miércoles, 2 de junio de 2010

Moitas Especies. Un Planeta. Un Futuro. Día Mundial do Medio Ambiente 2010




O día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day), unha data na que se tenta concienciar e mobilizar aos cidadáns no coidado e o respecto cara ás distintas especies e ecosistemas do planeta.




Cada ano, Nacións Unidas selecciona unha cidade como sede dos actos internacionais de conmemoración. Nesta edición a sede situarase en Ruanda e baixo o lema "Moitas Especies. Un planeta. Un futuro" farase especial fincapé na importancia vital, para o benestar da humanidade, do coidado e o respecto das distintas especies e ecosistemas do planeta. Así pois Kigali a capital de Ruanda será o lugar para esta celebración mundial do medio ambiente, celebración que contará cunha serie de actividades de varios días que inspirarán a ruandeses, africanos do leste e persoas de todo o mundo a tomar unha acción a favor do medio ambiente.



O tema do Día Mundial do Medio Ambiente 2010 tamén apoia o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica que se celebra este mesmo ano.



Os obxectivos desta data céntranse en:




  • Humanizar os temas ambientais.

  • Motivar ás persoas para que se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostenible e equitativo.

  • Promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais.

  • Fomentar a cooperación, o que garantirá que todas as nacións e persoas poian gozar dun futuro máis prospero e seguro.






No hay comentarios:

Publicar un comentario