sobre o decorrer da intervención, observación participante, etc).





jueves, 13 de febrero de 2025

Formación: Achegamento á metodoloxía de investigación no ámbito educativo

Este curso participamos desta actividade formativa do CAFI (S2406276 - Achegamento á metodoloxía de investigación no ámbito educativo)explicando como a actividade investigadora fortalece os procesos educativos dos centros escolares.

Nela vimos como temos que repensar a investigación educativa para entendela como un diálogo desaberes que democratice o coñecemento e recoñeza a calquera profesional da educación como suxeito activo na produción investigadora, cientifica e pedagóxica.

Moitísimas grazas por contar co noso centro educativo!!!

Camino_Pereiro_Investigacion.pdf de Maria del Camino

CURSO EN LIÑA CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Desde a Campaña Mundial pola Educación (CME) Galicia, convídannos a sumarnos a este curso deseñado para: Curso en liña de : “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación” dentro do proxecto da Campaña Mundial pola Educación 2025 Galicia. Toda unha experiencia de aprendizaxe coa que adquirimos as competencias para:

✔️ Dotarse de ferramentas pedagóxicas e recursos innovadores. 

✔️ Fortalecer a túa capacidade para fomentar o activismo xuvenil. 

✔️ Inspirar as mozas e mozos a defender o seu dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade. 




miércoles, 12 de febrero de 2025

Patios dinámicos: formación do profesorado

Imaxe da actividade formativa.

O grupo de docentes que conforman o itinerario de «TEA: recurso para a inclusión e a convivencia» participaron nunha formación no CFR de Ferrol no marco do PFPP do centro acerca dos patios dinámicos.

A formadora, Gey Lagar falounos da importancia que teñen os patios e parques dinámicos como ferramenta de inclusión social, facilitando a participación de todo o alumnado nos tempos de lecer.

Despois de todo o aprendido, só nos queda poñelo en marcha!

Imaxe da actividade formativa.




lunes, 10 de febrero de 2025

Movémonos cos maiores

Fai uns días visitáronnos as maiores do centro de día do Xestal para facer con nós unha sesión de ximnasia xerontolóxica. Foi un pracer aprender con vós!








martes, 4 de febrero de 2025

AHORA MÁS QUE NUNCA, CIUDADANÍA GLOBAL

A directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e unha docente deste centro educativo participarán no evento  “Ahora más que nunca, ciudadanía global. De la teoría a la práctica: cómo implementar la Educación para la Ciudadanía Global y el Desarrollo Sostenible en la educación formal”, que terá lugar o xoves 6 de febrero de 2025, de 09:30h a 14:30h no .Impact Hub Madrid 

Este evento está organizado polo Movimiento 4.7 e conta coa colaboración de Cooperación Española. A través dunha mesa para o diálogo, de dinámicas de grupos e dun plenario, abordarase o reto de establecer liñas para unha implementación efectiva da Cidadanía Global e do Desenvolvemento Sostible nos espazos de educación formal. 



Agenda Evento Movimiento 4.7 by veracruces









Conclusiones de La Mesa Dia... by veracruces

<

Sintesis y Conclusiones de ... by veracruces

Nota de prensa recollida na web do Ayuntamiento de Madrid: