O pasado venres 8 de marzo de 2013, para conmemorar o Día da Muller
Traballadora, o alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela
recibiron un obradoiro sobre o papel activo das mulleres no mundo da
arte e en contrapartida, a súa escasa presenza nas plataformas de
divulgación, tanto na actualidade como na historia xeral da arte. Este
obradoiro foi ofertado polo Concello de Monfero, e impartido por dúas
especialistas da empresa Etnoga (Patrimonio Cultural), que ten a súa
sede en Santiago de Compostela. A través de diferentes xogos e dinámicas
os rapaces e rapazas sensibilizáronse da importancia da muller non só
no mundo da arte, senón en otros moitos ámbitos da vida laboral.
martes, 12 de marzo de 2013
lunes, 11 de marzo de 2013
CONCHI RAMIL: ACTIVISTA DA SOLIDARIEDADE
Todos os mércores pola mañá, Conchi Ramil sitúase ante os micrófonos de Radio Fene para falarnos de solidariedade. A Fenestra Solidaria é o nome do espazo radiofónico que amosa cada semana as iniciativas solidarias da nosa contorna. Queremos destacar a labor desta aresana, non so a través dos micrófonos da Fenestra Solidaria, senón tamén no seu día a día, impulsando importantes proxectos como Ares Solidario, e participando activamente nas tarefas de voluntariado de Cáritas Ares. Desde Monferosolidario queremos agradecerlle a oportunidade que nos brinda co seu programa radiofónico para divulgar as actividades solidarias realizadas no CPI Virxe da Cela.
martes, 5 de marzo de 2013
PROXECTO COMPARTIDO NORTE-SUR
Convidados pola ONG Entreculturas, os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participarán nun proxecto compartido con outros centros escolares galegos, de outras comunidades autónomas, e incluso de outros países como Colombia e Nicaragua. Os obxectivos deste proxecto están centrados no análise, a reflexión e a construción conxunta de coñecementos sobre a realidade social cunha mirada local e global, e co traballo en grupo e a cooperación, como vías para fomentar o desenvolvementos de valores da solidariedade, igualdade, comprensión mutua, respecto, amistade, xustiza e cambio social.
Para a presentación deste proxecto contamos coa visita de Sandra Rodríguez Couso, técnica da ONG Entreculturas, o luns 11 de marzo de 2013. Navegamos con ela pola plataforma REDEC, e visionamos algunhas das presentacións dos grupos que participaron neste proxecto no pasado curso académico.
Este proxecto levarase a cabo a través da plataforma dixital REDEC. Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder directamente a este espazo.
Etiquetas:
Entreculturas,
Proxecto Compartido Norte-Sur,
REDEC
SEN PROFES NON HAI ESCOLA
Achegándonos ao mes de abril, Entreculturas lanza unha nova campaña para a SAME 2013 (Semana de Acción Mundial Pola Educación), nesta ocasión sensibilizando a toda a poboación da necesidade dun profesorado preparado e motivado, baixo o lema "Sen profes non hai escola".
Etiquetas:
Entreculturas,
SAME 2012
XORNADA SOLIDARIA EN FERROL
Poucas veces podemos facer tantas cousas en tan pouco espazo de tempo. A xornada realizada o mércores día 6 de marzo en Ferrol foi moi completa e moi gratificante para o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela. Ás 9:45 horas os rapaces e rapazas repartíronse caixas repletas de alimentos e bolsas cheas de tapóns de plástico e as levaron ao maletero dos autobuses. Fixemos un tranquilo traxecto Monfero-Ferrol, e a pesares da choiva, carretamos as caixas de alimentos e as levamos á Cociña Económica de Ferrol. Xa é a terceira campaña "Operación Quilo" realizada no noso colexio, e a segunda vez que visitamos as instalacións desta institución solidaria ferrolana. Consideramos que visitar a cociña económica vale a pena aínda que soamente leváramos un paquete de arroz, porque percorrer as instalacións e recibir unha charla explicativa é o punto que nos fai sen conscientes de que un simple xesto individual pode significar a transformación da sociedade. Observamos a limpieza, a pulcritude e a calidez deste local, o trato cordial dos seus traballadores, a calidade dos alimentos que utilizan para elaborar as comidas, etc.
Tras a visita á Cociña Económica, os alumnos/as de 3º e 4º da ESO percorreron o barrio da Magdalena e outras zonas do centro de Ferrol para observar os edificios típicos da arquitectura modernista ferrolana, e así completar un traballo que están elaborando na materia de CCSS. Os máis pequenos, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, aprenderon moitos datos sobre a historia naval de Ferrol visitando o Museo Naval desta cidade, observando a multitude de restos de navíos, maquetas, cartas de navegación, etc.
Finalizamos a viaxe solidaria realizando unha última parada na Fundación Seur, situada no Polígono da Gándara, para depositar a decena de bolsas cargadas de tapóns de plástico para unha boa causa, o proxecto "Tapóns para unha nova vida", provovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Foi un día moi especial, e todos e todas experimentamos a agradable sensación de compartir e contribuír á construción dun mundo mellor.
Etiquetas:
Cociña Económica,
Operación Quilo,
tapóns
A AVENTURA DE CONSTRUÍR O FUTURO
"A Cápsula do Tempo: A Aventura de Construír o Futuro" é o lema da 29 edición do Concurso ONCE, que nos convida a coñecer todo o que a sociedade española avanzou nos últimos 75 anos, e todo o que aínda podemos mellorar xuntos. O alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela aceptou o reto, e aquí tedes as súas propostas para mellorar o futuro de todos/as aqueles/as que aínda están a atopar demasiadas barreiras, moitas delas psicolóxicas, xa que a discapacidade moitas veces está na mirada do outro.
lunes, 4 de marzo de 2013
CONSTRUÍNDO EN REDE
Este ano o noso centro sumouse á Rede Galega de Centros Solidarios, a través do Plan Proxecta (Xunta de Galicia). Tras unha primeira fase de presentación, na que recibimos unha charla sobre os obxectivos desta iniciativa, durante o mes de marzo realizaremos unha segunda fase, titulada "Construíndo en Rede".
Coa intención de xerar un contido conxunto para a parte final das “micromovies”
(audiovisual
colectivo), que permitan ensalzar os valores e beneficios da acción
voluntaria, e por outra
banda para promover o fortalecemento do
sentimento de pertenza á Rede de Centros Escolares Solidarios, se xenera unha
fase de traballo na que o alumnado dende o seu propio centro e empregando as
plataformas xa existentes dende a Dirección Xeal de Voluntariado, constituír un
espazo común dirixido a conquerir productos concretos en 2 liñas:
1) Recoller un lema que identifique, o traballo do alumnado
na acción voluntaria, e que axude a sensibilizar á comunidade educativa e a
cidadanía en xeral sobre a importancia dos proxectos de voluntariado.
2) Identificar os beneficios, e valores que hai
trala acción voluntaria e
que tanto aportan aos axentes de acción voluntaria, no desenvolvemento dos diferentes
proxectos. Esa identificación a través de preguntas concretas, con respostas
estruturadas que axudan a facer unha presentación didáctica e atractiva.
Se premedes na seguinte imaxe podedes conectar coa wiki para introducir a información:
Se premedes na seguinte imaxe podedes conectar coa wiki para introducir a información:
Etiquetas:
micromovies,
Plan Proxecta
CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN RASTRO SOLIDARIO 2013
similar.
Etiquetas:
Cruz Vermella,
rastro solidario 2013
jueves, 28 de febrero de 2013
NÚMEROS E CIFRAS PARA UN MUNDO DESIGUAL
Actividade realizada polo departamento de matemáticas dentro do Plan Proxecta de Centros Solidarios. Co título de "Un mundo desigual", a actividade consiste en apreciar as
grandes diferencias de renda duns países con respecto a outros, e como esto
marca a diferencia entre a vida e a morte.
A situación de desenvolvemento dos países non é un feito illado senon que ten que ver coas relacións Norte-Sur.Trátase de reflexionar sobre a pobreza
(onde está, a quen afecta...) e analizar algunhas das súas causas e consecuencias,
especialmente no continente africano.
Etiquetas:
matemáticas,
un mundo desigual
CONSUME CON CABEZA
A organización Oxfan, Intermón Oxfan en España, afirma que as políticas sociais e medioambientais das dez maiores empresas de alimentación e bebidas do mundo non se adaptan ao que debe ser o seu propósito actual, e terían que ser reformadas. Estas empresas (as "10 Grandes")- que xuntas gañan 1.100 millóns de dólares ao día- non están a respectar algúns dos dereitos básicos dos millóns de persoas dos países pouco desenvolvidos ou en vías de desenvolvemento que lles proporcionan terra, auga, man de obra e materias primas para elaborar os seus produtos.
Animamos ao alumnado do CPI Virxe da Cela a reflexionar sobre as causas da desigualdade no planeta, a distribución da riqueza e da pobreza do mundo, así como a buscar ideas para arranxar un sistema alimentario roto. Será a través da campaña "Tras a marca", que ten por obxectivo evaluar e clasificar as políticas agrícolas, os compromisos públicos e a supervisión das cadeas de suministro das 10 Grandes.
http://www.behindthebrands.org/es
Etiquetas:
consumo,
Oxfan,
Tras la Marca
COMPROMISO CO MEDIOAMBIENTE
O pasado luns 25 de febreiro de 2013 recibimos a visita de dous axentes do SEPRONA, que trataron de concienciar ao alumnado de 3º e 4º da ESO e de PCPI da nosa responsabilidade como cidadáns para coidar a nosa contorna para preservar o ecosistema e así entre todos salvar ao planeta Terra, a nosa casa. O noso planeta é rico en recursos, e o ser humano fai uso deles. Moitas veces este uso é indiscriminado dos recursos naturais, causando moitos danos aos ecosistemas, e provocando o deterioro do mesmo. O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é a unidade da Garda Civil de España encargada da conservación da Natureza e dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexetica, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa Natureza. Os dous axentes explicaron detalladamente cada unha destas facetas, repartiron variados consellos ao alumnado para facer unha boa actuación e incluso para ser conscientes das ameazas á natureza e poder alertar ao corpo do SEPRONA para que actúe inmediatamente e poder así evitar danos e catástrofes.
Etiquetas:
ecoloxía,
medioambiente,
natureza,
SEPRONA
miércoles, 13 de febrero de 2013
NENOS E NENAS SOLDADOS
O día 12 de febreiro foi o Día contra a utilización de Nenos e Nenas Soldados. Aínda que este ano colleunos esta data en plenas vacacións de Antroido, voltaremos ás aulas coa intención de traballar o tema da problemática da infancia nos conflictos bélicos. Temos á nosa disposición materiais elaborados polas ONGS Entreculturas e Amnistía Internacional, unhas propostas para desenvolver cos rapaces e rapazas de secundaria do CPI Virxe da Cela. Trataremos de sensibilizalos, conciencialos e aportaremos as nosas ideas para combater este grande problema que está a afectar a tantos nenos e nenas en diferentes lugares do mundo. Estímase que existen no mundo preto 300.000 menores soldados. Por iso, nesta importante data, reivindicamos a fin da vulneración dos dereitos que implica a utilización de nenos e nenas en conflitos armados.
A ONG Entreculturas pon o seu foco na dramática realidade dos nenos e nenas soldados e a situación de emerxencia que se está a vivir na República Democrática do Congo. O pasado mes de novembro endureceuse o conflito interno neste país. A presión e violencia por parte do Movemento 23 de marzo (M23) produciu o desprazamento de máis de 200.000 persoas e provocou o peche de máis de 600 escolas na rexión de Kivu. Isto non fai máis que afondar no drama do Congo, envolto no conflito máis cruento do mundo –máis de cinco millóns de persoas xa perderon a vida nel– dende hai décadas e esquecido pola maior parte da comunidade internacional. Neste conflito, ademais, miles de nenas e nenos están a ser reclutados e usados como soldados.
Na dinámica para secundaria deseñada por Entreculturas, os rapaces e rapazas de Monfero convertiranse nun grupo de xornalistas que queren facer unha reportaxe sobre o conflito da República Democrática do Congo e da realidade dos menores soldados. A partir dunhas cartas que relatan unha viaxe ao país, poderán documentarse sobre a historia da RD Congo, a realidade dos menores soldados e profundar na vulneración dos dereitos que supón esta situación y así elaborar o seu artigo.
Penduramos tamén a curtametraxe de ficción "Aquel non era eu", nominado aos Premios Goya 2013, que seguro nos ma moito que pensar...
AQUEL NO ERA YO (subt. castellano) from AQUEL NO ERA YO on Vimeo.
Etiquetas:
Amnistía Internacional,
Entreculturas,
nenos soldado
jueves, 7 de febrero de 2013
CHARLA PRESENTACIÓN DE MICROMOVIES
O pasado luns 4 de febreiro de 2013 o alumnado de secundaria tivo unha primeira charla de presentación da actividade "micromovies", eixo vertebrador da Rede de Centros Solidarios do Plan Proxecta, á cal pertence o CPI Virxe da Cela. Esta charla-presentación, tal como explicou o ponente Ramón Molina, constitúe a primeira das catro fases nas que se estructura a actividade, que describimos a continuación:
- Fase1: Sesión presencial de presentación e construción colectiva de lemas e contidos destinados á creación dun produto audiovisual.
- Fase 2: A través dunha plataforma virtual construirase un espazo para que o alumnado realice achegas, que serán contidos construídos colectivamente dende a Rede, fortalecendo o seu sentimento de pertenza á mesma.
- Fase 3: Obradoiro “Do cómic ao cine”: xerar un proceso creativo sobre o desenlace do cómic presentado que permita deseñar o guión da “micromovie”.
- Fase 4: Gravación e edición da “micromovie”, no que participará alumnado dos diferentes centros da Rede de Centros Solidarios.
Ramón Molina, quen impartiu esta charla, explicou con tode detalle cada unha das fases do proxecto, e tratou de crear un clima de participación entre o alumnado para acadar un tema que fose a base da "micromovie" que se desenvolverá no CPI Virxe da Cela. Nas próximas semanas recibiremos instrucións para ir introducindo a segunda fase a través dunha plataforma virtual. Esperamos que con todas as ideas do noso alumnado poidamos levar a cabo un rexistro audiovisual con gancho e, sobre todo, cunha mensaxe ben solidaria para difundir entre todos os posibles espectadores....
Micromovies fases from satelite1
Se queredes ver esta noticia pendurada no blogue VOLUNTARIADO GALEGO, da Dirección de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, clicade na seguinte imaxe:
Se queredes ver esta noticia pendurada no blogue VOLUNTARIADO GALEGO, da Dirección de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, clicade na seguinte imaxe:
Etiquetas:
micromovies,
Plan Proxecta
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


TRAS LA MARCA