sábado, 8 de marzo de 2014

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller, que se celebra cada ano o 8 de marzo, bríndanos a oportunidade de revisar os retos pendentes e os logros alcanzados en canto á execución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio relativos ás mulleres e as nenas. Este é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir mais cambios e celebrar a valentía e a determinación de mulleres da pé que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
O lema deste ano, «Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s», subliña como a igualdade de xénero, o empoderamento das mulleres, o respecto total dos dereitos humanos das mulleres e a erradicación da pobreza son esenciais para o desenvolvemento económico e social.
Coa data límite de 2015 xa próxima para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), o Día Internacional da Muller é tamén unha oportunidade para pasar revista aos retos pendentes e os logros conseguidos na execución dos ODM para as mulleres e as nenas.

Os países nos que hai mais igualdade de xénero experimentan un maior crecemento económico. As empresas que contan con mais líderes mulleres logran mellores rendementos. Os acordos de paz que inclúen as mulleres son mais duradeiros. Os parlamentos nos que hai mais mulleres aproban mais leis sobre cuestións sociais clave como a saúde, a educación, a loita contra a discriminación e a manutención dos nenos. As probas non deixan lugar a dúbidas: a igualdade da muller supón progresos para todos.».
                                                                                                  Ban Ki-moon Secretario Xeral da ONU

Aquí deixamos un podcast no que o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela reflexiona sobre os Dereitos das Mulleres a través dunha exposición de Amnistía Internacional.

                                                                    

viernes, 7 de marzo de 2014

PODCAST DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA (30 DE XANEIRO)

Entrevista radiofónico ao alumnado de 1º da ESO, que falan sobre a cultura da Paz e da Non Violencia.



PODCAST ENTREVISTA "MONFEROSOLIDARIO"

Alba, alumna de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), entrevista ás súas compañeiras de clase Raquel e Laura sobre as actividades que se están desenvolvendo a través do proxecto de educación en valores "Monferosolidario". Penduramos aquí o podcast:

jueves, 6 de marzo de 2014

SAME 2014

Sumemos capacidades. Polo dereito a unha Educación Inclusiva

Baixo este lema, neste ano defenderemos o dereito dos 93 millóns de nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade no mundo a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, que satisfaga as súas necesidades básicas de aprendizaxe e enriqueza as súas vidas. Destes 93 millóns de nenos e nenas, o 90% non asiste á escola e, quen si o fai, ten menos posibilidades de finalizar os seus estudos que o resto dos seus compañeiros/as. Esta desigualdade acentúase nospaíses máis empobrecidos.

Esta causa merece a pena, non cres?

Axuda en Acción, Educación sen Fronteiras e Entreculturas presentan, un ano máis, a
Campaña Mundial pola Educación





domingo, 2 de marzo de 2014

PODCAST CARTAS A GANDHI

O alumnado do CPI Virxe da Cela diríxese a Gandhi no aniversario da súa morte para conmemorar o Día da Paz (30 xaneiro 2014)

martes, 25 de febrero de 2014

VIOLENCIA SEXUAL NOS PAISES NÓRDICOS

Ás veces a lexislación é un dos factores que determinan o grado de violencia que está "permitida" nos diferentes paises. A pesares de ter unha imaxe moi avanzada dos paises nórdicos, atopámonos con contradiccións, xa que en Dinamarca as mulleres que sofren violencia sexual non están totalmente amparadas ante a lei.

NENAS TRABALLADORAS EN HAITÍ

A situación da infancia está en total desventaxa en algúns lugares do planeta. Tomemos por caso Haití, que ademais de ser un dos países máis pobres, a súa poboación está sometida a condicións que violan os dereitos humanos. Na illa de Haití hai millares de nenas que están sometidas á explotación sexual e laboral. Estas son as reflexións do alumnado de 1º da ESO

TRABALLADORAS DOMÉSTICAS EN INDONESIA

En algúns lugares do mundo, algunhas nenas e mozas están sometidas a traballos moi duros no fogar, incluso chegando a estar esclavizadas. Aquí están as observacións do alumnado de 1º da ESO en relación ao panel de Traballadoras Domésticas en Indonesia da exposición de Amnistía Internacional.

FORMACIÓN ESCOLAR EN IRAK

Estas son as propostas do alumnado de 1º da ESO en relación á exposición de Amnistía Internacional sobre os Dereitos das Mulleres. Centraranse neste apartado na formación escolar en Irak.




lunes, 24 de febrero de 2014

PODCAST OS DEREITOS DAS MULLERES

O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela reflexiona sobre os Dereitos das Mulleres a través dunha exposición de Amnistía Internacional.

                                                                    

sábado, 22 de febrero de 2014

CRÓNICA DO IV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

      Por terceira vez consecutiva, o CPI Virxe da Cela participa no Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas que se celebra bianualmente en Guadarrama (Madrid). Neste xa IV Encontro da Rede, que leva por lema “Remóvete e actúa pola educación e os dereitos humanos”, bateuse o record de asistencia: casi 300 persoas, entre alumnos/as, profes, técnicos/as e voluntarios/as de Entreculturas. Outra das trazas que poderían definir este último encontro é a “diversidade”, xa que nesta ocasión contamos coa presenza de mozos/as e docentes de diferentes países (Ecuador, Colombia, Portugal, Malta, Italia, etc), que aportaron grande riqueza na fala, na cultura, e na maneira de entender o mundo.
 
      A pesares do madrugón do venres 14 e a tensión dunha longa viaxe en bus loitando coas adversidades atmosféricas (digamos que as rachas de vento se percibían como auténticas “turbulencias”), chegamos ao noso destino ao final desa mesma tarde, e a partires de aí sucedéronse unha tras outra as diferentes actividades programadas. Como podedes ver nas fotos, Rocío, Laura, Iago e Adrián comportáronse como uns perfectos embaxadores/as do noso centro, amosando a súa boa disposición, don de xentes, participación activa, e outras moitas virtudes… Sabemos que foi para eles unha experiencia inesquecible, e proba disto foron as bágoas que se verteron no autobús o domingo ao mediodía, no momento da volta a casa… As profes Yolanda e Verónica tiveron a oportunidade de reencontrarse con outros/as docentes galegos/as que tamén pertencen á Rede, ampliaron a súa formación a través de charlas e dinámicas e… aínda que os anos pasan factura… estiveron á altura das circunstancias dándoo todo na sesión disco da noite do sábado…