viernes, 22 de junio de 2018
jueves, 21 de junio de 2018
GRADUACIÓN ALUMNADO 4º ESO
O pasado mércores 20 celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Foi un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, representantes dos Concellos e Anpa.
Toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor para o camiño que empezades agora.
EXCURSIÓN POLA RÍA DE FERROL E CASTELO DE SAN FELIPE. CPI VIRXE DA CELA
Grazas ao premio do Concurso Escolar ONCE, acadado polo
alumnado de 1º da ESO, puidemos gozar dunha xornada espectacular como remate de
fin de curso navegando pola ría de Ferrol. Cun día de sol espléndido
percorremos en barco a ría ata o Castelo de San Felipe onde desembarcamos. Alí
visitamos o castelo desfrutando das marabillosas vistas que nos ofrece esta
paisaxe das nosas costas. Unha xornada estupenda para rematar o curso.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da visita.
lunes, 18 de junio de 2018
A CME VISTA POLO NOSO ALUMNADO
Víctor CME by veronicadopico7965 on Scribd
Etiquetas:
CME 2018,
Proxecta CME 2018
viernes, 8 de junio de 2018
REFUXIADOS
Dentro da Campaña Mundial pola Educación (CME) destacamos este ano a problemática de millóns de nenos e nenas refuxiados e desplazados por motivos bélicos ou por catástrofes naturais que non teñen dereito a gozar dunha educación. Froito desta reflexión naceron os seguintes traballos audiovisuais, realizados íntegramente polo alumnado, utilizando programas de edición de son e vídeo.
As escolas, o ensino, a educación ofrécennos oportunidades. Ábrennos portas e permítennos construir un camiño propio. Pero que pasa coas persoas, cos nenos e nenas que por diversos motivos teñen que marchar dos seus fogares? Persoas migrantes e refuxiadas que saben de onde saen pero non onde van a chegar, ou cando...
Etiquetas:
audiovisual,
CME,
refuxiados
martes, 5 de junio de 2018
5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ofrecémosche algunhas ideas que estamos a levar a termo no noso cole e que che amosamos a modo de suxestións:
- Da exemplo á hora de reciclar (motiva aos que te rodean: pais, nais, veciños, amig@s...) Aínda hai moita xente que se pregunta en que cubo do lixo ten que tirar a lata de sardiñas ou o envase do deterxente e nós, podemos ensinar aos adultos. ·
- Un día sen coche. Explícalles aos maiores o valor da enerxía e porque é importante racionalizar o uso dos automóbiles.
- Organiza unha saída ao campo ou parque,con bolsa e luvas para todos. Trátase de recoller todos os obxectos non biodegradables que atopedes no camiño. Faredes deporte e axudaredes a manter limpa a nosa terra.
- Fálase moito de contaminación pero seguramente moitos non entendan ben os seus efectos. Explícalles que é a contaminación e aproveita para explicarlles a importancia que ten non tirar os alimentos. Cada ano refúgase un terzo da comida producida en todo o mundo. Os primeiros en tirar: os países occidentais. Estes excedentes na produción aumentan o gasto en auga e terra e a polución provocada por pesticidas e abonos. Todo iso favorece o efecto invernadoiro e o quecemento do planeta.
- Fala aos teus coñecidos do concepto de sustentabilidade. Confecciona coa súa axuda algunha manualidade con material reciclado. Seguro que o pasaredes xenial e obteredes algún obxecto que vos será de utilidade. Se queredes algunha idea, podedes ver os vídeos que realizamos o curso pasado no cole co título “Reciclando no Virxe da Cela”. Aquí tedes o enlace. https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2017/05/encontro-fin-de-curso-da-rede-solidaria.html
- E sobre todo… segue a poñer o teu gran de area para axudar a conservar o noso planeta. Como dicía o secretario xeral das Nacións Unidade Ban Ki- Moon "Cando billóns de persoas unen os seus esforzos a favor dunha causa, é posible lograr un cambio”.
Invitámosvos tamén a
que recordedes e vexades estes dous audiovisuais realizados no noso cole sobre
esta temática. O primeiro co título:
“Gústame de onde son”,
amósanos a implicación do
alumnado, do profesorado e do conxunto da nosa comunidade educativa no deseño e
desenvolvemento dunha serie de actuacións, que supoñen a posta en valor do
patrimonio natural, imprescindible para o desenvolvemento social, económico e
cultural da nosa contorna.
O segundo referido ao Obxectivo 7 dos ODM, recórdanos que
hoxe en día o noso planeta está en perigo se non mudamos as nosas accións, e
danos algunhas pistas para emprender ese cambio de actitude.
Etiquetas:
Día mundial do medio ambiente 2018
viernes, 1 de junio de 2018
COMO CHE GUSTARÍA QUE TE TRATARAN?

Para entender isto
mellor, identificamos as nosas propias emocións e démonos conta de que a todos
e a todas, teñamos ou non Asperger, gústanos que nos traten ben:
-
Que me respecten.
-
Que me respondan cando pregunto algo.
-
Que non me traten como se fose invisible.
-
Que se preocupen por min se me pasa algo.
-
Que non me miren como se fose un “bicho
raro”.
Etiquetas:
Asperger,
convivencia
miércoles, 30 de mayo de 2018
DOSSIER KONAMPALLI SCHOOL 2018
Xa temos na biblioteca escolar, e á disposición de toda a comunidade educativa, o dossier enviado pola Konampalli School, unha escola da India coa que mantemos un intercambio a través da Fundación Vicente Ferrer.
Lancy Dodem, primeiro neno apadriñado pola FVF, visitou o noso cole o pasado luns 21 de maio de 2018 e fixo a entrega oficial deste caderno. Varios nenos e nenas que asistían á charla de Lancy ofrecéronse voluntarios para ler a carta que os nosos compañeiros da India nos envían, onde explican con todo detalle a situación que están a vivir na India rural. Falan do éxodo masivo das aldeas ás cidades, da seca, dos problemas nas colleitas e a falta a alimento e auga potable, das carencias na sanidade, das diferencias entre as castas, da desigualdade da muller na súa cultura, etc. Mais explican todos os grandes cambios e avances que a Fundación está a facer na súa comunidade.
Animámosvos a que lle botedes unha ollada a este fantástico documento gráfico e descritivo, xa que é unha riqueza aprender das diferentes culturas do mundo para respectalas e valoralas.
Etiquetas:
FVF 2018,
Konampalli School,
School to School 2018,
STS 2018
martes, 29 de mayo de 2018
SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES
En novembro de 2017 firmamos un compromiso de irmandamento entre grupos solidarios da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas co colexio Apóstol Santiago de Vigo. A través dese documento asinamos un compromiso para realizar unha actividade conxunta, presencial ou virtualmente. Decidimos facer un traballo centrado no tema do acoso escolar e debido á distancia xeográfica entre os dous centros optamos por crear unha plataforma dixital para levar a cabo o proxecto. Así naceu o blogue "Irmandade Antibullying" (http://irmandadeantibullying.blogspot.com/), un espazo para difundir diferentes materiais e recursos sobre este tema tan importante que debemos entre todos erradicar. O pasado sábado 26 de maio, durante o Encontro Final da Rede Solidaria Entreculturas que tivo lugar no colexio Jesús Maestro de Ferrol, repartimos aos nosos compañeiros do Apóstol Santiago de Vigo unhas chapas co lema "Somos diferentes, non indiferentes", e así selar o noso irmandamento.
CARTAS DE AMOR: 15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Temos de novo no noso centro a exposición "Cartas de Amor: 15 artistas contra a violencia de xénero", unha iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai, amosan os seus debuxos en formato "comic" ou "banda deseñada".
Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.
Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.
Cartas de Amor (Coleción) Daniel Pena. by veronicadopico7965 on Scribd
Etiquetas:
Cartas de amor,
exposición,
violencia de xénero
sábado, 26 de mayo de 2018
ENCONTRO DE FIN DE CURSO DE ENTRECULTURAS
O curso vai rematando, e o pasado sábado 26 de
maio de 2018 os rapaces/zas e
profesores/as da Rede Solidaria da
Mocidade Entreculturas xuntáronse en Ferrol para celebrar “Un mundo de Encontros” (encontro final
de fin de curso). A choiva non foi quen de boicotear a festa pirata organizada
no Castelo de San Felipe que se levou a cabo durante a sesión de mañá. Viaxamos
en barco pola ría ata chegar a o escenario da acción: piratas, bucaneiros, busca do tesouro, xogos
e dinámicas, nunha sesión lúdica que nos fixo reflexionar sobre a construción
dun mundo mellor.
Xa pola tarde todos os participantes reunímonos no
centro anfitrión Jesús Maestro para facer un repaso polas axendas solidarias.
Houbo momentos más emotivos e sentimentais como a despedida-homenaxe ao
alumnado que este ano deixa a Rede, así como as accións de irmandamentos entre
centros. Agradecemos a Sandra Rodríguez (técnica de Entreculturas) e a Ana Martín (profesora do colexio Jesús Maestro)
por todo o seu esforzo e traballo.

Etiquetas:
Encontro Fin de Curso,
Rede Solidaria Entreculturas
viernes, 25 de mayo de 2018
HOMENAXE DE DESPEDIDA A ÁLVARO E MARISA

No camiño da
vida hai un lugar e un tempo para cada cousa, e polo propio desenvolvemento
desta hai ciclos que se pechan, camiños que conclúen e outros que se inician. E
hoxe de xeito moi especial queremos deternos nunha parte da nosa historia para
agradecer e honrar o paso de Álvaro e Marisa que se despiden, deste o noso cole
porque lles chegou a hora da xubilación.
E que é a
xubilación? Pois a palabra xubilación ven de xúbilo, alegría, gozo que se
experimenta cando fixemos con dedicación e empeño unha acción, a de
traballar con letras maiúsculas. Todos desexamos que este descanso conquistado
se converta nunha nova etapa de paz e de maior liberdade para dedicarvos á
construción dun novo proxecto persoal.
Non é fácil
despedirse de dúas persoas como Álvaro e Marisa, pero é unha enorme
satisfacción ter sido parte desta a súa historia. Sabemos que este non é un
adeus, senón un ata logo e entusiásmanos saber que sempre contaremos
con vós. Por iso dicímoslles ata pronto. O cafeíño sempre estará listo, presto
a recibirvos xunto a todos os que formamos a comunidade educativa do CPI Virxe
da Cela, o voso cole.
VÍDEO DESPEDIDA
O alumnado de música de 3º e 4º da ESO agasallou a Älvaro e Marisa con esta interpretación da canción "O son do ar" de Luar na Lubre.
Etiquetas:
HOMANEXE ÁLVARO MARISA
miércoles, 23 de mayo de 2018
CARTAS PARA PAVANI
Aproveitando a visita de Lancy Dodem ao noso centro, o alumnado da ESO entregoulle ao primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer (hoxe xa un adulto) un libriño con cartas dirixidas á nosa nena apadriñada Pavani. Estas cartas foron redactadas en inglés por rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e nelas explican os seus intereses, gustos, soños, etc. Espero que a nosa amiga Pavani poda aprender algo da nosa cultura e tradicións.
Etiquetas:
Fundación Vicente Ferrer.,
Pavani,
Programa Apadriña un neno
Suscribirse a:
Entradas (Atom)