miércoles, 8 de marzo de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER NO CPI VIRXE DA CELA

Durante a primeira semana do mes de marzo reaizáronse no noso centro diferentes actividades vinculadas á conmemoración do Día Internacional da Muller (8M): nomeamento e rotulación das portas do centro con persoaxes femininas de importancia en diferentes eidos, elaboración de podcasts radiofónicos (2º ESO materias de Relixión e Valore Éticos), exposición bibliográfica, etc. Queremos tamén destacar a iniciativa levada a cabo polo ANPA do centro, un concurso que homenaxeaba ás referentes femininas do alumnado participante.

Cartel 8M AMPA


Elaboración de podcast radiofónico 8M, alumnado 2º ESO nas materias de Relixión e Valores Éticos

lunes, 6 de marzo de 2023

TECNOLOXÍA: CLAVES PARA EDUCAR

 



Estimadas familias, Queremos convocarvos a unha reunión xeral na que abordaremos unha temática de vital importancia na sociedade actual. Un obradoiro para axudarnos a xestionar o uso do medios e recursos dixitais por parte dos nosos fillos e fillas para que estes medios non se convertan nun risco para o alumnado e nun elemento máis de preocupación para as familias. Para isto, contaremos cunha persoa de recoñecido prestixio: Antonio Rial Boubeta, profesor da USC e investigador. El, axudaranos a entender como funcionan estes recursos e analizar as repercusións que poden ter se non estamos preparados para afrontar o seu uso de forma responsable e segura. Trátase de dialogar e contrastar opinións para xerar prácticas de uso axeitadas a cada tramo de idade. Será o próximo xoves, 9 de marzo ás 16:45. Máis información na web do centro. Un saúdo.

viernes, 3 de marzo de 2023

RUTA DE SENDEIRISMO "EDUCATION4THEPLANET"

 Enmarcada dentro do proxecto Education4thePlanet (unha proposta que vén da man de Fundación Ayuda en Acción) o venres 3 de marzo 2023 o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela realizou unha ruta de senderismo pola comarca do Eume para poñer en práctica todo o aprendido nas sesións de formación previas e ser conscientes da importancia do coidado do noso medio natural. 






PROPOSTA 8M CPI VIRXE DA CELA


As mestras que coordinan a conmemoración do 8M no noso centro fan unha proposta para que todo o profesorado con aula propia (titorías e especialistas), renomeen as súas aulas con figuras importantes femininas. Cada titor ou especialista estará encargado de facer o cartel co seu alumnado, seguindo unha un modelo de plantilla. Para deixar constancia de todas as propostas, realizarase un video documentando as portas coas novas cartelerías. 

Na exposición 8M que está instalada na Biblioteca Castelao pódense consultar os materiais dispoñibles, que vos poden servir de inspiración para escoller a figura da muller relevante. 

De xeito paralelo a esta proposta principal, ofreceráselle ao profesorado titor da etapa de primaria uns materiais dos Bolechas cos que traballar a igualdade e que buscan eliminar estereotipos de xénero. O material dos Bolechas tamén está dispoñible no seguinte enlace: https://osbolechas.gal/igualdade/


miércoles, 1 de marzo de 2023

DALLE RITMO Á IGUALDADE. CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

 


A CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN, é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo, co obxectivo principal de mobilizar á cidadanía para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos estados e así garantir o acceso a unha educación pública e de calidade para todas as persoas do mundo. 

O empoderamento e mobilización das persoas son un rol fundamental da Campaña Mundial pola Educación, a unión de toda a sociedade baixo a mesma mensaxe e co mesmo obxectivo a defensa do dereito humano á Educación. 

A través do lema “Dalle ritmo á igualdade” neste 2023 a CME quere visibilizar as desigualdades de xénero e como a educación transformadora é a ferramenta para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. 

A coalición galega de Campaña Mundial quere facer unha chamada para que toda a sociedade mobilícese e reclame o cumprimento íntegro dos compromisos políticos en favor do ODS 4, unha Educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas e todos. 

Infantil OK by veracruces on Scribd

Primaria Primer Ciclo OK by veracruces on Scribd

Primaria Segundo Ciclo OK by veracruces on Scribd

Primaria Tercer Ciclo OK by veracruces on Scribd

ESO y Edad Adulta OK by veracruces on Scribd

martes, 28 de febrero de 2023

CORRE POR UNHA CAUSA

Animamos a toda a nosa comunidade educativa a participar na Carreira Solidaria, unha iniciativa que chega da man da Fundación Entreculturas e que se levará a cabo o vindeiro 5 marzo 2023 en A Coruña. Baixo o lema "Corre por unha Causa", esta actividade de sensibilización tratará tamén de acadar fondos para a axuda da infancia refuxiada. 



viernes, 24 de febrero de 2023

RESOLUCIÓN II PREMIO GALEGO EPDCG

Resolución definitiva do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. 

A Coordinadora Galega de ONGD fai pública a resolución definitiva da segunda edición do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón co que se quere recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Nesta segunda edición presentáronse 15 candidaturas (3 correspondentes á Categoría A. Educación Infantil e Primaria; 5 correspondentes á Categoría B. E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas; 7 correspondentes á categoría C. Ensinanzas Universitarias). Todas elas poden consultarse na plataforma do Mapa Cénit de Experiencias de Educación para a Cidadanía Global.

Un xurado composto por sete persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución definitiva do Premio: 

RESOLUCION-DEFINITIVA by veracruces on Scribd

OBRADOIRO "ZINKERS" FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN E FUNDACIÓN REPSOL

Grazas á colaboración coa Fundación Ayuda en Acción e da  man da Fundación Repsol o alumnado da ESO tipo a oportunidade de continuar a súa formación en torno aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e á Axenda 2030. Esta actividade foi impartida por Jennifer Chamadoira e tivo lugar o Venres 24 febreiro en dúas quendas: de 10:35 a 11:25 (1º e 2º ESO); de 11:25 a 12:15 (3º e 4º ESO).



viernes, 17 de febrero de 2023

CLIPMETRAXES PARA O CONCURSO MANOS UNIDAS

 


Estas pezas audiovisuais, baixo os títulos "Non valoran o que teñen" e "Súmate aos ODS" son as propostas do alumnado de 5º e 6º de EP do CPI Virxe da Cela para o concurso Clipmetraxes de Manos Unidas.  A través deste produto audiovisual o alumnado buscou representar, a través dunha ruleta, como é o azar da vida. Somos uns privilexiados/as por non atoparnos dentro dos 370.000 nenos e nenas que non poden acceder a unha alimentación básica. Incluso chegamos a desperdiciar a comida, xa que non valoramos o que temos. 

jueves, 9 de febrero de 2023

ENTREGA DE DIPLOMAS CARTEIS DA PAZ CLUB LEONES

Englobada dentro das actividades que realiza o noso centro para a conmemoración do Día Internacional da Paz e da non Violencia (30), a participación no concurso de debuxo "Cartel da Paz" do Club de Leones axudou ao alumnado de 1º da ESO a reflexionar sobre a cultura da paz á vez que desenvolver todo o seu potencial artístico e creativo. O pasado xoves 9 de febreiro de 2023 fíxose a entrega dos diplomas de participación a todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO. O cartel seleccionado, autoría de Tatiana, será visibilizado e publicado nun xornal en papel do Club dos Leones. 



Cartel seleccionado. Tatiana Mosquera Abeal




viernes, 3 de febrero de 2023

TERCEIRO OBRADOIRO "EDUCATION4THEPLANET"

Cristina Otero Correo visita de novo o CPI Virxe da Cela o venres 3 de febreiro de 2023 para impartir ao alumnado da ESO o terceiro obradoiro integrado no proxecto Educatión4ThePlanet, coa intención de sensibililizar á mocidade do impacto das accións humanas na saúde do planeta. Grazas á Fundación Ayuda en Acción podemos encaminarnos á consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030. 

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA

Hoxe, luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizaremos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a día. Ás 12:00 todos os grupos reuníronse no patio cuberto e os nenos e nenas foron achegándose ordenadamente a unha fermosa árbore que mercou a AMPA para ir colgando etiquetas cos seus desexos para adacar a paz. Posteriormente un voceiro de cada clase recitou para os/as asistentes a frase da paz que representaba ao seu grupo. A música deu lugar á clausura do acto, e os alí presentes bailaron e cantaron ao son do tema "Apertas que Voan" de Paco Nogueiras. 
 
 
   
 
 







sábado, 28 de enero de 2023

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2023

 Esta última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a un par de propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora. Mostra disto é a elaboración conxunta do mural da paz e a decoración das portas das aulas con frases para a Paz .

martes, 24 de enero de 2023

CONCURSO DE CARTEIS 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Unha vez se publiquen as bases reguladoras que se adxuntan na web da Secretaría Xeral da Igualdade e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, estará aberto o prazo para o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no que poderán participar os centros educativos galegos. 

Como en anos anteriores, o obxectivo é fomentar a promoción da igualdade a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero. 

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 17 de febreiro. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal


00_BASES_Concurso_Carteis_8M_2023 by veracruces on Scribd

Anexo I Concurso Carteis 8M 2023 by veracruces on Scribd