viernes, 18 de octubre de 2024

REUNIÓN COA FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN

O venres 18 outubro 2024, ás 12:45 horas, levouse a cabo no CPI Virxe da Cela unha reunión coa Fundación Ayuda en Acción para planificar a implementación de varios proxectos que a través desta fundación estanse levando a cabo no noso centro. Contamos coa visita de Martín Mejuto (técnico Fundación Ayuda en Acción) e as responsables dos proxectos Education4theplanet (Laura Gómez Vales) e Campaña Mundial pola Educación. Falouse da posibilidade da creación dunha Comisión Mixta de Seguimento para poder levar a cabo o seguimento do proxecto e das súas posibles mellora no ámbito das actividades. Laura Gómez amosou ao profesorado do centro vinculado ao proxecto Education4ThePlanet unha presentación dixital do proxecto, e explicou as diferentes fases e actividades que o conforman, entre elas obradoiros para o alumnado de toda a ESO centrados no ODS 13 e a produción gandeira, agrícola e pesqueira rexenerativa, a elaboración dun Mural polo Clima e unha visita  a unha explotación do Primeiro Sector de carácter ecofeminista (liderada por unha muller e respetuosa co medio ambiente). 




PPP_ Presentación Proxecto ... by veracruces

Reciclamos con Sogama

 A finalidade desta actividade é aprender a realizar unha recollida selectiva dos residuos xerados no centro coa finalidade de xerar unha conciencia ecosocial das nosas responsabilidades persoais. Para isto contamos coa colaboración de Sogama que é encargada de impartir os tres obradoiros nos que participou o alumnado da etapa da Ed. Primaria. 

A idea é que os contedores de separación do lixo cos que contamos no centro sexan aproveitados adecuadamente. Ademais, este curso queremos darlle pulo á compostaxe para que a horta escolar non careza dos nutrientes necesarios para que a mesma creza esplendorosa.  

Desta forma, Cristina a monitora da actividade, acompañounos durante toda esta xornada escolar.

Moitas grazas!!!!

    Imaxe autoeditada do obradoiro realizado co 2º ciclo da etapa.


                                             Imaxe autoeditada do obradoiro realizado co 3º ciclo da etapa.
                                            



                                          Imaxe autoeditada do obradoiro realizado co 1º ciclo da etapa.

martes, 15 de octubre de 2024

PRESENTACIÓN DO CONSELLO DA INFANCIA NA VISITA DE PEDRO BLANCO LOBEIRAS

Este martes Euroeume acompañounos na visita do delegado do Goberno, Pedro Blanco Delgado, que puido desfrutar da escola onde estudou na súa infancia. 📝 Para a súa visita, preparamos xunto co alumnado, unha presentación onde amosaban o traballo que desenvolven no centro, entre o que tamén están as actividades de Euroeume e o Programa de Educación Social na Escola, que conta con diversos ámbitos de traballo: igualdade co proxecto Enraizadas, educación ambiental co proxecto Hortos e Composteiros e o proxecto Ríos, os novos proxectos de Accesibilidade e Espazos Inclusivos, e, en concreto, o máis relevante desta exposición, o proxecto Coidando-nós, co Consello Escolar da Infancia. 👉🏽 Este último tivo gran importancia ao amosarlles a profundidade do traballo desenvolto no curso pasado e a continuación no presente. ✅ A importancia da formación dunha infancia que medre coa conciencia cara unha cidadanía crítica, activa e implicada nos procesos e fenómenos de cambio e transformación tanto educativos como sociais, xerando ese nexo entre o mundo escolar e o comunitario para camiñar cara unha sociedade máis xusta, onde as crianzas – de onde todo parte - sexan as protagonistas e as súas voces teñan espazo e sexan escoitadas. 🔎 Amosamos o análise que se realizou dos espazos do centro educativo, a avaliación que fixeron dende o alumnado dos patios, as necesidades que detectaron e as propostas e melloras que xeraron a través dun proceso reflexivo cun enorme traballo cooperativo e en equipo. 👏🏼 Foi unha experiencia chea de significado onde as representantes do alumnado fixeron un gran traballo! Parabéns!

 Martes 15 outubro 2024.

#educaciónsocial #educaciónsocialnaescola #coidandonos #conselloescolardainfancia #euroeume #monfero




Imaxes editadas pola asociación EuroEume de diferentes momentos da presentación do Consello Escolar da Infancia ao Delegado do Goberno en Galicia.

III PREMIO GALEO EPDCG: VIAXE A GUATEMALA

A terceira edición do PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL incluíu como novidade unha viaxe a terreo para o profesorado gañador en cada categoría.  A viaxe a terreo para coñecer a cooperación internacional chegou para quedarse como parte deste galardón, no que dende xa estamos a traballar, para ofrecervos as mellores experiencias posibles para un recoñecemento que esta á altura da vosa implicación e labor cotiá. 


miércoles, 9 de octubre de 2024

COIDÁNDO-NOS: CONSELLO ESCOLAR DA INFANCIA


Co gallo do 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, non se nos ocorre mellor forma que celebralo cunhas imaxes deste comezo de curso, cheo de ganas, ilusión, traballo e moita educación social en tódolos espazos, tamén nas escolas e na nosa Biblioteca.

Este é o lema co que comezamos a nova andaina do Consello Escolar da Infancia da man da asociación Euroeume. 

Tratase de entender a educación social como unha forza capaz de transformar o mundo, ou, polo menos, deixalo mellor que como nos vén dado. Un camiño cara a utopía, cheo de soños, aprendizaxes, decostrucións, persistencia, coidados...

 
Imaxe autoeditada pola asociación EuroEume da presentación das actividades do programa neste curso escolar.

Este  proxecto de Euroeume desenvolvese a a través do Programa Coidando– nós.. Nel, o alumnado é escoitado para acadar o que se  propoñan, sendo elas e eles mesmos conscientes da súa importancia como axentes principais e activos na participación e implicación nos procesos sociais, e, concretamente nesta actividade, para a mellora dos centros educativos. Nesta ocasión, comezamos a traballar para contar cunha boa saúde emocional no conxunto da comunidade.

Así,  esta nova andaina, comezou no noso centro e continúa a súa senda no CEIP Plurilingüe de Andrade e no CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, en Cabanas.

Estamos no camiño, traballando desde a educación social para continuar transformando o mundo!!! “Educación Social: Unha profesión de Dereitos Humáns”.



miércoles, 2 de octubre de 2024

PRESENTACIÓN REDE COMPÁS

Mércores 2 de outubro 2024. 

María Lobo, da ONGD AGARESO, visitou o noso centro para impartir un obradoiro para todo o alumnado da ESO sobre asociacionismo xuvenil. Esta é a primeira das actividades (toma de contacto) co  proxecto “Rede Compás”. A través de diferentes dinamicas participativas, os mozos e mozas do CPI Virxe da Cela reflexionaron sobre os súas necesidades para garantir o seu presente e futuro nun medio rural como o noso, para extraer unha serie de demandas e peticións que se pretende facer chegar aos nosos representantes políticos. María Lobo explicou detalladamente o cronograma deste proxecto, que nos fará compartir experiencias con outros catro centros galegos. 

A "Rede Compás"  intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Consta de varias formacións online, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025 e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025.





XII PREMIOS MEP 2023 de BBPP Educativas.

A finais do mes de outubro unha representación do CPI Virxe da Cela viaxará a Madrid á gala da entrega dos XII Premios MEP 2023 de Buenas Prácticas Educativas, xa que a experiencia Monferosolidario: Una escuela en y para el medio, quedó entre los finalistas. Este Concurso Nacional de Boas Prácticas Educativas, organizado pola Asociación Mejora tu Escuela Pública (MEP), ten o obxectivo de estimular o valor pedagóxico e achegar ao alumnado ao mundo real. 

Estimado finalista. Estamos encantados de saludarte.¡¡¡Muchas Felicidades!!! por ser FINALISTA de los XII PREMIOS MEP 2023 de BBPP Educativas.

Nos alegra muchísimo invitaros al evento de entrega de premios. El acto  de entrega de premios tendrá lugar el viernes 25 de octubre de 2024 a las 17:00 h, en el Espacio Bertelsmann, en la calle O'Donnell,10. 28009 Madrid 

Al evento acudirán todos los centros premiados de esta edición, de seis comunidades distintas( Andalucía, Castilla la mancha, Madrid, Comunidad Valenciana, Galicia, Castilla y León) así como autoridades del mundo de la educación y profesionales de la enseñanza. Recibe un cordial saludo. Marta Babé y Ana Hernández. Secretaria y Presidenta de MEP.