jueves, 25 de noviembre de 2021

ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO: ERES VIRUS OU VACINA?

Conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no CPIP Virxe da Cela.  Todo as aulas do centro participaron nesta iniciativa promovida desde o departamento de Orientación. O alumnado traballou nas titorías e outras materias (relixión, educación para a cidadanía) o tema da violencia de xénero, e a reflexión, o posicionamento e intención de cambio recóllese neste enorme mural situado no patio cuberto e que leva por título "Ante a violencia contra as mulleres: es virus ou vacina?






miércoles, 24 de noviembre de 2021

HORTA ESCOLAR: DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE NO CPIP VIRXE DA CELA

     Neste curso escolar temos unha nova ilusión, queremos contar ca nosa horta escolar. Pero, para chegar a ver os seus froitos, temos que coñecer como enfrontarnos a esta emocionante tarefa para que sexa significativa e viable dentro dun modelo de desenvolvemento sustentable (ODS). Así, que mans a tarefa!!!      

      O primeiro paso: dar valor a un modelo produtivo que entrelace a sabedoría tradicional cos avances dos medios actuais dando significatividade ao respecto polo medio natural e a economía circular. Queremos, que as nosas aprendizaxes xeren actitudes que melloren as nosas prácticas e comportamentos no quefacer do día a día. Nesta fermosa aventura non estaremos sen compañía, as nosas familias e persoas especialistas da comunidade e os Concellos nos acompañaran. 

    Para esta primeira parte, contamos coa colaboración da Asociación Euroeume, da que participan algunhas das nosas familias e que desenvolve moitas das súas actuacións a partir de iniciativas da Consellería de Política Social. Ángel foi o encargado de achegarlle, a todas as etapas do centro (11 e 16 novembro 2021), modelos tradicionais de produción, vendo como estes procesos produtivos evolucionaron de xeración en xeración acumulando sabedoría e respecto polo medio natural, tradicións que non debemos obviar nin esquecer. 

      Pero, por que temos que facer isto? Pois por que o noso planeta está a sufrir: contaminación, esgotamento dos recursos, residuos… Somos pegada ecolóxica, que impacta e transcende. Así, que isto nos leva a comprender o necesaria que é unha adecuada xestión dos residuos. Facémolo a partir do coñecemento do modelo actual de xestión de residuos aplicado na nosa contorna e vendo a importancia de aplicar a regra das catro erres. A súa análise da lugar a unha conclusión: precisamos de modelos naturais de xestión que dean valor a la recuperación. É aquí onde entra a compostaxe, un dos elementos clave da nosa futura horta, que realizaremos empregando os restos das merendas e dos menús do comedor. Ángel, fíxonos ver que ofrece múltiples posibilidades: organización, cooperación, divertimento, múltiples aprendizaxes,… Acompañádenos nesta fermosa viaxe!!!!!!!




martes, 23 de noviembre de 2021

CAMPAÑA "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

 

Dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña impúlsase un ano máis a campaña DE FRONTE á violencia de xénero. Ao longo do mes de novembro estanse a desenvolver unha serie de actividades tanto en formato presencial como en liña que apelan directamente á implicación de concellos e entidades do tecido social e educativo sensibilizadas na loita contra a violencia de xénero. Actividade xuvenil en formato Visual Thinking sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. A actividade está composta de 3 micro vídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas. Scape Room para traballar en igualdade e de xeito cooperativo sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. Cóntase co contido da actividade de visual thinking.   

Guia Explicativa Para Elaborar o Scape Room de Fronte a Violencia de Xenero v2 by veracruces on Scribd

viernes, 19 de noviembre de 2021

HOXE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS

Desde o cole do Xestal  por e para todos os nenos e nenas do mundo!!!

VISITA AO CENTRO DE DÍA DO XESTAL

 Venres 19 novembro 2021.






FARTAS PERO IMPARÁBEIS. PROPOSTA DIDÁCTICA 25N

 

Aproveitamos a ocasión para presentarvos as propostas didácticas elaboradas por STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) este curso co ánimo de contribuír na vosa tarefa educativa ao redor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Con estas actividades STEG pretende contribuír a configurar un currículo non sexista, onde superemos a histórica invisibilidade das mulleres e onde ensinemos e aprendamosa construír a igualdade entre mulleres e homes. STEG aporta materiais e estratexias que permitan detectar e combater situacións e condutas que conducen á violencia contra as mulleres, ao mesmo tempo que favorezan cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que nos leven a construír unha convivencia entre todas as persoas rexida polos principios de xustiza social, equidade e igualdade.

