viernes, 11 de diciembre de 2015

MERCADILLO DE NADAL "COMERCIO XUSTO"




Achégase o Nadal, e nestas datas tan especiais queremos agasallar aos nosos familiares e seres queridos con múltiples regalos para expresar o noso cariño. Mais ás veces este xesto tan xeneroso convértese nun acto de puro consumismo… Este ano, e da man da ONG Solidariedade Internacional Galicia (coa cal xa levamos colaborando un tempo) trocaremos de hábitos e mercar regalos axudaranos a reflexionar sobre o consumo responsable e o comercio xusto. O comercio xusto é un sistema comercial solidario e alternativo que ten por obxectivo mellorar o acceso ao mercado dos produtores máis desfavorecidos e cambiar as inxustas regras do comercio internacional, que consolidan a pobreza e a desigualdade mundial. É, ademais, un movemento internacional formado por organizadores de todo o mundo. Se vos queredes, pois, unir a este movemento, non deixedes de visitar o CPI Virxe da Cela, que albergará durante a semana do 14 ao 18 de decembro un “stand” de comercio xusto. Aquí poderedes mercar artesanía, café, chocolate, xabóns e outros moitos atractivos produtos de calidade e poder facer os típicos regalos de Nadal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario