Con motivo da
celebración do día universal da Infancia e do Día Internacional contra a
violencia de xénero no noso centro,  nas
semanas anteriores, realizáronse diferentes actividades.
·        
Todo o alumnado do centro elaborou  unha frase-eslogan, en diferentes idiomas, en
contra da violencia de xénero e a favor da igualdade . Coas mesmas realizouse un
photocoll  polo que pasaron todos os
cursos cos seus titores.
·        
Os Departamentos de Orientación,  Relixión e Educación Física fixeron a
maquetación das fotos e elaboraron chapas co alumnado de Identidade de Xénero
de 2º curso da ESO. Amáis léronlle contos aos alumnos de Educación Infantil e dos
primeiros niveis de Primaria.
·        
Nas sesións de radio con Lucía
Abarrategui e Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico). tratáronse eses temas.
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario