viernes, 7 de junio de 2013

CONCURSO ESCOLAR RECICLAXE DE CARTUCHOS




Este é xa o terceiro ano que participamos  no “Concurso escolar de reciclaxe de cartuchos de tinta” promovido por RECOATLÁNTICO (empresa especializada na recuperación de cartuchos baleiros de impresoras e reciclaxe de ordenadores). Este curso hai preto de 100 centros de toda Galicia inscritos no programa. 
 METODOLOXÍA
O funcionamento do concurso é moi sinxelo. No cole recollemos os cartuchos de impresoras baleiros (toner ou tinta) e os almacenamos en caixas de cartón que, unha vez cheas enviamos aos almacéns de RECOATLÁNTICO. Para envíalas só temos que solicitar que veñan a recollelas  e unha empresa pasa polo colexio a tal fin. Unha vez no almacén revísanse e cóntanse e, unha vez contados, abónase ao colexio unha cantidade de diñeiro segundo os cartuchos que recollemos e  o tipo. Tamén cada vez que enviamos cartuchos baleiros, imos acumulando puntos ó longo do curso. Os centros que conseguen máis puntos terán un premio final, ainda que para nós o importante non é o premio senón concienciar a todo@s de que a reciclaxe  non só axuda a conservar os recursos naturais e reduce a cantidade de residuos senon que, tamén, contribue a reducir a contaminación e a demanda de enerxía asi como contribuir  á mellora do mediambiente e da calidade de vida das persoas.
No noso cole facemos dúas entregas ao ano. Este curso fixemos un envío en xaneiro e agora a finais de curso realizaremos o último deste ano. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario