OBRADOIRO “RADIO CUN SORRISO”
OBRADOIRO “RADIO CUN SORRISO”
OBRADOIRO “RADIO CUN SORRISO”
Comezan os obradoiros de radio escolar no centro en colaboración coa ONG Agareso.
“Radio cun sorriso” é unha iniciativa do noso centro para traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e o benestar empegando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe e cambio social, o que concorda co traballo realizado por Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social)
Así, as temáticas estarán enfocadas cara ao tratamento dos ODS desde a análise e posta en valor da realidade contextual para despois enfocala cara á globalidade e contando con referentes significativos desta (familias, entidades, asociacións,...) que nos acheguen a propostas de desenvolvemento endóxeno sustentable.
Colaboran nesta proposta: titorías, especialidades de Lingua galega e Literatura e equipos de DLG
e de Orientación.
|
Este curso contamos
co obradoiro promovido pola Consellería de Educación no
marco do programa contra o acoso escolar: PASANDO A BÓLA, XOGANDO
PARA CAMBIAR, do cal o noso centro resultou beneficiario. Ven da mán da Xanela do Maxín. PASANDO A BÓLA XOGANDO
PARA CAMBIAR emerxe como un evento de intervención escolar e
social, onde o xogo dramático serve como ferramenta poderosa
para concienzar ao alumnado. A partir de aí explóranse solucións que se porán
en práctica a través do teatro. Esta actividade está
baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado
na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido.
Unha actividade aborda de forma
única o problema do bullying no
contexto escolar. Neste encontro singular, a
guía da intervención, coa contará coa colaboración do alumnado
voluntario como actores e actrices. En conxunto,
escenificarán escenas construídas especialmente para representar as
diversas manifestacións do acoso nas escolas. Trala presentación destas
escenas, a audiencia convértese en parte activa do proceso. O
alumnado aporta solucións aos comportamentos observados,
encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da
actuación. “Pasando a bóla Xogando para
cambiar” non só ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying,
senón que tamén fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación
de solucións. A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio. Construirán xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respetuoso. |
O noso centro vai participar na sexta edición do Concurso Pilabot tras a boa acollida da nosa participación no curso anterior (229,65 kg netos recollidos). Dito concurso ten como obxectivo fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e a súa familia e o persoal do centro. Esta actividade estará coordinada polo alumnado do 5º curso da Ed. Primaria e piden a nosa colaboración. Desta forma, repartirán polas aulas uns pequenos contedores onde depositar as pilas e acumuladores usados que teñamos nos nosos fogares.
O alumnado as poderá depositar, unha vez cheos, nos contedores colocados no centro para tal finalidade. Unha vez baleirados os poderán levar de novo para o fogar e así, seguir depositado neles estes residuos. Desta forma, queremos favorecer a xestión adecuada da súa recollida selectivas (ben no centro, ben noutros espazos dos Concellos destinados ao efecto).
Máis información: https://pilabot.gal/es/concurso/
Luns 13 xaneiro 2025
Comezamos a nosa participación na REDE COMPÁS coa campaña de difusión entre o alumnado das súas características, obxectivos, plan de traballo e actuacións previstas por parte do alumnado de 4º da ESO que xa participa da iniciativa.
O martes 17 de decembro de 2024 levouse a cabo a última das actividades planificadas para este trimestre dentro do proxecto Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a acción polo clima (2024-2025), financiado pola Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Esta actividade consistiu na visita a unha explotación do sector primario liderada por mulleres, concretamente a Asociación de Redeiras O Feital de Malpica. Fumos recibidos no CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño por Ángeles Mille Rodríguez, e nese mesmo edificio realizamos a primeira parte da actividade, consistente en charla-obradoiro sobre o oficio das redeiras, impartida por Verónica Veres Tasende e Pilar García Ricoy. Aprendimos moitas cousas sobre o oficio, e incluso chegamos a facer prácticas coas agullas de tecer. Visitamos diferentes espazos do CAT, vencellados ao oficio da pesca e das redeiras, e xa como broche final o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou diferentes preguntas a Verónica Veres, para afondar no impacto do cambio climático nos oficios de mar e analizar o papel da muller nesea explotación do sector primario. A continuación visitamos o Cabo e a Ermita de Santo Adrián, e xa en Malpica estivemos na zona do porto, onde a asociacion O Fieital ten a súa sede.
O proxecto "Education4ThePlanet" establece como obxectivo xeral fomentar unha mocidade activa en Galicia, que contribúa na loita contra a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, desde a transformación de actitudes propias e a promoción da sensibilización da súa contorna.
Neste último obradoiro reflexionamos sobre os contidos traballados e creamos o noso propio fanzine.
Os fanzines son revistas de escasa tirada e distribución, feita con poucos medios por persoas aficinonadas a distintos temas.
A través desta publicación caseira, o alumnado de 5º curso da Ed. Primaria creou de forma colaborativo dos diferentes centros participantes na actividade unha publicación que repartiremos nos diferentes centros da iniciativa.
Creatividade a partir dunha idea e a través de debuxos, collage, fotos, textos, comic da que pronto teremos o resultado.
![]() |
| Imaxe de portada do Fanzine elaborado polos tres centros educativos. |
Durante este primeiro trimestre do curso 2024-2025 foron varias as actividadades desenvolvidas para poñer en funcionamento, organizar e dinamizar o proxecto Rede Compás Erasmus+ que se levará a cabo nos vindeiros meses. Deixamos constancia neste pequeno resumo:
O martes 14 de novembro de 2024, de 17:30 a 19:00 horas, aplicación zoom.
Profesorado de cinco centros galegos que van participar na Rede Compás (proxecto Erasmus+), cos coordinadores Roi Quitián e María Lobo (AGARESO).
Martes 3 decembro 2024. O Grupo Motor do CPI Virxe da Cela, liderado por alumnado de 4º da ESO, comunícase con Roi Quitián por videoconferencia.
Venres 13 decembro de 2024: As profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico, que coordinan a Rede Compás no CPI Virxe da Cela, realizan unha videoconferencia Zoom con María Lobo.
Paralelamente a estas actividades de coordinación entre os responsables do proxecto, estamos a realizar reunións periódicas co alumnado do Grupo Motor algúns venres de 15:35 a 16:25 para ir marcando obxectivos e para proporcionar un espazo para que a rapazada poda tomar as súas propias decisións e marcar o rumbo.
O alumnado de Ed. Infantil e o de ESO acudiu ao centro de día do Concello a compartir momentos coas persoas usuarias e a cantarlles unhas panxoliñas desta época tan especial.
Ademais, levamos unha pequena aportación recollida polo alumnado para programa de doazón de alimentos non perecedeiros que leva a cabo o Centro de día O Xestal.
Tivemos moita sorte porque ao sair, os usuarios tíñannos uns agasallos para cada un de nos!
![]() |
| Imaxes desta estupenda xornada de encontro. |
Solidariedade Internacional de Galicia ten en marcha o proxecto O Globo, unha ferramenta pedagóxica que visibiliza e fomenta a participación social e que ten o fin último de formar nos coñecementos, habilidades e valores necesarios para exercer a cidadanía mundial e o desenvolvemento sostible.
O Globo xira en torno a “microexperiencias de transformación social”. Trátase de iniciativas socioeducativas que se organizan segundo a tríada: luces (investigar), cámara (analizar criticamente) e acción (actuar), que pretenden contribuír a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), a través das diferentes temáticas que se poden traballar.
Para traballar baixo esta metodoloxía cos centros educativos a través do profesorado, contamos cunha formación para que esta metodoloxía pode ser utilizada nas aulas como estratexia didáctica. Este curso realizamos a III edición desta formación para continuar aplicando esta metodoloxía nas aulas. Neste caso a través da radio escolar (Radio cun sorriso).
Comentarche que ademais, O GLOBO realiza un encontro anual onde os centros de ensino, as ONG e outros colectivos sociais nos xuntamos e intercambiamos aprendizaxes, reflexionamos e construímos cidadanía global.
![]() |
| Cartel da actividade formativa deste curso escolar. |
5º. Educación Infantil
Dende quinto de E. Infantil e coa colaboración dunha pequena representación das etapas de E. Primaria e a ESO (segundo e primeiro) fixemos unha escenagrofía artística conmemorando o 25 de novembro, día internacional da non violencia de xénero. Para isto tivemos de referentes a canción de Fillas de Cassandra “cuando nadie ve” e a artista Ana Marieta coa obra (impresiones de cara sobre vidreos). Ambas tratan un poco a pérdida e deconstrucción da realidade e do eu, chegando a esquecer a súa personalidade. Os paus simbolizan as vítimas e os nenos representar o silencio das mesmas e do seu arredor. Agora toca que o resto do centro interactúe con ela. Agardamos que vos guste tanto como o que eles aprenderon.
| Imaxe das actividades deseñadas para a etapa. |
Un ano máis celebramos o 25N, Día contra a Violencia de Xénero. Entre todo o alumnado do centro creamos un mural co lema "Abre as túas ás e voa".
A
provincia da Coruña conta con dous parques naturais: o Parque Natural Fragas
do Eume e o Parque Natural Complexo Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e
Vixán, e unha Reserva da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e
Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces son descoñecidos
pola poboación da mesma provincia, incluso polas persoas que viven en
Concellos situados no seu interior. O
programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido desde o CEIDA co apoio da
Deputación da Coruña, posibilita poñer en valor nos centros educativos da
provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais
protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na
súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a
visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á
súa protección e conservación. Desta forma, o alumnado do 3º ciclo conta neste curso escolar con dúas propostas:
|
|
| Imaxe do primeiro obradoiro dentro deste programa do CEIDA. |