No curso 2017-2018 desenvolverase no centro o programa de
prevención do acoso escolar: Programa TEI. Titoría entre iguais. Para iso é moi
importante que toda a comunidade educativa o coñeza.
Hoxe martes 25 de abril contamos co autor do programa,
Andrés González Bellido (Mestre, Orientador educativo, Licenciado en
Psicoloxía, e Catedrático en orientación), por este motivo, invitámosvos a
participar na seguinte actividade:
CHARLA: “Programa TEI. Unha estratexia educativa para a
mellora da convivencia”.
PONENTE: Andrés González Bellido
DATA: 25 de abril de 2017
HORA: 20 horas
LUGAR: CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Sala de usos
múltiples)
No hay comentarios:
Publicar un comentario