viernes, 11 de diciembre de 2015

I XORNADAS DE CONVIVENCIA ESCOLA-UNIVERSIDADE





Luns 7 decembro 2015 

Esta semana finalizaron en Monfero as “I Xornadas de Convivencia Escola-Universidade”, organizadas polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Foi un espazo de encontro entre a comunidade educativa do CPI e os estudantes do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da UDC, dirixido a promover o coñecemento mutuo e a fomentar o traballo colaborativo entre ambos os colectivos. As xornadas desenvólvense ao longo de dous días (10 de novembro e 7 de decembro de 2015), nos que os estudantes universitarios desprazáronse ata Monfero para coñecer de primeira man os distintos proxectos educativos que se están levando a cabo desde o CPI Virxe da Cela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario