Un ano máis o CPI Virxe da Cela quixo sumarse á proposta da SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), que nesta ocasión ten o lema "A educación protéxenos". Despois dun traballo de reflexión nas aulas para concienciar ao alumnado de todos aqueles elementos que a educación nos facilita e aporta, fixemos unha acción conxunta (venres 29 de abril de 2016) na que participou todo o centro. Todos os nenos e nenas da nosa escola tiveron á súa disposición unha pequena tarxeta co lema da SAME e un espazo para cumplimentar cun debuxo, frase, idea, etc. Un pequeno xesto que quedou pendurado baixo un ceo de paraugas, para simbolizar esa protección que a educación nos ofrece. Esperamos que as nosas accións, sumadas ás de milleiros de escolares do mundo entreiro, axuden a ir creando un sistema que garanta unha educación universal e de calidade a todos os nenos e nenas do mundo.
viernes, 29 de abril de 2016
CARTA PAVANI
Acabamos de recibir unha nova carta de Pavani, a nena que temos apadriñada na India a través da Fundación Vicente Ferrer. Transcribimos as súas palabras:
Namaste! A miña familia mais eu estamos ben e esperamos que vós tamén o esteades. Estudo 4º curso na escola residencial do goberno. Fixen os exames semestrais e saquei boas notas. Os meus irmáns estudan moito. Tiven as vacacións das festas de Nadal Samkanthi. Celebramos Samkanthi moi ben. Ese día merquei pulseiras e xoguetes. Os meus pais traballan no campo. A miña familia mais eu vos mandamos un forte abrazo. Pavani.
Etiquetas:
Carta Pavani,
FVF,
Pavani,
Programa Apadriña un neno
jueves, 28 de abril de 2016
IV ENCONTRO RCES: CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO "CONSTRUIMOS?"
O alumnado de 2º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) participará no Congreso Galego de Voluntariado “Construímos”, que terá lugar en Ferrol o vindeiro venres 20 de maio de 2016 no CIS (Centro de Investigación e Servizos de Galicia). Este evento constitúe o encontro final da RCES (Rede de Centros Escolares Solidarios) do Plan Proxecta (Xunta de Galicia), unha rede que leva en funcionamento catro anos e da cal somos membros desde os seus inicios. Entre as actividades que se desenvolverán durante a sesión de mañá figura a conferencia de César Rincón de Castro, o visionado da curtametraxe “Vida” de Rubén Ríos, a presentación do Proxecto de Voluntariado Miúdo “Móvete” (no que o noso centro tamén forma parte). Xa en horario de tarde o alumnado asistente participará en diferentes obradoiros e espazos interactivos, como “Teatro Foro”, “Voluntarradio”, “Audiovisuais Solidarios”, e farase unha visita ao espazo de realidade virtual do CIS, mentres que o profesorado reflexionará sobre os su traballo na rede a través dun “Word Café”. O acto finalizará coa presentación dun vídeo de creación compartida entre os diferentes centros da RCES sobre a importancia da práctica do voluntariado.
Congreso cartel from satelite1
Etiquetas:
IV Encontro RCES,
Proxecta,
RCES
3º REUNIÓN GRUPO INVESTIGACIÓN EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
Reunión a reunión (a última tivo lugar o mércores 27 de abril de 2016) o profesorado participante no grupo de investigación sobre Educación para o Desenvolvento (CPI Virxe da Cela, Universidade da Coruña e Solidariedade Internacional Galicia) imos definindo as liñas de actuación do interesante proxecto que temos entre as nosas mans e que, si todo sae como está previsto, poñerase en práctica o vindeiro curso académico.
Etiquetas:
Proxecto Investigación Educación Para Desenvolvemento,
SIG,
UDC
lunes, 25 de abril de 2016
ILUSIONISMO SOCIAL
O vindeiro martes 26 e mércores 27 de abril estará na Facultade de Ciencias da Educación Javier Encinas, o creador e promotor dun enfoque do desenvolvemento participativo coñecido como "Ilusionismo Social". Realizará un obradoiro aberto o martes 26 de abril de 17:30 a 20:30 horas na aula -1/1.
Etiquetas:
Ilusionismo Social,
Javier Encina
A ESCOLA PROTÉXEME: SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI VIRXE DA CELA
Esta semana no CPI Virxe da Cela unímonos á campaña da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, baixo o lema "La escuela me protege". Iremos repartindo por todas as aulas estas tarxetas para que cada un de nós aporte as súas ideas, e ao final da semana faremos unha posta en común xuntando todas estas tarxetiñas baixo unha instalación de paraugas que simbolicen a protección que nos está a ofrecer a escola.
domingo, 24 de abril de 2016
VACACIÓNS EN PAZ: SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI
Fai varios días a organización Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) contactou co noso centro para lanzar a campaña "Vacacións en Paz", un programa que leva en funcionamento varios anos grazas á colaboración de diferentes concellos galegos. A través de "Vacacións en Paz" nenos e nenas saharauis que viven nos campamentos de refuxiados no deserto de Tinduf en Arxelia, veñen ao noso país co apoio de familias acolledoras, recibindo unha alimentación e unha atención médica axeitada, xa que no seu lugar de orixe carecen dela.
Asimesmo a SOGAPS solicita a solidariedade das familias do CPI Virxe da Cela para facer pequenas aportacións que axuden a costear as viaxes dos nenos e nenas refuxiados. Desde o noso centro trataremos de organizar a través desta ONG unha charla con saharauis e cooperantes que axude a sensibilizar ao noso alumnado sobre o problema dos refuxiados no Sahara Occidental.
viernes, 22 de abril de 2016
22 ABRIL: DÍA MUNDIAL DA TERRA
O Día Mundial da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e eoutras preocupacións ambientais para protexer a Terra. É un día para rendir homenaxe ao noso planeta e recoñecer á Terra como o noso fogar e a nosa nai, así como o expresaron diferentes culturas ao longo da historia, demostrando a interdependencia entre os seus ecosistemas e os seres vivos que a habitamos.
Etiquetas:
22 de abril,
Día Mundial da Terra
martes, 19 de abril de 2016
EMERXENCIA EN ECUADOR
La tarde del sábado 16 de abril la tierra tembló en el noroeste de Ecuador. El seísmo de 7,8 grados (el peor en las últimas tres décadas) se sintió en todo el país y, por ahora, ha dejado un total de 350 muertos, 2.068 heridos y numerosos daños materiales. Ecuador se encuentra en estado de excepción.
Desde Entreculturas estamos en contacto con nuestros socios locales, con los que llevamos trabajando intensamente desde nuestros inicios, para evaluar el alcance de los daños y definir las próximas acciones.
Con tu ayuda podremos atender las necesidades más urgentes en una primera fase de emergencia y abordar la reconstrucción de las escuelas que se han visto afectadas por el seísmo, asegurando así, que los niños, niñas y jóvenes pueden retomar su educación.
Etiquetas:
Emerxencia en Ecuador,
Entreculturas,
Terremoto en Ecuador
lunes, 18 de abril de 2016
ACTIVISTAS DA EDUCACIÓN: SAME 2016
En España xa somos moitas as persoas que nos estamos a mobilizar para Protexer o Dereito á Educación. Premendo na imaxe superior poderedes acceder a unha páxina da CME (Campaña Mundial pola Educación) que de maneira moi didáctica amosa a importancia da educación e anímanos a sumarnos a unha petición que a CME levará aos representantes políticos para recordarlles os seus compromisos firmados coa Axenda de Educación 2030.
viernes, 15 de abril de 2016
PRESENTACIÓN DE ACCIÓNS SOLIDARIAS: PROXECTO "MÓVETE"
E chegou o momento tan esperado. Despois de varias semanas de intenso traballo o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela presentou a proposta de acción solidaria desenvolvida no noso centro dentro do Proxecto "Móvete", nunha xuntanza celebrada o día15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
Esta xornada especial estivo inaugurada por Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen xa visitou o noso centro fai un par de meses, na presentación oficial do Proxecto Móvete. Cecilia agradeceu ao profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a súa participación, así como aos otros centros participantes, o CEIP A Lomba (Villagarcía de Arousa) e o CEIP das Fontiñas.
Como podemos apreciar si observamos o panel "Soño rural", que xunto con trípticos e pegatinas constitúen os materias impresos que levamos para a presentación do noso proxecto, o CPI Virxe da Cela centrou o seu traballo na revalorización do rural, e o traballo presentado foi unha síntese de todas as aportacións realizadas grazas ao traballo de todo o alumnado e profesorado do centro, incluíndo as etapas de educación infantil e ESO. Os outros centros fixeron os seus esforzos cára a protección de animáis e para axudar a cubrir as necesidades básicas ao seu redor.
Este evento tan importante estivo amenizado pola música de Paco Nogueiras, autor e protagonista do videoclip "Móvete", quen ofreceu un concerto en directo e deixou no aire a súa importante mensaxe "E móvete, non perdas tempo, móvete, que todo conta, e móvete, que a vida movemento é". O teremos en conta!!!
Etiquetas:
"Móvete",
Proxecta,
RCES,
Soño Rural
jueves, 14 de abril de 2016
SEGUNDA REUNIÓN GRUPO DE INVESTIGACIÓN EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
O mércores 13 de abril de 2016 celebrouse no CPI Virxe da Cela a segunda reunión do profesorado participante nun interesante proxecto de investigación sobre a Educación para o Desenvolvemento, en colaboración coa Universidade da Coruña e a ONGD Solidariedade Internacional Galicia. Durante un par de horas tratouse de definir unha temática en común para abordar un traballo conxunto no vindeiro curso académico e que se levará á práctica nas aulas da nosa escola, coa participación de todos os ciclos e nivéis (educación infantil, educación primaria e educación secundaria) e coa supervisión e as aportacións da UDC e SIG.
miércoles, 13 de abril de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








