A área de Igualdade da Deputación da Coruña desenvolveu o programa coeducativo de "Segregación ocupacional por razón de xénero" en colaboración co centro I.E.S Rosalía Mera, acción enmarcada no Plan provincial de Igualdade “Compartimos Plan” na área estratéxica 4 adicada á igualdade de xénero no acceso ao mercado laboral.
Na diagnose do plan constatouse que á hora de que rapazas e rapaces escollan os seus itinerarios formativos os estereotipos e os roles de xénero entran en xogo. Así o mostran os datos de matriculación da formación profesional, bacharelato e da formación universitaria, pois existen determinadas familias formativas nas que se matriculan maioritariamente mulleres e noutras nas que as mulleres apenas están representadas. Isto ten como consecuencia unha marcada segregación ocupacional no mercado de traballo que perpetúa as desigualdades de xénero.
O equipo docente do centro I.E.S Rosalía Mera, detectou a necesidade de traballar co profesorado e co alumnado e propúxose levar a cabo a pilotaxe dun proxecto integral de centro onde traballar con perspectiva de xénero desde as súas aulas, visibilizando e procurando referentes femininas que promovan que o acceso os ciclos sexa mais equilibrado.
O proxecto iniciouse no 2022 e contou coas seguintes fases: investigación preliminar, deseño de contidos do programa formativo, impartición e implementación do programa formativo no centro e realización dun microvídeo que recolle a experiencia e unha Guía Didáctica onde recóllense os resultados así como as unidades didácticas para que o profesorado poda implantar noutros centros a experiencia.
Onte presentamos o microvídeo e a Guía e queremos compartila para facer desta pilotaxe unha experiencia transferible, especialmente a outros centros educativos de secundaria, pero tamén como unha oportunidade para sensibilizar sobre a segregación ocupacional á poboación en xeral.
Podedes completar a información do programa e descargar a guía neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario