Bases 21 Dias Transformando El Mundo Con La Voz de Galicia y Viaqua Castellano by veracruces on Scribd
Bases 21 Dias Transformando El Mundo Con La Voz de Galicia y Viaqua Castellano by veracruces on Scribd
Un ano máis, e xa vai máis dunha década, seguimos recibindo o dossier da Konampalli School, escola da India coa que realizamos un intercambio cultural a través do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. Este ano, debido ao protocolo Covid-19, o paquete con materiais impresos en papel foi sustituído por documentación dixital, pero igualmente neste formato poderemos ler as cartas dos rapaces e rapazas da India e ver os fantásticos debuxos.
Letter & Drawings by veracruces on Scribd
Konampalli Dossier 2021 by veracruces on Scribd
Un grupo de alumnos/as de 1º da ESO (Silvia, Eva, Lucía, Iria, Diego C., Bruno e Marcos), acompañados pola orientadora Magú Puchades, visitaron as aulas de educación primaria para presentar o Servizo de Mediación.
Tríptico - Servizo de Mediación CPIP Virxe Da Cela by veracruces on Scribd
Entrega de premios Concurso Igualdade Concello Irixoa. Adelaida Abad (traballadora social) Antonio Deibe (alcalde), Camino Pereiro(directora), Magú Puchades (orientadora). Trabajos premiados Hugo Lucía (4º ESO), Elisa (5º EI). Xoves 29 abril 2021. Recreo
Alicia Barros (ONG Ecos del Sur) e Lorena Boga (Ayuda en Acción) visitaron o noso centro o martes 27 abril para impartir o obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ao alumnado da ESO (de 10:35 a 12:15 a 3º e 4º ESO; de 12:35 a 14:00 1º e 2º ESO. Campaña Mundial pola Educación 2021: Mil Millóns de Voces
O obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ten como obxectivo promover o coñecemento e a implicación da comunidade educativa galega coa CME (Campaña Mundial pola Educación) e cos seus obxectivos, así como favorecer o pensamento crítico e fomentar a participación e a mobilización social do alumnado a través da súa participación do xeito máis creativo e novidoso posible na campaña #MilMillonesdeVoces.
Partindo do Obxectivo do Desenvolvemento Sostible ODS 4 (reivindicación dunha educación para gratuíta, equitativa e de calidade para todos e todas), analizaranse as secuelas que a pandemia Covid-19 está deixando en millóns de nenos e nenas que se ven privados do dereito á educación, e animarase aos rapaces e rapazas a unirse a esta campaña que, lanzada a nivel internacional en máis de 100 países, pretende asegurar un aumento no financiamento público da educación.
Durante o obradoiro o alumnado da ESO empezou a deseñar contidos dixitais (memes, stickers, gifs, etc), que rematarán nas próximas sesións das materias de Valores Éticos e Relixión. De maneira voluntaria poderán participar no concurso #MilMillonesdeVoces en redes sociais da CME Galega onde se sortean 4 tablets.
Enlace sobre o concurso de #MilMillonesdeVoces:
Cartel Para Impri Mir by veracruces on Scribd
O alumnado de 4º da ESO foi finalista na categoría provincial do XXXVII Concurso Escolar Once. É todo un orgullo chegar a esta fase do concurso, e, por que non, é un pracer recibir por isto un agasallo. Nesta ocasión un kit de lentes para os nosos teléfonos móbiles, así temos á nosa disposición recursos tecnolóxicos, pero... ollo! tal como aprendimos no concurso, os utilizaremos con sentidiño!!
Hoxe, venres 23 de abril de 2021, conmemoramos o Día do Libro a través da lectura da obra "De nenas e de lendas", que recolle a biografía e os logros dun grupo de mulleres deportistas españolas. O alumnado de 4º da ESO, tras a lectura dos textos, iniciaron un interesante debate en torno á situación da muller no deporte, analizando como todavía no século XXI temos moito camiño que recoller para visibilizar os logros das mulleres deportistas. Con esta actividade unímonos á proposta da ONG de Taller de Solidariedade, e permitiranos alcanzar a segunda medalla, Medalla Azul, da Olimpiada da Solidariedade.
CartelMedallaAzul- by veracruces on Scribd
Aínda que faltan uns días para celebrar o Día do Libro (será o vindeiro venres 23 de abril), o alumnado de 3º da ESO aproveitou a sesión de Valores Éticos+Relixión para facer unha lectura colectiva do libro "De nenas e lendas", acción que nos axudará a acadar a segunda medalla (Medalla Azul) da Olimpiada da Solidariedade (proxecto promovido pola ONG Taller de Solidariedade). Nesta actividad unimos deporte e lectura para promover un cambio de actitudes e unha visión crítica, reivindicando a visibilización da muller no deporte.
Este ano tamén participaremos, ao igual que nos dous últimos cursos anteriores, no proxecto O Globo promovido pola ONG Solidariedade Internacional Galicia. Coa súa metodoloxía "Luces, Cámara, Acción", trataremos de levar a cabo miniexperiencias para a transformación social. Durante a semana do 12 ao 16 abril 2021 o alumnado da ESO, a través dunha elección dialogada, tratou de mirar desde a súa contorna máis próxima (o local) ata a totalidade do mundo (o global) para determinar cales son os problemas que lle preocupan e partindo deste "quilómetro 0", tratar de buscar posibles solucións.
Profesorado do CPIP Virxe da Cela comezará a formación práctica gratuíta en Narrativas dixitais para traballar nas aulas a Educación en Valores que ofrece a ONG Agareso. Exploraremos as narrativas contemporáneas e descubriremos o seu potencial comunicativo, así como para fomentar a reflexión colectiva en entornos educativos. Coñeceremos estratexias e boas prácticas para introducir apps, multimedia e redes sociais no traballo con contidos ao redor da xustiza social, a inclusión, a sustentabilidade, a convivencia e o desenvolvemento. Será unha formación virtual que combinará o modelo expositivo coa realización de traballos prácticos.
O venres 9 abril 2021 tivo lugar un encontro virtual do profesorado participante no proxecto "O Globo" (Plataforma Zoom). María Caride, técnico da ONG Solidariedade Internacional Galicia foi guiando este encontro, achegando diferentes materiais e explicacións moi para que o profesorado participante no observatorio "O Globo" poda ir orientando a súa práctica educativa e acadar o obxectivo: que o alumnado dos centros lebe a cabo microexperiencias para a transformación social.
FORMACIÓN PROFESORADO by veracruces on Scribd
Guia Luces-camara-Acción Para as Aulas by veracruces on Scribd