viernes, 27 de mayo de 2022

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITA O PARLAMENTO DE GALICIA

 

Este luns 23  de xuño de 2022 visitamos o Parlamento de Galicia. Non foi una visita máis, dado que o alumnado de 5º e 6º  curso da Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero  levaron consigo a radio escolar coa proposta de entrevistar ao seu presidente,. Así foi, Miguel Ángel Santalices Vieira respondeu as súas preguntas. Na mesma, ademais de destacar a importancia desta institución e explicar o seu funcionamento deulle un toque moi persoal, animando ao alumnado a formarse a partir da súa propia experiencia persoal. 







OBRADOIRO DE PREPARACIÓN PARA A SAÍDA AO PARLAMENTO GALEGO

 O martes 7 de xuño de 2022 un grupo de alumnos/as de 4º da ESO, acompañados por dúas docentes, visitarán o Parlamento Galego e terán a oportunidade de falar cos representantes políticos para presentar unha serie de peticións en torno a unha educación de calidade. Para isto precísase unha preparación, así que o venres 27 de maio de 2022 tivemos no noso centro a Laura  (EDUCO), que a través de diferentes dinámicas traballou co alumnado. 





jueves, 5 de mayo de 2022

TÉCNICAS GRUPAIS PROXECTO EUROEUME

 Cinco alumnas da Universidade de Santiago que cursan a carreira de Pedagoxía visitan por segunda vez este ano o noso centro, para facer unha segunda fase dun mapeo de necesidades da mocidade da zona. Impartirán este obradoiro ao alumnado de 3º e 4º da ESO, e coa información que se obteña tratarase de poñela en coñecemento aos concellos, todo enmarcado no Proxecto Euroeume. 

    Nosotras somos estudiantes de 3º del grado de Pedagogía en la Universidad de Santiago de Compostela. El trabajo que realizamos con el alumnado de 3º y 4º de la ESO del CEIP Virxe da Cela, consistía en fomentar las técnicas de grupo mediante aspectos tan primordiales como la cohesión, confianza, empatía, habilidades sociales, etc., dado que en la sociedad en la que vivimos son aspectos que observamos y seguiremos observando a lo largo tanto de nuestra formación académica, como laboral, e incluso en nuestro día a día. Para ello, utilizamos diferentes técnicas de grupo en las que el alumnado desde un primer momento se mostró participativo y dinámico con nosotras, creando así, un entorno en el que el la superación de las pruebas resultó sencillo y divertido. 

     Hemos hecho actividades en las que debían coordinarse como grupo para alcanzar objetivos como por ejemplo, entre todo el mundo conseguir que solo 6 pies y 4 manos tocasen el suelo, de forma que debían cooperar unidos para lograr la figura; han perdido la vergüenza bailando y coordinándose entre ellos/as en el proceso; han tenido que trabajar la comunicación a través de gestos para fomentar la importancia de la misma; han trabajado las habilidades sociales a través de un ejercicio en parejas de vender un productos invendible o han interactuado unos/as con otros/as a través de una actividad de buscar puntos en común.    








ENTREGA PREMIOS II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. CONCELLO IRIXOA

 Entrega de premios do II Concurso A Prol da Igualdade e en contra de Violencia de Xénero, promovido polo Concello de Irixoa. Gañadoras na modalidade de Educación Infantil Aña Bouzón Teijo, e na categoría de Educación Primaria Martina Blanca Balsa. Todos os participantes recibiron de mans das representantes do Concello de Irixoa (traballadoras sociais) un diploma acreditativo e un agasallo: unha bolsiña cos traballos gañadores serigrafiados e un paquetiño con material escolar para o alumnado de EI e unha libretiña coa portada serigrafiada para o alumnado de EP. 













viernes, 22 de abril de 2022

AS PALABRAS IMPORTAN: MEMES E LINGUAXE MEDIÁTICA

En cursos anteriores a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) xa tiña visitado o noso centro e realizado algún proxecto, e este ano de novo, convidáronnos a participar nunha nova modalidade de obradoiro virtual. Así que aceptamos a súa oferta educativa e durante o último trimestre todo o alumnado de ESO, nas materias de Relixión e Valores Éticos efectou un obradoiro en liña. 2. Realiza UN OBRADOIRO de EpDLab co teu grupo Tes un par de horas dispoñibles e buscas unha actividade de aprendizaxe activa? Con todos os materiais aloxados na aula virtual, buscamos profes de Educación Secundaria e Bacharelato para probar os nosos obradoiros de forma autónoma e contando co noso acompañamento en liña. Chegamos ao terceiro obradoiro de EpDLab! Seguro que tedes escoitado iso de "só é unha forma de falar", "as palabras tampouco importan tanto"... Neste obradoiro imos demostrar que as palabras importan, e moito. Todo listo logo? Imos alóAs palabras importan: memes e linguaxe mediática a url da aula é aquí: https://agareso.moodle.school/ https://agareso.moodle.school/



     Este obradoiro foi para min moi entretido, eu paseimo moi ven realizando cada unha das actividades debido a que non eran moi complexas, só tiñas que dar a túa opinion. A parte do meme foi sen duda a miña parte favorita, e con moita diferencia a mais divertida. Sen lugar a duda este obradoiro foi unha gran idea. As actividades eran moi variadas, e cada unha cunha idea distinta, como por exemplo, a primeira actividade non tiña nada que ver coa actividade dos cargos sociais(abogado,psicólogo...). Gustaríame repetir este obradoiro. Alumno 2º ESO

martes, 22 de marzo de 2022

OBRADOIROS HORTA ESCOLAR CON EUROEUME

Durante este curso escolar varios centros da comarca do Eume (No CIFP Fraga do Eume, CEIP de Andrad e Escola Unitaria de Ombre, todos en Pontedeume), estamos a participar nun proxecto de Compostaxe escolar coa asociación Euroeume, enmarcado dentro dos programas de sensibilización e educación ambiental da asociación, que ten como obxectivo promover un modelo de desenvolvemento sustentable baseado nos ODS 2030 da ONU. 

Durante varias sesións, no CIP Virxe da Cela estanse a realizar charlas con todos os cursos para explicar ao alumnado os conceptos básicos da xestión de residuos, especialmente centrada nas vantaxes e procesos da compostaxe, e presentarlles o proxecto de compostaxe e horto escolar que se vai poñer en práctica en no centro ao longo deste curso.






viernes, 18 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

A Federación Autismo Galicia centro educativo organiza a campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o próximo 2 de abril. 

COMO FACELO? Dando a coñecer o trastorno do espectro do autismo (TEA) a través da campaña que levamos a cabo xunto coa Federación Autismo España. 

CAMPAÑA: UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA Baixo o lema “Unha feliz viaxe pola vida”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a desfrutar dunha vida feliz. 

COMO PODEN PARTICIPAR OS CENTROS EDUCATIVOS? No marco desta campaña, propónsevos ao profesorado as seguintes actividades para que levedes a cabo co alumnado, adaptándoas en función do nivel educativo: Obradoiro de debuxo no que cada alumno/a represente o que para el/ela significa ser feliz. Obradoiro de redacción no que os alumnos/as expliquen o que os/as fai felices.

 

martes, 15 de marzo de 2022

ÉXITO NA CAMPAÑA DE AXUDA HUMANITARIA A UCRANIA

Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa participación nesta campaña de axuda humanitaria. Como podedes observar na imaxe, todos os alimentos, produtos de hixiene e prendas de abrigo están perfectamente organizados en caixas etiquetadas, que nos próximos días serán levadas para axudar ás miles de persoas que están a sufrir as consecuencias da guerra en Ucrania.








lunes, 14 de marzo de 2022

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PARA O CONSUMO

Con motivo da conmemoración do Día da Persoa Consumidora desde a Escola Galega de Consumo o luns día 14 de marzo a levou a cabo varios obradoiros de consumo responsable e sostible (ODS), tanto para a Ed. Infantil como para a Ed. Primaria. 
  •  de 9:45 a 10: 40: 1º e 2º curso da Ed. Primaria (aula de psicomotricidade) 
  • de 10:45 a 11:30: 3º e 4º cursos da Ed. Primaria (aula de UUMM ESO) 
  • de 12:00 a 13:00 h: Educación infantil (aula de psicomotricidade) 
  • de 13: 00 a 13:50 h: 5º e 6º cursos da Ed. Primaria (aula de UUMM ESO) 
      As persoas adoitamos a cotío distintas decisións de consumo, case sen darnos conta. Así, cando nos levantamos cada mañá e acendemos a luz ou abrimos a billa da auga estamos a consumir. Cando imos mercar o pan para comer, cando facemos un agasallo ou cando imos cear a un restaurante podemos escoller entre distintos produtos, respecto dos que existen importantes diferenzas, non só no tocante ao seu prezo ou calidade, senón tamén no seu proceso de produción e fabricación.










viernes, 11 de marzo de 2022

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2022

   Un ano máis chega a SAME: Semana de Acción Mundial pola Educación, sabes o que é? Soaralle a algún ou algunha compañeiro/a, outros de vós nunca oiriades falar dela, pero, acougade! o importante é que vos animamos a serdes parte deste movemento polo dereito a unha educación de calidade

       Ano tras ano, a Campaña Munidal pola Educación céntrase na loita polo dereito á educación de calidade para todos e todas. No curso pasado (2020-2021), a través dos materiais e traballo na campaña "Mil Millóns de Voces", centrámonos en escoitar as experiencias e emocións provocadas pola COVID-19, sobre todo no alumnado.

      Neste curso, tendo en conta os enormes desafíos e o seu rol central como motor de desenvolvemento sostible, queremos poñer o foco na figura docente. Queremos escoitar como foi este período para eles e elas, impartindo o ensino no contexto de emerxencia que supuxo a pandemia, e a través de varias dinámicas, guiar o alumnado para mostrarlles o papel excepcional que desempeñaron os seus profesores e profesoras, non só nos últimos meses, senón tendo unha mirada máis ampla no seu rol fundamental de conseguir facer realidade o dereito á educación de calidade para todos e todas.

ESO + intro by Yolanda Castro López on Scribd

 


    

miércoles, 9 de marzo de 2022

AXUDA HUMANITARIA A UCRANIA

 



    O próximo luns 14 e martes 15 de marzo 2022 imos participar nunha recollida de recursos para Ucraína. Nesta iniciativa participan o grupo folclórico e cultural de Monfero, o Concello e o centro e todos as persoas da Comunidade educativa estamos invitadas a participar. 
    As doazóns deixaranse ao carón da porta de acceso do patio cuberto a primeira hora, cando o alumnado chegue ao centro. Da xestión loxística desta recollida encargaranse a mestra Cristina Rabuñal en colaboración con Verónica, Andrea e Yolanda. Pregamos axuda na mesma. 
     Será para a Asociación Ask Aga-Ucraína: ASOCIACIÓN GALEGA DE AXUDA A UCRAÍNA e os recursos que se precisan son: 
  • Para bebés e nenos: comida (galletas tipo maría, papillas ou purés (non de cristal), cacao, cueiros, toallitas), roupa térmica bebé-3/4 a. 
  • Hixiene: papel hixiénico, pasta de dentes, cepillo de dentes, xabón, compresas, tampóns, máquinas para afeitar. 
  • Roupa e outros: roupa térmica adultos, roupa interior de home térmica, gorros, luvas, polares t. L- XL, lanternas, pilas, filtros para a auga, camisetas manga curta escuras, sacos de durmir, xeonlleiras, esterillas. 
  • Comida: conservas (non de cristal), sopas instantáneas, barras enerxéticas, froitos secos, leite condensado, chocolate negro, té, café. 
Tamén son necesarias menciñas: vendas, betadine, auga osixenada, alcol, bepanten crem, antibióticos, ibuprofeno e parcetamol. As mesmas, recolléranse no: Local social dás Travesas. Mañás: de 10:00 h a 12:00 h, tardes de 19:00 h a 21:00 h, non no cole. 

No caso de querer facer unha doazón económica o nº de conta é: ABANCA ES73 2080 0000 7230 4027 0691.

martes, 8 de marzo de 2022

II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    O Concello de Irixoa organiza o "II Concurso da Prol da Igualdade e Contra a Violencia de Xénero", aproveitando a conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Neste concurso haberá dúas categorías: de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos, e tratarase de realizar un traballo escrito (poesía, lema, frase), debuxo ou mixto coa temática a favor da igualdade e en contra da violencia de xénero. O prazo para participar neste concurso  remata o 15 de marzo de 2022. 



8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller, anteriormente denominado Día Internacional da Muller Traballadora, conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvmento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. 

O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Cela elaborou unhas directrices para guiar o traballo nas titorías e nas aulas. 

Proposta Actividades 8 de Marzo by veracruces on Scribd