O programa de apoio á infancia de Axuda en Acción, “Aquí tamén” traballa para combater a desigualdade no noso
país a través dos centros educativos, co obxectivo de mellorar a inclusión
social da infancia, adolescencia e as súas familias en risco de exclusión. Unha
das liñas de intervención do programa céntrase na innovación educativa con base
tecnolóxica, baseada no ensino de programación, impresión 3D e robótica, para
romper a fenda dixital, con énfase na educación en valores e o enfoque de
xénero.
Ricoh colabora con Axuda en Acción, achegando o último
equipamento de impresión 3D a 11 centros educativos do programa “Aquí tamén”,
repartidos por todo o territorio español, e entre eles está o noso.
Así nace o proxecto Mak3rs
by Ricoh, que contempla a doazón dunha impresora 3D a cada escola, así como
o material necesario para que poidan traballar en clase. Ademais, capacitarase
aos profesores por parte do equipo de voluntarios de Ricoh para conseguir que
os mozos en risco de pobreza e exclusión social aprendan a interactuar coa
tecnoloxía. Con este programa, que dá continuidade ao traballo que xa realiza
Axuda en Acción, os nosos alumnos/as desenvolverán habilidades dixitais, mellorarán
a súa aprendizaxe e coñecemento colaborativo, á vez que se fomenta a educación
tecnolóxica para impulsar o emprendemento e a innovación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario