Fai unha semanas o alumnado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria do CPI Virxe da Cela participamos no proxecto "Trip to the light", unha proposta de Amnistía Internacional Galicia. Máis dunha decena de centros galegos pertencentes á Rede de Escolas de Amnistía Internacional de Galicia fixemos as nosas coreografías e gravamos aos nosos alumnos/as e profesores/as danzando ao son da música. Tras un proceso de edición (no que por problemas técnicos non poideron utilizar os materiais audiovisuais gravados no noso colexio) neste espazo podedes disfrutar do resultado final, un vídeo que resalta a nosa empatía cos miles de refuxiados que teñen que fuxir dos seus países escapando de conflitos bélicos, cun significativo lema: "Primeiro as persoas, logo as fronteiras..."
Xa que por problemas técnicos non puideron usar os nosos vídeos, aquí deixamos á nosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario