Un ano máis, o Nadal serviu
de ponte para unir as xeracións do noso concello. Nunha xornada cargada de
emoción, o alumnado de Infantil, acompañado polos rapaces e rapazas de 3º
e 4º da ESO do Colexio Virxe da Cela, visitaron o Centro de Día do
Xestal para compartir o seu tempo e alegría cos nosos maiores.
Música, tradición e moita ilusión
O centro encheuse de vida
coas voces dos máis pequenos e a enerxía dos maiores. Durante a visita:
Os nenos e nenas de Infantil fixeron rir e
aplaudir a todos cantando e bailando o tradicional "Mi burrito
sabanero".
Non faltaron as panxoliñas nin o son
das gaitas e pandeiretas, que puxeron o ritmo tradicional a esta
mañá tan especial.
Pero, sobre todo, o que máis brillou foi a ilusión
reflectida nas caras de pequenos e maiores ao compartir este ratiño
xuntos.
Un agasallo con raíces
Para selar este momento de
unión, o alumnado fixo entrega dunha Flor de Pascua moi especial,
acompañada dunha mensaxe que emocionou a todos os presentes:
"Vedes as follas novas,
coma nós? Pois para que esas follas medren fermosas e cheguen ao máis alto,
necesitan algo esencial: as raíces. Vós, os nosos queridísimos maiores,
sodes esas raíces fondas e poderosas que nos suxeitan á terra. Sodes a
sabedoría que nos dá seguridade e o amor que nos permite soñar."
Con este pequeno detalle,
quixemos enviarlles un abrazo quentiño a cada un dos seus corazóns,
desexándolles unhas festas cheas de saúde, paz e, sobre todo, moitísimo
agarimo.
A comunidade educativa do CPI Virxe da Cela reuniuse o martes 25 de novembro de 2025 no patio cuberto para conmemorar unha data moi significativa: o Día Internacional da Vioencia contra a Muller. O acto iniciouse cunha pequena presentación de posicionamento para combater esta problemática social e xa a continuación alumnado e profesorado cantou e signou o famoso tema La Puerta Violeta de Rozalén, toda unha metáfora do escape e a liberación das mulleres. Agradecemos a Lola Flores, alumna de 4º da ESO, e a Diego Garabana, alumno de 2º de ESO, por ofrecernos a súa voz e a súa guitarra respectivamente, interpretando a música en directo.
Este martes 25 de novembro de 2025 reunímonos todo alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela no patio cuberto co fin de conmemorar o Día Internacional da Violencia contra a Muller. Neste acto, cantamos e representamos con lingua de signos a canción de “La Puerta Violeta”, de Rozalén. Ademais, tivemos a sorte de que a miña compañera de 4º da ESO, Lola Flores, deleitounos e guiounos coa súa gran voz, acompañado por Diego Garabana de 2º da ESO. Foi un acto dun día que hai que reivindicar e que todos/as/es debemos coñecer, por iso está moi ben que nos colexios se conmemorar. Alexandre Doutón (4º ESO).
A conmemoración do 25 N no noso centro foi un acto sinxelo pero cargado de significado, no que quixemos mostrar o noso malestar fronte a esta realidade. Participar nesta actividade fixo que todos e todas tomásemos maior conciencia sobre a importancia de loitar contra a violencia machista e de apoiar ás vítimas. A letra da canción de Rozalén, La Puerta Violeta, que fala de liberdade e de romper co medo, encaixaba perfectamente coa mensaxe do día. É fundamental que nos centros educativos se organicen iniciativas como esta, porque axudan a educar, sensibilizar e lembrar que a igualdade é tarefa de todos. Foi unha experiencia positiva que sen dúbida recordaremos no futuro. Marcos Garabana (4º ESO).
Este mércores 19 de novembro reunímonos na Casa da Cultura de Pontedeume tres colexios pertencentes á comarca do Eume (o CPI Virxe da Cela de Monfero, o CEIP Eladia Mariño de Cabanas e o CEIP de Andrade), para conmemorar o 20 de novembro, Día Universal dos Dereitos da Infancia. Xunto cos meus compañeiros da clase de 4º da ESO acudimos alí xa que, como case todos tocamos algún instrumento, como o tambor, a gaita, ou pandereta, pedíronnos que fóramos facer a entrada e o peche do acto. Durante este acto interviron varios representantes políticos desta comarca e tamén representantes dos centros educativos, como o noso director Iker Sánchez. Máis tarde seguimos coas exposicións do alumnado dos tres centros, as cales todos fixeron moi ben, e finalmente voltamos outra vez coa nosa actuación musical, e cun picoteo antes de saír. Foi un acto moi agradable no que a Asociación Euroeume, a asociación que organizou o acto, nos tratou moi ben. Alexandre Doutón (4º ESO).
Mércores 15 outubro 2025. Roi Quitián, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) visitou hoxe o noso centro para facer a última das actividades integradas dentro do proxecto Rede Compás, que deu inicio en setembro de 2024. Todo o alumnado do CPI Virxe da Cela que de maneira voluntaria decidiu formar parte deste proxecto para a mocidade tivo a oportunidade de analizar todos os obxectivos acadados e de deseñar a maneira de dar continuidade a esta iniciativa, xa que a Rede Compás foi unha semente que pode seguir medrando.
A Rede Compás intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO. Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).
Este proxecto estivo moi ben, incluso me atrevo a dicir que a REDE COMPÁS foi o mellor que tivemos, polo menos nestes últimos 4 anos en secundaria. Foi unha gran experiencia, na que aprendimos a organizarnos e loitar polo que queremos. Nel fixemos varias actividades, destacando entre elas o Hackatlón en Allariz xunto con outros 4 centros de Galicia (Brión, Bueu, Silleda e Viana do Bolo) durante 3 días, e alí, ademáis de facer moitas amizades, puxemos entre todos as nosas ideas en común. E para finalizar, algúns tivemos a sorte de visitar o Parlamento Europeo en Bruselas con alumnos/as e profesorado dos outros centros, facendo desta, unha experiencia inesquecible. Pero non só acaba aquí, esperemos que a Rede Compás soamente fora unha semente en nós, e sigamos organizándonos e loitando xuntos polas cousas que queremos. Alexandre Doutón (4º ESO).
Despois da viaxe realizada en setembro a Bruxelas, os tres alumnos/as do CPI Virxe da Cela que representaron ao noso centro educativo nesta actividade explicaron o mércores 1 de outubro de 2025 ao resto do alumnado que forma parte da Rede Compás en que consistiu esta experiencia. Poder ser recibidos por persoas vinculadas á política europea no Parlamento de Bruxelas e facerlles chegar as peticións da mocidade galega foi un momento moi importante, algo que estivemos preparando durante todo un curso. Ademais deste compoñente de activismo político e cidadanía responsable, estes tres estudantes tiveron a oportunidade de relacionarse con outros mozos e mozas dos outros catro centros educativos galegos que participan no proxecto. Foi unha experiencia vital, iso foi evidente, por iso agradecemos a AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) ter pensado no noso centro para participar neste proxecto Erasmus+. Aínda que a Rede Compás chega ao seu final, sabemos que está plantada a semente e seguramente todas as aprendizaxes servirán para crear un grupo de asociacionismo xuvenil que atenda ás demandas da xente moza.
Iniciamos o curso escolar 2025-2026 mantendo o compromiso que temos coa Fundación Vicente Ferrer, a través do proxecto School to School, un intercambio cultural e tradicións cunha escola da India, a Konampalli School.
Este curso a temática a tratar vai a ser os "Deportes e Xogos".
Hoxe estivemos no Congreso Internacional VI FENDA DIXITAL – INTELIXENCIA ARTIFICIAL XENERATIVA E OS NOVOS DESAFÍOS NA EDUCACIÓN, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xullo de 2025 en Curitiba, Brasil, en modalidade híbrida (https://www.even3.com.br/vifendadixital?lang=pt).
Esta é unha gran oportunidade para comprender as achegas e os retos que presenta a IA dentro do ámbito educativo. Ademais, conta coa ventaxe de que as diferentes aportacións poden volver a verse a través da canle de Youtube do evento (https://www.youtube.com/@FendaDixital).
Aquí deixamos a presentación que realizamos sobre os desafios que temos ser quen de afrontar para unha adecuada implementación da Intelixencia Artificial (IA) nas nosas escolas acompañada das experiencias de Célio Manfré Filho (DidaTic/UEL, Brasil) e Marco Bento (ESE, Politécnico de Coimbra, Portugal) e moderado polo Dr. Jesús Rodríguez Rodríguez (USC).
Cartel do Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sostenibilidade.
O pasado 19 de
xuño participamos do Diálogo sobre Educación Ambiental
para a Sustentabilidade organizado desde o Movemento 4.7. Foi un encontro moi valioso e enriquecedor onde as achegas
e as conclusións acadadas nos amosan a importancia de contar cunha educación transformadora,
crítica e comprometida coa xustiza social e ambiental.
Ademais, este
diálogo amosa como a forza colectiva pódese xerar aínda que nos atopamos en distintos territorios e contemos
con diferentes experiencias para pensar en conxunto o futuro da Educación
Ambiental.
Aquí, deixamos documento
de conclusións do diálogo, que recolle as ideas e as propostas principais compartidas
durante a sesión esperando que poidan ser punto de partida para seguir
impulsando este traballo noutros espazos e realidades.
Para contar con moita máis información temos a web do Movemento 4.7 na que ademais desta conclusións podemos ver otras actuacións desta xornada e as actividades desta rede.
Desde Save the Children chegounos un correo de agradecemento pola colaboración do conxunto da Comunidade educativa na carreira solidaria pola infancia que precisa de protección. Aquí deixamos a mensaxe e o diploma de participación. Parabens!!! Alumnado e familias
GRAZAS!.
Querida comunidade educativa,
O 20/06/2025 recibimos un ingreso pola cantidade de 400€ do voso centro.
En nome dos nenos e nenas dos nosos programas, queremos agradecer profundamente o voso esforzo e dedicación. Grazas por implicarvos con tanta ilusión e por transmitir a importancia desta causa ao voso alumnado, que, co seu entusiasmo, puxo en marcha todos os recursos ao seu alcance para apoiar aos máis vulnerables.
Grazas tamén ás familias que contribuíron xerosa e solidariamente co seu donativo. O seu apoio permítenos seguir loitando polos Dereitos da Infancia, garantindo que os nenos e nenas sobrevivan, accedan a unha educación de calidade e estean protexidos; en definitiva, que teñan a oportunidade dun futuro mellor.
Facémosvos chegar tamén o noso selo de centro solidario. Podede descargalo e incluílo na vosa web ou blogue. Este selo representa todo aquilo polo que traballamos en conxunto: a defensa dos Dereitos da Infancia.
O mesmo estivo organizado polo Movimiento 4.7 do que formamos parte e co que estamos a traballar en diferentes iniciativas de EpCG.
Este diálogo forma parte do proceso de avaliación do Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade (PAEAS 2021-2025) e para a preparación dun novo Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade (PAEAS) Ministerio para a Transición Ecolóxica escoitando propostas de colectivos, redes e persoas implicadas na transformación educativa.
Imaxe autoeditada dun momento da presentación da reunión.
Nel participan diferentes entidades: ONG, centros educativos, redes de profesorado e plataformas da educación ambiental para xerar propostas resolutivas no ámbito educativo.
De onde vimos?
Foi a primeira parte da reunión. Analizamos a evolución da educación ambiental e chegamos ao presente: que estamos a facer? Desde o presente miramos cara o futuro.
Que emociones nos suscitan el futuro da EAS:
Que se pode lograr? Que se pode perder? Quen corre o risco de quedarse fora?
Apatía, desmotivación non poden formar parte dos valores sociais. Educar en compromiso resulta fundamental. Este valor ten que ser parte da cultura educativa desde o exemplo persoal desde as persoas educadoras.
Esperanza, porque tamén existen unha morea de iniciativas macro e micro que xeran cultura da sustentabilidade. Sobre todo precisamos procesos consistentes que ás veces non so se teñen que valorar polos seus logros senón pola ilusión e a constancia dos mesmos. Os resultados non sempre son inmediatos pero sempre sentan bases para a mellora.
Incertidume ante a polarización. É preciso xerar un cambio social positivo: interdependencia e ecodependencia están relacionados. Precisamos dunha mirada trasformadora da que queremos ser parte!!!
Avanzar
Ás veces temos muros que limitan os avances. Temos que superalos.
Dar valor ao compromiso desde o local para avanzar cara o global.
Contar con valores, recursos e medios adecuados.
Superar as reticencias.
Xerar activismo político e acción participativa.
Transversalidade.
Obxectivos reais e asumibles. Darlle valor ás pequenas cousas. Precisamos cambiar a cotidianidade. Por que non pensar nun decrecemento paulatino?
Dar voz e responsabilidade ás novas xeracións.
Axenda da Educación Ecosocial na formación universitaria.
Comunicación: saber e ser entrelazados.
Ensinar a coidar e dar coidados.
Xerar comunidades educadoras.
Contar cunha vontade política real e efectiva que non se vexa limitada polos tempos.
Toda unha experiencia de aprendizaxe!!!
Vídeo de benvida aos Diálogos sobre educación ambiental para a Sustentabilidade.
Alberto Cortizas, teniente alcalde do Concello de Monfero, recibiu no salón de plenos do concello. a un grupiño de alumnos/as do CPI Virxe da Cela pertencente á Rede Compás (xoves 19 de xuño de 2025, ás 11:30 horas). A Rede Compás intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025, á que iremos 3 alumnos/as de cada centro. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).
Alexandre Doutón e Nuno González exerceron como voceiros do grupo, e tras dar as grazas a Alberto Cortizas por recibilos, iniciouse a reunión coa presentación dos rapaces e rapazas alí presentes. Os voceiros deron unhas pinceladas do proxecto Rede Compás, na que o noso centro leva participando desde inicios deste curso 2024-2025, e que finalizará no mes de setembro cun viaxe a Bruxelas, directos ao Parlamento Europeo. A mocidade expresou a súa preocupación ante o problema do despoboamento do rural e compartiu co alcalde varios documentos que reflicten a necesidade de abordar esta problemática antes de que sexa tarde, xa que o futuro do rural está nas mans da mocidade. Entre os documentos aportados figura unha análise estatística que reflicte a opinió das familias e da mocidade da zona, un especial radiofónico, un vídeo explicativo, etc.
Alberto agradeceu toda esta información e prometeu tratar de levar a cabo algúns cambios, os que estén na súas mans, para garantir que estes rapaces e rapazas podan vivir no futuro no rural e sacalo a diante con todas as transformacións que sexan necesarias para adaptarnos ao século XXI. Xa para finalizar o encontro o alcalde permitiu pendurar no balcón na casa consistorial a pancarta que leva o lema "Sen boas condicións non haberá relevo xeneracional", realizada polo propio alumnado do centro e elemento clave da súa "comunicación de guerrilla". Lembramos o noso paso polo Concello cunha foto de grupo e agradecemos a Alberto Cortizas o seu acollemento e o sei apoio, esperando seguir mantendo reunións cos nosos representantes políticos para facer posible unha participación cidadá na axenda política desde idades temperás.
Co obxectivo de reforzar a dimensión de incidencia política do proxecto Campaña Mundial Pola Educación 2025, e para garantir o
cumprimento efectivo do dereito de participación da infancia e da adolescencia,
constitúese a Comisión Mixta de Seguimento do Acto Central no Parlamento de Galicia, e lévase a cabo o mercares 18 de xuño de 2025, participando o alumnado de 1º da ESO do CPI Vire da Cela. Esta comisión ten como finalidade principal facer seguimento do grao de cumprimento
das peticións e demandas realizadas polos nenos, nenas e adolescentes (NNA)
participantes nos actos centrais de incidencia política promovidos pola Campaña
Mundial pola Educación (CME) en Galicia. Así mesmo, busca promover o diálogo e a
rendición de contas por parte dos representantes políticos en materia educativa.
Ás 12:00 horas preséntase a sesión e os representantes das diferentes forzas políticas (Cecilia Vázquez-PP, Julio Abalde-PSdeGe e Cristina Fernández-BNG) tiveron un espazo para compartir as demandas e motivacións coas que
quedaron logo do acto no Parlamento o día 23 de maio 2025. Finalmente, o estudantado
de 1º da ESO tivo o seu tempo para facer algunha pregunta ou comentario e sentirse escoitado nas seas demandas.
A Revista Galega de Educación (RGE), publicación editada polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega (NEG), vén de lanzar o seu número 92, centrado nun tema de plena actualidade: a dixitalización nas aulas e o programa E-Dixgal impulsado pola Xunta para integrar o uso das novas tecnoloxías na docencia galega.
Unha perspectiva para coñecer como a dixitalización educativa é interpretada por diferentes axentes educativos e que posibilita entender a dixitalización como un proceso que forma parte dos ODS (Obxectivo 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos).
Neste número tivemos a oportunidade de colaborar na súa coordinación, acompañando a Jesús Rodríguez Rodríguez, Silvia López Gómeze Denébola Álvarez-Seoane, docentes da USC.
O pasado 30 de maio a mocidade da #redcompás saíu á rúa con mensaxes claras e creativas.
En Silleda, quixeron chamar a atención sobre o transporte público no rural. Como? Cun esqueleto viaxeiro que percorreu paradas abandonadas de tren e bus. O Día D plantárono na porta do Concello xunto cun panel de fotos e fixeron enquisas á veciñanza. O obxectivo: levar os resultados ao pleno municipal o 9 de xuño.
En Monfero, o alumnado da Rede puxo o foco na defensa do sector primario e do medio ambiente como clave para garantir o futuro do rural. Fixeron unha pancarta e leron un manifesto diante de veciñanza e autoridades locais.
A comunicación de guerrilla é acción directa, creativa e reivindicativa no espazo público, para sacudir conciencias e abrir conversacións importantes.
Seguimos creando, soñando e loitando por un rural digno e vivo.
Imaxes das accións de guerrilla do alumnado dos dous centros educativos.
Este sábado 14 de xuño participamos no XVI Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos “Jaume Martínez Bonafé”, baixo o título “A dixitalización en Galicia e E‑Dixgal: entre a promesa e o desencanto. Cara a onde?”.
A xornada, celebrada no Salón de Plenos do Concello de Moañareuniu especialistas das universidades galegas, representantes das ANPAS, profesorado de aulas infantís, de primaria e secundaria, e membros de grupos de investigación para debater, reflexionar e propoñer medidas de futuro para a dixitalización educativa en Galicia.
Imaxe autoeditada de presentación do artigo.
Momento da presentación en Moaña.
Nesta xornada participamos expoñendo como adixitalización educativa tamén ten que ter en conta a diversidade de realidades e contextos.
Nela, tamén presentouse o último número da Revista Galega de Educacióncentrado na mesma temática e onde se pode atopar o artigo eixo central da nosa intervención.