Carta Tiktok by veracruces on Scribd
Este xoves 10 novembro o todo o alumnado de educación infantil e de educación primaria, tivo a oportunidade de participar nunhas sesións informativas sobre a Igualdade. En cada un dos obradoiros, adaptados ao nivel de cada un dos ciclos, traballáronse aspectos como os estereotipos dos xoguetes ou da roupa, os roles de xénero coñecidos e aprendidos nas interaccións familiares, diferencias entre feminismo, hembrismo e machismo...
O alumnado de 6º curso recibirá unha charla sobre adición e perigo nas redes soicias o mércores 9 de novembro de 2022. A charla leva por título "Sentir, Actuar e Medrar nas Redes", e será impartida por Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía e que forma parte do grupo de traballo da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC, onde desenvolveu a súa tese titulada "O uso problemático de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes galegos" Será, online a través de Afundación TV e terá lugar na aula da clase.
Amosamos aquí as propostas do alumnado de 1º da ESO ilustrando o lema "Liderar con compasión", temática coa que este ano o Club Internacional de Leones lanza unha nova edición do Concurso Cartel da Paz 2022.
O mércores 2 de novembro de 2022 contamos no noso centro coa visita de Estefanía Franco, técnica da Fundación Entreculturas, para impartir unha charla sobre a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Con esta actividade temos o obxectivo de reactivar a Rede Solidaria e formar un grupo de alumnos/as que queran seguir mantendo este proxecto que durante xa máis dunha década foi todo un signo de identidade do noso centro e que nos últimos anos foise debilitando por diferentes motivos (un deles, sen dúbida, foi a interrupción de encontros presenciais debido á Covid-19.) Durante dúas sesións lectivas (de 12:35 a 14:15) Fani transmitiu aos rapaces e rapazas todo o seu entusiasmo, explicando en que consiste a Rede Solidaria, que pasos hai que seguir para iniciarnos nela, e todas as cousas que nos pode aportar. Houbo tempo de visionar videos dos Encontros Globais da Rede Solidaria en Madrid, de repasar no noso blogue Monferosolidario algúns momentos históricos, como foi a celebración de dúas asambleas da Rede Solidaria no CPI Virxe da Cela, e incluso de realizar dinámicas e xogos, como un escape room utilizando dispositivos móbiles para reflexionar sobre temas tan importantes como o coidado do medio ambiente.
Aproveitando esta visita e charla quixemos inaugurar unha exposición sobre a traxectoria de Monferosolidario vinculada á Fundación Entreculturas. Podedes ver nos corredores de educación secundaria varios paneis expositivos con carteis, crónicas, reportaxes fotográficas, así como unha colección de materiais didácticos publicados por Entreculturas.
Esperemos que neste curso 2022-2023 a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas poda enraizar de novo entre os nosos mozos e mozas, aportándonos ferramentas para construír un mundo mellor.
Cartel Asamblea 22_23 by veracruces on Scribd
Informamos a toda a comunidade educativa de que o vindeiro venres 4 de novembro 2022 terá lugar unha cea de gala coa denominación "Ventana Solidaria" nas instalacións de Palexco (A Coruña), co obxectivo de impulsar a construción de vivendas para familias vulnerables nunha aldea de Anantapur (India) a través da Fundación Vicente Ferrer.
Presentación Ventana Solidaria 2022 by veracruces on Scribd
Dende Solidariedade Internacional de Galicia e o grupo de investigación ECIGAL vos convidamos a participar nas “VIII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global. Currículo e acción social para a transformación”. A Educación para a Cidadanía Global entra con forza na nova lei educativa e é esta unha oportunidade para formarnos e dialogar. Tamén, fóra da escola, destaca como estratexia transformadora na promoción do necesario cambio social.
Dirixido a profesorado de todas as etapas educativas (infantil, primaria, secundaria, formación profesional e universidade) así como alumnado universitario das titulacións de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social, ademáis de persoal técnico e/ou voluntario de diversas entidades, ONGs e colectivos sociais interesados en traballar esta temática.
Serán o 9 de novembro, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Elviña) da Universidade da Coruña. Nas mesmas daránse a coñecer diferentes prácticas de ECG transformadoras e se realizará un obradoiro específico, dinamizado pola entidade Madre Coraje, que nos dará orientacións sobre como incorporar a educación para a cidadanía global no currículo escolar. As xornadas serán de mañá e tarde, pero pódese participar nunha soa quenda. Certificado de 4 horas de formación por asistencia na Xornada da mañá, e 8 horas de formación pola asistencia completa.
Máis información e inscricións de balde na seguinte ligazón:
https://www.ecigal.gal/es/xornadas-inscrici%C3%B3n
VIII Xornadas de Educación Para a Cidadanía Global Currículo e Acción Social Para a Transformación by veracruces on Scribd
"Un mundo mellor" da nome ao proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer, que levaremos a cabo durante o presente curso académico 2022-2023. A través deste intercambio de cultural e de tradicións cunha escola da India (Konampalli School) afondaremos sobre problemáticas do mundo actual e trataremos de buscar solucións. Un ano máis varios ciclos, niveis e departamentos do CPI Plurilingüe Virxe da Cela uniranse para traballar colaborativamente desde e para a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, coa finalidade de construír un mundo mellor.
Un Mundo Mellor Galego by veracruces on Scribd
Guion Un Mundo Mellor Galego by veracruces on Scribd
Cap 5 Clip 1 El secreto de Vicente Ferrer from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.
Cap 5 Clip 2 Riqueza y pobreza from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.
Cap 5 Clip 3 La importancia de la igualdad from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.
Cap 5 Clip 4 De dónde viene lo que compramos from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.
Cap 5 Clip 5 Comercio justo y consumo responsable from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.
Cap 5 Clip 6 creemos un mundo mejor from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.
A Fundación Ayuda en Acción, coa que levamos xa anos colaborando, oferotu varios obradoiros ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6 de EP centrados nos “Dereitos da Infancia”. Con esta iniciativa preténdese favorecer a participación do alumnado na toma de decisións co fin de elevar a voz de nenos e nenas e asegurar que as súas demandas cheguen aos responsables do deseño e a execución das políticas que lles afectan.
O Concurso Escolar do Grupo Social ONCE transfórmase na súa 39ª edición para sensibilizar ao alumnado sobre inclusión a través dun videoxogo accesible. Nenos e nenas viaxarán a Oncity, onde deberán superar diferentes retos que fomentan a inclusión e acadar así que todos e todas vivan nunha cidade 100% accesible. Premendo a seguinte imaxe poderás acceder á web da ONCE con toda a información detallada.
Cada ano 350 nenos e nenas son diagnosticados de leucemia, e 1 de cada 5 non consegue sobrevivir. A "Volta ao cole de Unoentrecienmil" é unha carreira solidaria que se organiza nos centros educativos desde fai sete anos. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil.
A Volta ao Cole é unha carreira que move a acción de miles de nenos e nenas que corren para conseguir que todos os/as peques enfermos de leucemia podan voltar ao cole. Cada participante recibe un dorsal e un diploma, e coa doazón apóiase a investigación desta enfermidade. Preme a seguinte imaxe para obter máis información.