Pro Post as Didactic as 25 n by veracruces on Scribd

jueves, 18 de noviembre de 2021

SONRISAS PARA LA PALMA

Desde el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero (Galicia), queremos enviar a todos los niños, niñas y habitantes de la isla de la Palma toda nuestra fuerza, ánimo y cariño.  

Deseamos que nuestras sonrisas y nuestra fuerza os lleguen y os den esperanza.

Con nuestros mejores deseos!!!

miércoles, 17 de noviembre de 2021

QUÉROTE SEN VIOLENCIA

 Video colaborativo entre os centros CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e CPI As Mirandas (Ares). O alumnado da ESO de ambos colexios redactará un decálogo para combatir a violencia de xénero (25N). 

UNHA ESCOLA QUE ROMPE BARREIRAS

O centro forma parte da Estratexia de Educación “Unha escola que rompe barreiras” de Ayuda en Acción grazas a cal contamos cun amplo abano de recursos para moitas actuacións do centro. Para establecer as liñas de colaboración para o vindeiro curso, un dos primeiros pasos e ser parte dun proceso de diagnóstico participativo sobre o estado da situación na escola (análise de contexto). Este proceso de diagnóstico divídese en catro sesións con diferentes axentes clave da Comunidade educativa. Unha delas é co claustro de forma presencial realizando o equipo de Ayuda en Acción un obradoiro co profesorado que se desenvolverá a través dunha dinámica grupal. Será o vindeiro: martes 30 de novembro de 2021, ás 16.30 horas na aula de UUMM de secundaria, cunha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos.

Resumo Sesión de Diagnóstico_claustro_erb by veracruces on Scribd

martes, 16 de noviembre de 2021

MAPEO DE EXPERIENCIAS DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL

 


https://emapic.es/custom/cenitmapa?lyr=e&id=6-58


Difundimos a plataforma CENIT, un proxecto de mapeo de experiencias de educación para a cidadanía global, no que aparece recollida a iniciativa de Monferosolidario. 

viernes, 12 de noviembre de 2021

martes, 9 de noviembre de 2021

CONFERENCIA "A EDUCACIÓN CAMBIA A HISTORIA: DE EMIGRANTE A EMPRENDEDOR SOCIAL"

Martes 9 novembro 2021. O alumnado de 5º e 6 de educación primaria asistiu na aula de Usos Múltiples á videoconferencia de Ousman Umar, fundador da ONG NASCO Feeding Minds, unha entidade centrada na ensinanza de fundamentos dixitais ás novas xeracións de Ghana, o seu país de orixe. A charla ten o título "A educación cambia a historia: de emigrante a emprendedor social", e está organizada por Afuncación. Ousman Umar ten un proxecto vital que é froito da viaxe infernal que fixo para chegar ao noso país. Agora loita para que ningún outro mozo ou moza pase polo mesmo que el pasou. Ten claro que a educación e a información pode evitar moitas mortes de mozos africanos que queren vir a un falso paraíso, o que el chama o País dos Brancos.









lunes, 8 de noviembre de 2021

APERTURA PAQUETE DA ESCOLA DA INDIA

Despois de moitos meses á espera, por fin hoxe fixemos o acto de apertura do paquete que nos envían os nenos e nenas da Konampalli School, escola da India coa que llevamos anos realizando un intercambio cultural e de tradicións a través do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. O alumnado de 5º de educación primaria, acompañada pola súa mestra de inglés Cristina Cillero, reuníronse na Biblioteca Castelao para abrir o sobre e ver os fermosos materiais e presentacións que nos envían desde a India, así como facer unha lectura pública da carta que nos envían explicándonos tantas cousas interesantes!! A ver si este ano podemos finalizar os traballos que tiñamos comezado dous cursos atrás, xusto antes de que o coronavirus o paralizase todo!












ENCONTRO INICIOS DE CURSO ENTRECULTURAS