martes, 25 de abril de 2017

PROGRAMA TEI. UNHA ESTRATEXIA EDUCATIVA PARA A MELLORA DA CONVIVIENCIA


No curso 2017-2018 desenvolverase no centro o programa de prevención do acoso escolar: Programa TEI. Titoría entre iguais. Para iso é moi importante que toda a comunidade educativa o coñeza.
Hoxe martes 25 de abril contamos co autor do programa, Andrés González Bellido (Mestre, Orientador educativo, Licenciado en Psicoloxía, e Catedrático en orientación), por este motivo, invitámosvos a participar na seguinte actividade:

CHARLA: “Programa TEI. Unha estratexia educativa para a mellora da convivencia”.
PONENTE: Andrés González Bellido
DATA: 25 de abril de 2017
HORA: 20 horas
LUGAR: CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Sala de usos múltiples)


Experiencias. Aulas 2.0: Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!

A experiencia de programar con Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!

                                          Podedes acceder premendo na seguinte imaxe:


viernes, 21 de abril de 2017

AGRADECEMENTO COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL

A Cociña Económica de Ferrol agradece ao noso centro á aportación de alimentos realizada no IX Rastro Solidario.

lunes, 17 de abril de 2017

XA ESTÁ AQUÍ A "SAME",CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN, 2017

Este ano do 24 ao 29 de abril celebraremos a Semana de Acción Mundial pola educación (SAME), baixo o lema “Pide a palabra pola educación”, para esixir  aos representantes políticos que cumpran os seus compromisos en materia educativa e que promovan espazos que permitan a participación da cidadanía no proceso. O dereito a unha educación gratuíta, equitativa, inclusiva e de calidade para todas as persoas.

                    

XOGAR POLA EDUCACIÓN
Si premes no seguinte enlace poderás coñecer a través dun xogo o que sabes sobre a SAME e as educación no mundo. Atrévete a xogar!!!


viernes, 7 de abril de 2017

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA SOLIDARIEDADE

Desde o CPI PlurilingüeVirxe da Cela queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, país, nais, profesores e persoal non docente pola participación e colaboración no IX rastro solidario, no cal recadamos 29 caixas de alimentos que foron donados á Cociña Económica de Ferrol e a cantidade de 255,20 € que foron ingresados na conta de Ayuda en Acccion e que irán destinados a apoiar á poboación afectada pola emerxencia en Perú  debido ao fenómeno climático de El Niño

MOITAS GRAZAS A TODO@S POLA VOSA COLABORACIÓN E SOLIDARIEDADE.



#monfesosolidario: Moita xente pequeña en moitos lugares pequenos, facendo cousas pequeñas…cambiará a face da terrra



martes, 4 de abril de 2017

III XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO. EDUCACIÓN PARA TODAS E TODOS: HORIZONTE 2030

Esta tarde na mesa de investigación nas III Xornadas de educación para o desenvolvemento. Educación para todos e todas. Horizonte 2030, celebradas na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago,  presentamos o Proxecto piloto de investigación - acción colaborativa en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia e a Universidade da Coruña.





lunes, 3 de abril de 2017

O alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe.


Durante dúas horas, de 11.00 a 13.30 horas, un grupo de catorce escolares de 5º e 6º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela xunto coas súas docentes impartiron docencia hoxe  luns 4 de abril, na Facultade de Ciencias da Educación (aula 24 do edificio de Campus Norte). Esta é unha iniciativa que se desenvolve no marco das actividades complementarias da materia ‘Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de 4º curso do grao de Mestre.

Na xornada, as profesoras Camino Pereiro e Lucía Abarrategui xunto co grupo de escolares amosaron como a través de técnicas de traballo cooperativo é posible integrar as TIC como tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento. Concretamente, os nosos alumnos/as de 5º e 6º  son os protagonistas dun proxecto práctico no que empregan as tecnoloxías emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como ferramentas de traballo na aula. Nesta sesión en Ciencias da Educación explicaron o proceso de traballo realizado.
                                                                                         Parabens rapaces!!!!

 Aquí vos deixamos  reportaxe fotográfica da xornada

               

O MUNDO QUE QUEREMOS.

Coa xenerosidade das persoas que están afeitas a traballar pola súa comunidade, o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela puido gozar de Marleni Polo, coordinadora das promotoras de saúde dos bateyes, palabra de orixe caribeño, que significa “lugar ocupado polas vivendas, barracóns,…nas fincas das Antillas dedicadas ao cultivo da cana de azucre”, acompañada de varias persoas da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
Concretamente, Marleni Polo traballa polo desenvolvemento destes bateyes en República Dominicana, e comezou a facelo con só 13 anos de idade!!.
O papel das promotoras de saúde é organizarse entre as mulleres de forma voluntaria que, coa axuda de ONGs galegas, de Asamblea de Cooperación pola Paz, que comezou o seu traballo en Galicia coa execución dun proxecto en República Dominicana, pretenden o acceso sostible a auga potable salubre e ao saneamento básico e a mellora no eido sanitario nos bateyes.
Destacar o papel de Marleni por convertirse nun exemplo positivo para todas as mulleres, dándolles protagonismo no desenvolvemento da súa comunidade e reivindicando os seus dereitos desde unha perspectiva de xénero.

A charla rematou animando ao alumnado a ser consciente do poder que temos cando todos e todas xuntos traballamos en prol da nosa comunidade.




sábado, 1 de abril de 2017

TODO UN ÉXITO A IX EDICIÓN DO RASTRO SOLIDARIO NO CPI VIRXE DA CELA

Todo un éxito a IX edición do xa tradicional Rastro Solidario no Virxe da Cela. Coa ilusión de sempre os alumnos /as, profes, pais , nais e persoal non docente visitaron durante todo o día de hoxe o rastro, facendo as compras dos obxectos expostos. Coma nas últimas edicións, a compra foi por medio do troco con alimentos e...non nos podemos queixar xa que recadamos preto de 29 caixas que serán doadas á Cociña Económica de Ferrol. Tamén na nosa caixiña de donativos recadamos a significativa cantidade de 250,20 € que serán para apoiar á poboación afectada pola emerxencia en Perú  debido ao fenómeno climático de El Niño, que deixou ao seu paso 75 falecidos e 100.000 damnificados, e que enviaremos a través da ONG Ayuda en Acción.
Como complemento á xornada de hoxe o alumnado do centro asistiu a diversos obradoiros de Comercio Xusto e consumo responsable impartidos polos membros da ONG Solidariedade Internacional Galicia.
Queremos agradecer a colaboración das nais da ANPA que estiveron toda a mañá axudando a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as compras dos máis pequenos, ao profesorado implicado e por suposto ao alumnado de 4º ESO e 3º ESO xa que sen eles non sería posible a realización de este exitoso  IX Rastro Solidario.

             

viernes, 31 de marzo de 2017

A VAQUIÑA POLO QUE VALE

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título é: A Vaquiña polo que Vale.
Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:

CONCURSO DE LOGOTIPOS



DESFILE DE VACAS








jueves, 30 de marzo de 2017

Xornada de portas abertas o luns, 27 de marzo.


PROXECTO DOS MASAI DE INFANTIL

Hoxe  os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...





lunes, 20 de marzo de 2017

CURSO DE FORMACIÓN IMPRESORA 3D

Neste mes o profesorado do centro tivo o curso de formación sobre a impresión 3 D. Grazas a Ayuda en Acción e á empresa RICOH poidemos formarnos no manexo da impresora coa que contamos xa no noso cole. O plan de formación foi o seguinte:

 DIA 1
 1. Introducción a la impresión 3D
 2. Mantenimiento de la impresora
 3. Instalación software Repetier

 DIA 2
4. Diseño en 3D con Tinkercad
 5. Impresión de un objeto en 3D
 6. Práctica. Impresión de un objeto

 A motivación e implicación do profesorado foi sobresainte. Agora esperamos quitarlle un bo partido e seguir avanzando no uso e manexo das novas tecnoloxías.