jueves, 21 de diciembre de 2017
miércoles, 20 de diciembre de 2017
BO NADAL
A COMUNIDADE EDUCATIVA CO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA DESÉXAVOS A TODOS UN BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2018, CHEO DE NOVOS PROXECTOS E ILUSIÓNS.
CERTAME POSTAIS NADAL
1º Premio de EP: Claudia Caruncho Souto, 1º de EP
2º Premio de EP: Alejandra Souto Garrido. 2º de EP
1º premio de ESO: Candela Campello Fernández, 3º de ESO
2º Premio de ESO: Daniel Pena Bonome, 1º de ESO
Mencións espacial do xurado: Aulas de infantil
Autora: Candela Campello Fernández
Etiquetas:
certame postais,
nadal
miércoles, 13 de diciembre de 2017
AS MULLERES TAMÉN XOGAN: PROGRAMA RADIOFÓNICO SOBRE A IGUALDADE
O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller pero todas coincidimos nunha cousa: un só día non chega. Por iso, trazamos neste podcast un camiño para falar de igualdade, de visibilizar as mulleres deportistas, de coñecer unha asociación que promueve o papel das mulleres no deporte, MUDEGA. Coa participación de 4º de Primaria, 1º de ESO e dirección e locución de 5º e 6º de Primaria, arrancamos este manifesto sonoro.
Etiquetas:
igualdade,
Laboratorio Radiofónico
SEMANA DO COMERCIO XUSTO NO CPI VIRXE DA CELA
Tras participar no obradoiro “No Nadal Non te Consumas” impartido por Solidariedade Internacional Galicia, un grupo de alumnos/as voluntarios de 1º da ESO están a “atender” un posto informativo e de venta de produtos de Comercio Xusto (do 13 ao 21 de decembro). A finalidade desta acción é que o alumnado se convirta en axente multiplicador da información cara o resto do centro e familias e ofrecer unha alternativa de compra real de cara aos agasallos de Nadal. Rapaces e rapaces serán protagonistas da súa propia acción de educación para o consumo. Ao mesmo tempo e a través da venta dos produtos de comercio xusto, colabora coas cooperativas produtoras dos países do Sur e con Solidariedade Internacional de Galicia.
Etiquetas:
Comercio xusto,
Solidariedade Internacional Galicia
martes, 12 de diciembre de 2017
MERCADILLO DE COMERCIO XUSTO
Achégase o Nadal, e nestas datas tan especiais queremos agasallar aos nosos familiares e seres queridos con múltiples regalos para expresar o noso cariño. Mais ás veces este xesto tan xeneroso convértese nun acto de puro consumismo… Este ano, e da man da ONG Solidariedade Internacional Galicia (coa cal xa levamos colaborando un tempo) trocaremos de hábitos e mercar regalos axudaranos a reflexionar sobre o consumo responsable e o comercio xusto.
O comercio xusto é un sistema comercial solidario e alternativo que ten por obxectivo mellorar o acceso ao mercado dos produtores máis desfavorecidos e cambiar as inxustas regras do comercio internacional, que consolidan a pobreza e a desigualdade mundial. É, ademais, un movemento internacional formado por organizadores de todo o mundo.
Se vós queredes, pois, unir a este movemento, non deixedes de visitar o CPI Virxe da Cela, que albergará desde o 12 ata o 21 de decembro un “stand” de comercio xusto no horario de recreo de secundaria (de 12:15 a 12:35). Aquí poderedes mercar artesanía, café, chocolate, xabóns e outros moitos atractivos produtos de calidade e poder facer os típicos regalos de Nadal. Os nenos/as de educación infantil e primaria tamén poderán facer compras acompañados polos seus titores/ras.
martes, 5 de diciembre de 2017
OBRADOIRO "NO NADAL NON TE CONSUMAS"
A ONG Solidariedade Internacional Galicia convidounos a participar no obradoiro “No Nadal Non te Consumas”, unha iniciativa para abordar a temática do consumo responsable e o comercio xusto. O martes 5 de decembro Ana Lampón, técnica de SIG, acompañada por outra educadora da ONG, impartiron un obradoiro para o alumnado de 1º e 2º da ESO no que achegarons ás rapazas e rapaces que é o consumo responsable. Utilizáronse dinámicas de grupos e xogos de rol nos que eles e elas puideron experimentar, interpretar, traballar, os distintos conceptos de consumo responsable.
Como complemento a este obradoiro, un grupo de alumnos/as voluntarios de 1º da ESO encargaranse de levar a cabo unha campaña de sensibilización entre a comunidade educativa e xa na última semana de clases de decembro, antes das vacacións de Nadal, este grupiño “atenderá” un Mercadillo de Comercio Xusto para que todos e todas poidamos realizar as nosas compras navideñas de maneira “responsable.
Etiquetas:
consumo responsable,
nadal,
Obradoiro,
Solidariedade Internacional Galicia
lunes, 4 de diciembre de 2017
A EDUCACIÓN ABRIU O MUNDO DE MIRELLE
Queridos amigos y amigas,
Nos acercamos a la Navidad, tiempo de alegría, de reencuentro, de paz y, sobre todo, de esperanza.
Es por eso que me gustaría hablaros de Mirelle. Una mujer con una historia que nos ha conmovido y nos hace confiar en la capacidad del ser humano para hacer frente a las injusticias. Mireille fue una niña refugiada ruandesa que pudo recobrar la esperanza al acceder a una escuela del Servicio Jesuita a Refugiados.
Mirelle representa las historias de vida de las muchas personas con las que trabajamos. Representa a cada uno de los nombres y apellidos que, desde cada proyecto, suman para transformar el mundo.
La educación abrió el mundo de Mireille y seguirá abriendo el de miles de niños y niñas con los que trabajamos en países como RD Congo, Sudán del Sur, Chad, Guatemala, Nicaragua o Haití.
La educación también abrirá nuestro mundo, al permitirnos abrir horizontes, ensanchar la realidad y formar parte de esta inmensa red de solidaridad que no se resigna a convivir con la desigualdad, la injusticia o la violencia.
Gracias por ayudarnos a seguir abriendo oportunidades a través de la educación. Con tu ayuda, continuamos poniendo en ello todo nuestro empeño.
Daniel Villanueva SJ
Director General Entreculturas
Etiquetas:
educación,
Entreculturas
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Con motivo da
celebración do día universal da Infancia e do Día Internacional contra a
violencia de xénero no noso centro, nas
semanas anteriores, realizáronse diferentes actividades.
·
Todo o alumnado do centro elaborou unha frase-eslogan, en diferentes idiomas, en
contra da violencia de xénero e a favor da igualdade . Coas mesmas realizouse un
photocoll polo que pasaron todos os
cursos cos seus titores.
·
Os Departamentos de Orientación, Relixión e Educación Física fixeron a
maquetación das fotos e elaboraron chapas co alumnado de Identidade de Xénero
de 2º curso da ESO. Amáis léronlle contos aos alumnos de Educación Infantil e dos
primeiros niveis de Primaria.
·
Nas sesións de radio con Lucía
Abarrategui e Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico). tratáronse eses temas.
martes, 28 de noviembre de 2017
AUGA, O DEREITO A UNHA VIDA DIGNA
A nosotros es un simple gesto. Sacar un tapón, abrir un grifo o apretar un botón. Pero para muchas personas el acceso a agua potable es mucho más. Es andar kilómetros y kilómetros, es exponerse a peligros y enfermedades o incluso emigrar.
Del 15 de enero al 19 de abril, la Fundación We AreWater nos invita a descubrir la problemática del agua en el mundo en su primera exposición. A través de una botella de agua, descubriremos las iniciativas y los proyectos de la Fundación para sensibilizar, concienciar y ayudar a llevar agua potable a las zonas más deprimidas del Planeta.
Porque solo si somos conscientes del valor del agua y sumamos esfuerzos podremos conseguir que todo el mundo tenga acceso a este bien común.
Etiquetas:
agua,
We Are Water Foundation
lunes, 27 de noviembre de 2017
UN CONTO POLA IGUALDADE
O cadro de actores e atrices de 4º de Primaria do CPI Virxe da Cela adaptaron a historia de Adela Turín e Nela Bosnia, un conto que fala sobre a igualdade entre elefantes e elefantas e a necesidade de rachar cos estereotipos actuais.
Unha adaptación libre do Laboratorio de Radio.
Escoita, escoita, coas orellas ben abertas.
Etiquetas:
Conto,
igualdade,
Laboratorio Radiofónico
domingo, 26 de noviembre de 2017
jueves, 23 de noviembre de 2017
miércoles, 22 de noviembre de 2017
IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Informámosvos sobre o IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero que convoca a Deputación Provincial da Coruña. Está destinado a todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou estudos equivalentes.
Etiquetas:
concurso,
guión,
violencia de xénero
martes, 21 de noviembre de 2017
CPI VIRXE DA CELA. ACTO ESTATAL DA SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
As alumnas Ariadna, Andrea e Nerea (1º ESO) así como a nosa directora Mª Camino Pereiro e a profesora Verónica Dopico, coordinadora de Monferosolidario, estiveron o pasado martes 21 de novembro de 2017 no Congreso dos Deputados participando no acto da Semana Mundial pola Educación. Xunto co noso cole participarán no acto outros dous centros educativos (Salamanca e Sevilla), todos representando ás escolas participantes na Campaña Mundial pola Educación.
Polo Virxe da Cela fixeron a súa intervención Ariadna Díaz Tondo (alumna de 1° de ESO) e a nosa directora Mª Camino Pereiro González, como embaixadoras ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e da Adolescencia. Os representantes das diferentes comisións responderon ás cuestións plantexadas. Simultaneamente á celebración deste acto no Congreso dos Deputados de Madrid, o resto do alumnado e profesorado do centro participaron do mesmo como espectadores a través da emisión en directo a través da web do Congreso.
No Congreso dos
deputados, ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos
Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia, a nosa alumna
de 1º da ESO, Ariadna Díaz, e a nosa Directora Camino Pereiro actuaron como embaixadoras galegas representando aos máis de 2000 alumnos e alumnas que o ano pasado traballaron
na Campaña Mundial pola Educación, e realizaron unha petición aos nosos
gobernantes para que cumpran as súas promesas cara a consecución da Axenda 2030
en concreto do Obxectivo 4: a Educación Universal e de Calidade.
Noraboa as dúas!!!
Aquí podedes ver as súas intervencións
Intervención Ariadna by veronicadopico7965 on Scribd
Intervención Camino by veronicadopico7965 on Scribd
lunes, 20 de noviembre de 2017
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S

O obxectivo deste día é lembrar á cidadanía que os nenos son
o colectivo máis vulnerable e por tanto o que máis sofre as crises e os
problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito a
educación, á saúde e a protección, independentemente do lugar do mundo no que
nacese.
Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para
facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para
recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas
teñan un futuro mellor.
Etiquetas:
Dereitos da Infancia 2017
domingo, 19 de noviembre de 2017
XIX ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA ENTRECULTURAS
Sábado 18 novembro de 2017, no IES Xelmírez (Santiago). Laura (3º ESO), Gael e Zito (4º ESO), Antía (exalumna) e Camino (profesora).
viernes, 17 de noviembre de 2017
HORIZONTE 2030
Sábado 18 de novembro 2017. Formación en Palas de Rei
O CPI Virxe da Cela inicia neste curso escolar 2017-2018
un novo proxecto en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia. O
título “ Horizonte
2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora” fai referencia á Axenda 2030, sendo este proxecto unha guía para vixiar o
cumprimento das políticas públicas de loita contra a pobreza.
O pasado sábado 18 de
novembro de 2017 unha docente do CPI Virxe da Cela asistiu á primeira xornada
de formación do proxecto, que tivo lugar en Palas de Rei (ecoaldea Arqueixal),
centrada na cultura participativa. Xunto docentes doutros centros e persoal da ONG (equipo técnico e voluntariado)
realizamos diferentes dinámicas, actividades e reflexións que nos axudarán a dar un salto cualitativo na abordaxe da educación para a cidadanía global,
e comezar a traballar dende a participación
social.
A meta ou “produto” final deste proxecto e deseñar
conxuntamente, docentes e Solidariedade Internacional Galicia, un proxecto de
educación para o desenvolvemento para levar a cabo nos centros no vindeiro curso
escolar 2018/2019.
jueves, 16 de noviembre de 2017
OBRADOIRO QUÉROTE+
O día 15 de novembro de 2017 o curso de 3º de ESO
participou dun obradoiro de sexualidade impartido por Santiago Legaspi Irimia,
Traballador Social do Centro Quérote+ da Coruña. Iniciamos así o proxecto “O que máis quero” dentro do Plan Proxecta.
Traballador Social do Centro Quérote+ da Coruña. Iniciamos así o proxecto “O que máis quero” dentro do Plan Proxecta.
O alumnado recibiu información sobre os servizos que
poden atopar en Quérote+ a través da súa páxina web, así como diferentes
conceptos relacionados coa sexualidade, necesarios para ir adquirindo ferramentas para construír os propios e dar respostas ás
interrogantes que se plantexan na adolescencia.
Somos protagonistas da nosa sexualidade, sabendo que
somos persoas únicas e irrepetibles e que a sexualidade é un valor que vale a
pena cultivar.
miércoles, 15 de noviembre de 2017
VISITA DO ALUMNADO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (UNIVERSIDADE DE VIGO) AO NOSO CENTRO
O pasado martes 14 de novembro visitaron pola tarde a nosa escola 120 estudantes da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo) acompañados polo seu profesor Dr. Xosé Manuel Cid Fernández. Realizamos unha mesa redonda no comedor do centro na que a directora, Mª Camino Pereiro, presentou a este grupo de futuros mestres e mestras o proxecto educativo de centro. Contamos tamén coa intervención dun reducido grupo de alumnos de 1º da ESO que convidaron a través dunha presentación audiovisual coñecer máis de cerca a nosa filosofía de traballo. Finalmente, diferentes persoas que conformaban a mesa redonda (un pai, unha exalumna e varios profesores) contestaron ás diferentes preguntas lanzadas polo público.
UN MUNDO DE ENCONTROS
"Un mundo de encontros" é o lema do XIX Encontro da Rede Solidaria Entreculturas, que terá lugar o vindeiro martes 18 de novembro de 2017 no IES Arcebispo Xelmírez (Santiago de Compostela). Achegamos algunhas informacións moi interesantes para ter en conta que nos acaban de chegar da organización de Entreculturas. Tomade nota:
·
Al igual que el año pasado, cada
participante llevará su propio recipiente para
la bebida (para reducir el uso de vasos de
plástico). Desde Entreculturas pondremos comida (bocadillos variados y pizzas
en piezas), bebida (agua) y postres variados (fruta, yogures...). También, como
siempre, un pequeño desayuno a media mañana y merienda por la tarde.
·
Cada persona asistente (alumnos/as,
profes, voluntarios...) , además, ha de elaborar y llevar su propia acreditación con unas sencillas pautas:
·
La más importante, hacerla con materiales que ya tengo por casa (cartulinas
usadas, cajas de galletas, rotuladores...), reutilizando y no comprando nada
nuevo para elaborarla.
·
Las acreditaciones han de poner: nombre de la persona, centro educativo y el lema del Encuentro (Un mundo de
Encuentros / Un mundo de Encontros).
·
El tamaño, el que queráis, pero que sea visible y que pueda ir colocado en el pecho con el tipo de enganche que se os
ocurra (imperdibles, cordel, pinzas, etc.)
·
Utilizad toda la creatividad e imaginación de las que
seáis capaces para hacerla. Podéis inspiraros en el tema (encuentros) y en el
lema.
·
Recordad también llevar pensadas las
actividades que vais a plasmar en vuestra agenda solidaria. Aunque la haremos allí, sí es importante que llevéis pensadas las
acciones que pondréis en marcha este curso.
·
Por último, recordad a los niños/as que lo
tengan que lleven su pasaporte de la
Red (lo entregamos
por primera vez a aquellos que vinisteis al Encuentro de fin de curso de mayo
pasado). También vosotros/as si lo tenéis.
martes, 14 de noviembre de 2017
Á VIOLENCIA DILLE... NON!
Esta semana chegou ao noso centro a exposición “Á violencia de xénero dille… NON!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para concienciar á xuventude sobre eses “estereotipos tan nocivos” que empanan as relación de parella, tamén na adolescencia e na xuventude. Esta exposición pretende axudar a recoñecer, identificar e rexeitar conductas nocivas como o control, a manipulación, o abuso, a “sextorsión”, o chantaxe emocional e outras formas de maltrato.
Etiquetas:
Á violencia dille... NON,
exposición,
violencia de xénero
viernes, 10 de noviembre de 2017
miércoles, 8 de noviembre de 2017
Xornadas formativas para alumnado de practicum I e II de Educación Primaria (UDC)
Este martes, 7 de novembro o CPI Plurilingüe Virxe DA Cela
Monfero (alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º da ESO) participou nas
Xornadas formativas para alumnado de practicum I e II de Educación Primaria
(UDC). Compartimos experiencias e aprendizaxes co alumnado e co profesorado da
facultade e con centros educativos que resaltan pola calidade dos seus
proxectos educativos.
Esta actividade está deseñadas coa idea é ofrecerlle ao
alumnado diversas mostras de propostas metodolóxicas innovadoras para
complementar a súa formación no marco do grao que están a cursar e, ao mesmo
tempo, animalos a que escollan os centros en que realizarán as prácticas polas
posibilidades de formación docente, e non tanto por cuestións loxísticas
relativas á proximidade, que é o que acontece na maioría dos casos.
Parabéns aos participantes, a estupenda organización
(Estefanía Mosquera Castro) e as familias que nos acompañaron na estadía (Elia
e Víctor Arufe Giráldez).

martes, 31 de octubre de 2017
CARTA DE PAVANI
Acabamos de recibir unha carta de Pavani, a nena da India que temos apadriñada a través da Fundación Vicente Ferrer. Estamos moi contentos/as ter noticias dela e comprobar como vai avanzando nos estudos e saber algo máis sobre o seu día a día:
Queridos padriños/as: ¡Namaste! Son Pavani. Escribo esta carta con moitas ganas e ilusión. Estou moi contenta de dicirvos que pasei de 8º a 9º curso con boas notas. O meu irmán maior Praven estuda último ano de diplomatura e a miña irmá Pavittura aprovou 10º curso. Nas vacacións de verán fumos a Bangalore. Alí vimos templos e o parque. Paseino moi ben coa miña familia. A miña nai é modista. O meu pai traballa no campo. Moitas grazas pola vosa axuda. Con cariño. Pavani
Etiquetas:
Carta Pavani,
FVF 2017
lunes, 30 de octubre de 2017
jueves, 26 de octubre de 2017
martes, 24 de octubre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)