lunes, 18 de abril de 2016

10 CERTAME "INICIATIVA SOLIDARIA 2015-2016"

ACTIVISTAS DA EDUCACIÓN: SAME 2016


En España xa somos moitas as persoas que nos estamos a mobilizar para Protexer o Dereito á Educación. Premendo na imaxe superior poderedes acceder a unha páxina da CME (Campaña Mundial pola Educación) que de maneira moi didáctica amosa a importancia da educación e anímanos a sumarnos a unha petición que a CME levará aos representantes políticos para recordarlles os seus compromisos firmados coa Axenda de Educación 2030.


viernes, 15 de abril de 2016

PRESENTACIÓN DE ACCIÓNS SOLIDARIAS: PROXECTO "MÓVETE"

     E chegou o momento tan esperado. Despois de varias semanas de intenso traballo o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela presentou a proposta de acción solidaria desenvolvida no noso centro dentro do Proxecto "Móvete", nunha xuntanza celebrada o día15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). 
    Esta xornada especial estivo inaugurada por Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen xa visitou o noso centro fai un par de meses, na presentación oficial do Proxecto Móvete. Cecilia agradeceu ao profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a súa participación, así como aos otros centros participantes, o CEIP A Lomba (Villagarcía de Arousa) e o CEIP das Fontiñas. 
    Como podemos apreciar si observamos o panel "Soño rural", que xunto con trípticos e pegatinas constitúen os materias impresos que levamos para a presentación do noso proxecto, o CPI Virxe da Cela centrou o seu traballo na revalorización do rural, e o traballo presentado foi unha síntese de todas as aportacións realizadas grazas ao traballo de todo o alumnado e profesorado do centro, incluíndo as etapas de educación infantil e ESO.  Os outros centros fixeron os seus esforzos cára a protección de animáis e para axudar a cubrir as necesidades básicas ao seu redor. 
     Este evento tan importante estivo amenizado pola música de Paco Nogueiras, autor e protagonista do videoclip "Móvete", quen ofreceu un concerto en directo e deixou no aire a súa importante mensaxe "E móvete, non perdas tempo, móvete, que todo conta, e móvete, que a vida movemento é". O teremos en conta!!!




 

jueves, 14 de abril de 2016

SEGUNDA REUNIÓN GRUPO DE INVESTIGACIÓN EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO


O mércores 13 de abril de 2016 celebrouse no CPI Virxe da Cela a segunda reunión do profesorado participante nun interesante proxecto de investigación sobre a Educación para o Desenvolvemento, en colaboración coa Universidade da Coruña e a ONGD Solidariedade Internacional Galicia. Durante un par de horas tratouse de definir unha temática en común para abordar un traballo conxunto no vindeiro curso académico e que se levará á práctica nas aulas da nosa escola, coa participación de todos os ciclos e nivéis (educación infantil, educación primaria e educación secundaria) e coa supervisión e as aportacións da UDC e SIG.

miércoles, 13 de abril de 2016

CHEGOU O PAQUETE DA KONAMPALLI SCHOOL

VISITA DE LANCY DODEM, FUNDACIÓN VICENTE FERRER







       Como se pode observar nas imaxes que ilustran esta crónica, a visita de Lancy Dodem ao CPI Virxe da Cela foi un acontecemento recibido con grande espectación e cariño (mércores 13 de abril de 2016). Este home de grande sabiduría, nacido na India pero afincado en Barcelona, leva visitando o noso centro desde o ano 2010, sendo a voz e o exemplo da Fundación Vicente Ferrer, organización que o acolleu sendo neno nos comezos dos programas de apadriñamento e facendo del a persoa que hoxe é. Veu acompañado, como xa algo habitual, pola simpática e agradable fotógrafa coruñesa Yolanda Ferrer, representante da FVF na cidade herculina. Bicos, abrazos e sorrisos para dar a benvida a estes dous grandes amigos e coñecidos no noso centro. 

     Nesta ocasión, debido á súa apretada axenda, impartiu soamente unha charla ao alumnado de primaria. Os nenos e nenas o recoñeceron ao instante, e pouco a pouco fumos comprobando todos os detalles que lembraban da India a raíz de anteriores visitas. De novo prestaron moitísima atención ás explicacións de Lancy, que inaugurou a súa charla abrendo o paquete que casualmente chegou ao colexio fai un par de días procedente da Konampalli School, con que levamos a cabo un proxecto de intercambio cultural, School to School, tamén promovido pola FVF. A charla rematou co visionado dun interesante video e quedou tempo suficiente para pasar a unha rolda de preguntas na que os máis pequenos/as esforzábanse alzando as súas mans e formulando as súas preguntas. Despedimos a Lancy cun forte aprauso e convidámolo a visitar de novo a nosa casa para o vindeiro curso académico. 



VIVE O RURAL: PROXECTO MÓVETE


O rural, 3º eso virxedacela from satelite1

Aquí vos deixamos a colaboración de 3º da ESO para o proxecto "Móvete", que se está levando a cabo no CPI Virxe da Cela coa intención de "revalorar o noso rural". É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.  

lunes, 11 de abril de 2016

E SE FOSE EU?



Fai un par de semanas coñecimos esta campaña que se levou a cabo o día 6 de abril no país veciño, Portugal,  "E se fosse eu? Fazer a mochila e partir". Quixémonos sumar a esta iniciativa e o alumnado de 2º e 3º da ESO do CPI Virxe da Cela por uns instantes tivo que poñerse na pel dun refuxiado, tratando de facer unha mochila para deixar atrás a súa patria, familia e casa e fuxir a outro lugar buscando auxilio. Un pequeno acto simbólico pero de enorme importancia para comprender a situación de milleiros de sirios e sirias que desesperadamente queren salvar as súas vidas e para concienciarnos como europeos para empatizar con eles e non pechar as nosas fronteiras. 









jueves, 7 de abril de 2016

ENCONTRO DE TRABALLO DA REDE DE EDUCAÇAO PARA A CIDADANÍA GLOBAL










     Convidadas pola ONG Entreculturas en representación do profesorado galego, dúas profesoras do CPI Virxe da Cela e coordinadoras do proxecto Monferosolidario participaron no Encontro de traballo da Rede de Educación para a Cidadanía Global, que tivo lugar o pasado sábado 9 de abril de 2016 en Braga (Portugal). Esta reunión serviu para difundir o traballo que se está a realizar tanto no noso centro como en xeral na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas en Galicia, e para establecer un punto de encontro que facilite posteriores intercambios entre Galicia e o Portugal. 

      Foi unha xornada moi intensa onde comprobamos a enorme implicación que teñen os/as docentes portugueses pertencentes á Rede de Educación para a Cidadanía Global, unha rede moi nova, con apenas dous anos de traxectoria, e que está loitando por introducir as prácticas de Educación para a Cidadanía Global no día a día das escolas portuguesas. Esperemos que outros moitos docentes se unan a esta rede loitando polo mesmo fin, e seguro que co grande esforzo e enormes ganas que están a poñer, irán pouco a pouco transformando non só a educación, senón a sociedade e xeral. Moito ánimo e parabéns polo voso traballo!

 

XUNTANZA DE CENTROS DO PROXECTO MÓVETE


Proxecto móvete voluntariado miudo from satelite1

Penduramos o programa e instrucións para a xornada de Accións Solidarias do Proxecto "Móvete"  que terá lugar o vindeiro venres 15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), na que participará o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela (Monfero).

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO



O pasado mércores 6 de abril de 2016, un grupo de profesores e profesoras do CPI Virxe da Cela, participantes no proxecto de investigación sobre Educación para o Desenvolvemento en colaboración coa Universidade da Coruña e Solidariedade Internacional Galicia, asistiron a unha sesión de formación, impartida por Ana Lampón (SIG). Penduramos neste blogue algúns dos materiais que se visionaron, para aqueles que os queran consultar.



martes, 5 de abril de 2016

PROXECTO MÓVETE: XA TEMOS LOGO


Durante a última semana de marzo eleximos o logo co lema que representará o noso 
Proxecto Móvete.




De todos os participantes, dez foron os finalistas, pero tan só un foi o gañador…


Moitísimas grazas a todos e a todas por participar!
Nótase que no Virxe da Cela movémonos polo rural! 


A TOLERANCIA RELIXIOSA

lunes, 4 de abril de 2016

PLAN DIRECTOR GARDA CIVIL: PREVENCIÓN RISCOS INTERNET



O venres 1 de abril de 2016 recibimos á visita da Garda Civil para impartir unha charla de "Prevención de riscos en Internet". Non é a primeira vez que se realiza esta actividade no noso centro, xa que ano tras ano a Garda Civil a través deste Plan Director pretende responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e xóvenes na escola e na súa contorna, fortalecendo a cooperación policial coas autoridades educativas nas súas actuacións para mellorar a convivencia e a seguridade no ámbito escolar. 

A charla estruturouse en tres quendas: para 3º ciclo de primaria, para 1º ciclo da ESO e para 2º ciclo da ESO. Seguindo unha presentación en power point fóronse expoñendo os principais riscos asociados ás novas tecnoloxías e máis concretamente ao uso das redes sociais, e para recapacitar sobre toda a información suministrada fíxose o visionado de varios vídeos que puxeron de manifesto o perigo que entraña o uso das redes sociais, algo ao que estamos moi habituados e utilizamos sen ser conscientes das súas consecuencias.