lunes, 31 de diciembre de 2012

NESTE NADAL AS ESCOLAS SEGUEN ILUMINANDO O MUNDO


Así o afirma Entreculturas, unha organización que centra o seu traballo no eido da educación para o desenvolvemento. O CPI Virxe da Cela constitúe un minúsculo punto nesa inmensa rede das escolas do mundo, que tratando de estar conectadas, chegaremos a construír unha fermosa guirnalda para iluminar o camiño de milleiros de nenos e nenas.


 




FLORIDARIA EN NADAL


Eiquí amosamos unha fotografía do crecemento e evolución de Floridaria, aquela pranta solidaria autóctona de Monfero, que no Encontro da Rede Solidaria Entreculturas celebrada no CPI Virxe da Cela en novembro de 2011 repartimos entre todos os asistentes, para lembrar os momentos compartidos. Xa cun ano de vida podemos observar a evolución desta minúscula prantiña que estase a converter nunha fermosa árbore. Serán os coidados e os mimos de María José, a fan nº 1 de Monferosolidario, que rega este piñeiriño con abundantes doses de amor...


jueves, 20 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS DE NADAL

Felices Festas de Nadal para toda a comunidade educativa. Paz e Prosperidade para o vindeiro ano 2013. Desde Monferosolidario quixemos agradecer o enorme esforzo de cada unha das persoas que participaron activamente na Rede Solidaria Entreculturas decorando a nosa árbore de nadal con todos eses rostros que iluminan o camiño para o cambio.





martes, 18 de diciembre de 2012

OPERACIÓN QUILO 2012

En 2008 iniciamos a nosa colaboración coa Cociña Económica de Ferrol. “Operación Quilo: Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol” é unha campaña bianual (Nadal 2008, 2010 e 2012), que ten a finalidade de sensibilizar á nosa comunidade educativa da existencia dun “Cuarto Mundo” moi cerca de nós. Recollemos alimentos e posteriormente os levamos a Ferrol, visitando as instalacións da Cociña Económica e recibindo unha charla sobre a historia e o funcionamento desta institución social. 

O alumnado de Atención Educativa de 1º da ESO (María, Diana, Paula, Andrea, Adrián e Aitor) visitarou as aulas do noso cole animando aos rapaces e rapazas a participar nesta campaña, xa que coa nosa pequena contribución poderemos facilitar alimento a tantas persoas que na presente situación de crise vense obrigados a acudir a un comedor social. Enviamos unha circular a todas as familias para facerlles partícipes desta actividade. Varios grupos de EI e EP foron coas súas titoras de "excursión" ao punto de recollida de alimentos, que está situado próximo á biblioteca escolar, para depositar os seus paquetes de pasta, arroz, azúcar e outros alimentos non perecedeiros. 




jueves, 13 de diciembre de 2012

PENSA COA PRENSA

O alumnado de 2º da ESO (na materia de Educación para a Cidadanía) e o de 4º da ESO (na materia de Ética) están a desenvolver un traballo de investigación-reflexión utilizando a prensa escrita. O proxecto denomínase "Pensa coa Prensa", e está inxerido dentro do programa de Prensa-Escola da Voz de Galicia. Aquí tedes algunhas das fantásticas propostas dos nosos rapaces/as, que se están a convertir en mozos e mozas máis críticos e responsables.


lunes, 10 de diciembre de 2012

10 DE DECEMBRO. DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro celébrase a promulgación na ONU da Declaración Mundial dos Dereitos Humanos. Este é un documento que se aprobou en París en 1948 e que foi suscrito pola Sociedade de Nacións Unidas coa intención de aunar un compromiso ético a favor da dignidade humana, sen ter en conta formulacións xurídicas ou partidistas. Actualmente fíxose máis fincapé na promoción dos dereitos económicos, sociais e culturais, incluído o dereito ao desenvolvemento e o dereito a un nivel de vida adecuado. Tamén prestouse máis atención á protección dos dereitos dos grupos vulnerables na sociedade, incluídas as minorías e os pobos indíxenas, e á protección dos dereitos dos nenos e da muller, incluída a eliminación da violencia contra o maltrato feminino e o logro dos dereitos iguais para as mulleres. 
Se premedes na foto seguinte poderedes acceder ao texto completo dos Dereitos Humanos. É un texto que está adaptado para poder traballalos na aula. 



            

domingo, 2 de diciembre de 2012

MONFEROSOLIDARIO NA REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS, DO PLAN PROXECTA


O pasado sábado 1 de decembro de 2012 as coordinadoras de Monferosolidario asistimos á xornada de formación inicial do Plan Proxecta, celebradas na Universidade Laboral (Culleredo). Cunha duración de 8 horas, estas xornadas de formación ofrecéronnos unha visión global dos obxectivos e liñas estratéxicas do Plan Proxecta, así como unha visión máis detallada dos 18 programas específicos que conforman este plan. O CPI Virxe da Cela é un dos seis centros galegos incluídos na REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS, a través do noso proxecto Monferosolidario. Próximamente as coordinadoras de Monferosolidario reunirémonos co resto do profesorado do noso centro inscrito no Plan Proxecta para deseñar as liñas de actuación conxunta para desenvolver nos próximos meses, e así poder ir aumentando paulatinamente actividades que promovan a solidariedade, a participación e o compromiso a través das diferentes materias do currículo.

lunes, 19 de noviembre de 2012

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA


 En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíra en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo.

O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.

Os rapaces e rapazas de 1º da ESO a través do noso canal "Radio Monfero FM 3.9", realizaron un interesante programa sobre o Día dos Dereitos dos Nenos. Premede enbaixo para escoitalo, seguro que nos vos deixará indiferentes.


                                                 

miércoles, 14 de noviembre de 2012

CARTA DE AGRADECEMENTO DE ENTRECULTURAS

Non se fixeron esperar as palabras de agradecemento da ONG Entreculturas tras o éxito do XIV Encontro da Rede Solidaria, que tivo lugar o pasado sábado 10 de novembro de 2012 no IES Elviña (A Coruña).




Visitade REDEC, a páxina web de Entreculturas. Alí atoparedes máis reportaxes sobre o Encontro.


martes, 13 de noviembre de 2012

FELICITACIÓN DE NADAL DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER






Aínda que un tanto cedo, a Fundación Vicente Ferrer quere compartir connosco a alegría e a esperanza para o Nadal, enviando esta postal navideña. Con texto manuscrito de "arquivo", xa que podemos ver a sinatura do xa finado Vicente Ferrer, a familia Ferrer convídanos a visitar o seu proxecto na India. Nós agradecémoslles a súa invitación, e respostámoslles que aínda que sexa ben lonxe xeográficamente, a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela síntese moi perto deles. Levamos xa con este catro anos traballando no proxecto School to School e cada vez son máis os coñecementos que temos da India e das súas xentes. Alí estaremos, cos nosos corazóns. Próximamente realizaremos unha postal colectiva e a enviaremos á India.


TAPÓNS PARA UNHA NOVA VIDA



domingo, 11 de noviembre de 2012

ÉXITO DO XIV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA



 Queremos informarvos do enorme éxito do XIV Encontro da Rede Solidaria Entreculturas, celebrado no IES Elviña (A Coruña) o pasado sábado 10 de novembro de 2012. Temos que destacar a notable presenza do grupo do CPI Virxe da Cela de Monfero, xa que os 14 rapaces/as, acompañados polas dúas coordinadoras, constituíron o grupo máis numeroso do encontro.
Queremos agradecer a este grupiño de 13 rapazas e 1 rapaz por amosar o espíritu solidario e participativo que estase a xestar na nosa escola. A pesar da choiva, e o frío, impregnaron de calidez a esta xornada, regalando risas, bailes, compañeirismo, vitalidade, etc. Queremos dar os parabéns aos que saíndo ao escenario transmitiron o noso espíritu (Erea e Carla), difundindo as actividades que facemos no centro e compartindo a nosa axenda solidaria para este curso académico 2012-2013. Tamén aos que saíron a presentar os avatares realizados nos diferentes obradoiros (Antía, Sofía e Iago). Tamén agradecemos as aportacións de Cintia e Lucía, que formaron parte dun grupo-piloto nunha dinámica especial programada para un proceso de avaliación da rede. A todos os veteranos/as por continuar ano tras ano na Rede, e a todas as novas fichaxes por dar ese paso que esperemos sexa tan só o primeiro dunha longa traxectoria. Aí vai a lista do grupo de monfero. Gracias a todos vós por acompañarnos:

Rebeca Freijomil Vázquez (1º ESO)
Silvia Mº roca Deibe (1º ESO)
Nerea Couceiro Gómez (1º ESO)
Laura Muíño Méndez (2º ESO)
Cintia Grueiro Buján (2º ESO)
Erea Fernández Lence (2º ESO)
Sofía Pena Freire (2º ESO)
Antía Gómez Ramos (2º ESO)
Alba Amenedo Picallo (2º ESO)
Silvia López Villasenín (3º ESO)
María Fraga Tizón (3º ESO)
Iago Vázquez Cagiao (3º ESO)
Lucía Otero Rodríguez (4º ESO)
Carla López Basteiro (4º ESO)

  • Impresionante a enerxía de Abel e o seu grupiño de +18, que nos mantiveron de pé brincando e bailando, dinamizando a festa e contaxiando enerxía.
  • Fantástica a actuación do grupo de percusión senegalesa de música "mandinga", que a través da música, que é unha linguaxe universal, ofrecéronnos unha divertida e artística lección de "interculturalidade".
  • A Celsa e ao grupiño de alumnos/as do IES Elviña, porque grazas ao seu esforzo e ao seu traballo poidemos utilizar as instalacións do seu centro para realizar o encontro. 
  • A todo o resto dos coles da rede: en cada encontro estamos desexando reunirnos convosco, afianzando os lazos de amizade.
  • A Sandra e José Luís, porque sen o voso esforzo non existiría a Rede en Galicia.
  • A María José, a fan número 1 de Monferosolidario, que sempre nos acompaña nos encontros e colabora de voluntaria en todas as tarefas.
  • Parabéns á empresa de buses " A Capela", xa que a conductora sorprendeunos polo seu dinamismo e sentido do humor. Non lembramos un traxecto tan divertido no bus, cos seus comentarios a través do micro. Por certo, gracias María pola interpretación na frauta, e impresionante o programa de radio retransmitido por Iago, no que con grande retranca esbozaches a plantilla de profesorado do CPI Virxe da Cela. 
Próximamente publicaremos un album de fotografías deste fantástico encontro. 

PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO PARA CENTROS ESCOLARES

A Dirección de Xuventude e Voluntariado pon a disposición de todos os centros escolares de Galicia no curso académico 2012/2013 os seguintes programas: Pasaporte Solidario Rede de Centros Galegos Solidarios O obxectivo de ambos os dous programas é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os escolares se comprometan como voluntarios, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.


Clica na imaxe e visita a páxina web do voluntariado galego.


viernes, 9 de noviembre de 2012

PROGRAMA APADRIÑA UN/UNHA NENO/A

A comezos do mes de novembro o alumnado de 4º da ESO elaborou unha taboa de pagamentos para determinar o número de alumnos/as e profesores/as que durante este curso escolar participarán no programa "Apadriña un/unha neno/a", da FVF. Por segundo ano consecutivo unha nena da India, chamada Pavani, terá acceso á educación, e deste xeito aumentarán as posibilidades de transformar no futuro a súa vida e a da súa familia, xa que as posibilidades de desenvolvemento no districto de Anantapur (A India) son moi reducidas por mor da pobreza. Estas posibilides van en aumento grazas ao traballo da Fundación Vicente Ferrer, que desenvolve proxectos en diferentes eidos: sanidade, educación, vivenda, etc. Mostramos un debuxo que acabamos de recibir da nosa nena Pavani, e esperamos en breves ofrecerlle unha resposta, elaborando unha carta de presentación dos seus novos/as "padriños/as" de Monfero:

Lucía Bouzón Díaz
Elisa Fernández Martínez
Sandra Fernández Rodríguez
Antonio González López
Lucía Otero Rodríguez
Natalia Rodríguez Iglesias
Kevin Rubianes Deibeç
Yaiza Seijas Abeal
Daniel Vázquez Coira
Oscar Vidal Couceiro