miércoles, 22 de enero de 2014

O MONTE É A NOSA VIDA, AXÚDANOS A COIDALO

Como todos e todas ben sabedes, o Obxectivo 7 dos ODM está encamiñado a garantir a sostenibilidade do medio ambiente. O alumnado de secundaria do CPI Virxe da Cela está a traballar de maneira interdisciplinar os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, e aproveitando esta ocasión penduramos as bases do concurso "O monte é a nosa vida: axúdanos a coidalo", para animar a profes de diferentes materias e alumnos/as a deixar voar a súa imaxinación e creatividade, unidas aos coñecementos adquiridos sobre o tema, e... á espera estamos dos resultados... 

COLOR ESPERANZA

Festival de Nadal, 20 de decembro de 2013:



Hoxe celebramos un día de festa, sen embargo, para moitas mulleres este é un día moi triste. Nós, os alumnos e alumnas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela, querémoslles facer unha homenaxe. Cada día, sesenta españolas, reciben as palabras que máis temen: “Tes cáncer de mama”. Non só elas reciben a noticia, tamén terán que asumilo os seus familiares, os achegados, a súa contorna máis próxima. Seguramente, todos/as os que estamos aquí, teremos algún caso coñecido. E como esta enfermidade nos afecta a todos/as, queremos dedicar esta canción “Color Esperanza”, e repartir os lazos rosas que simbolizan a loita contra a erradicación do cancro de mama, en apoio a todas elas.
 



MÚSICA DE CORES

“Agora Toca… Música de Cores” é unha propoasta de actuación da Fundación Ayuda en Acción con fins educativos en relación co Día Escolar da Paz e da Non Violencia, que pretende xuntar ao redor dunha mesma narración a toda a comunidade educativa. Aínda que nun comezo está pensada coma unha actividade musical, pretende involucar a todo o centro en non só aos docentes desta materia. Por tanto penduramos neste espacio unha guía para o profesorado, onde atopareces distintas “follas de ruta” para traballar co voso alumnado, segundo o curso.

miércoles, 15 de enero de 2014

OS RAPACES E RAPAZAS DE 6º DE EP. ILUSTRAN OS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro é o día no que se conmemora a DECLARACION UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.Según estos principios todas as persoas temos dereito á dignidade,e se todos cumplísemos estos dereitos neste mundo non terían cabida as guerras e as inxustizas.Todo o mundo viviría en paz e liberdade. Os nenos e nenas de 6º de PRIMARIA pensan que é moi importante coñecelos para que o mundo sexa un pouco mellor cada día e por iso traballaron nesta declaración, escolleron un para ilustralo e logo fixeron un mural para compartir cos seus compañeiros e compañeiras o seu traballo. Así foi como quedou. 


                                       

miércoles, 8 de enero de 2014

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2014

Este ano 2014, a Campaña Mundial pola Educación (CME) reivindica, baixo o lema "Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva", que os sistemas educativos dean resposta a todos os nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, é dereito dos 93 millóns de nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade e non asisten á escola ou teñen menos posibilidades de finalizar os seus estudos. Por iso, este curso a CME constrúe a súa mensaxe para sensibilizar á sociedade e reivindicar ante os poderes públicos a necesidade de garantir o dereito a unha educación inclusiva a todas aquelas persoas con algún tipo de discapacidade. A CME ofrece materiais didácticos e de difusión para traballar o dereito á educación inclusiva nos centros escolares, adaptados a cada nivel do ensino (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, persoas adultas e educación non formal).
 

domingo, 22 de diciembre de 2013

FELICITACIÓN DE AECID NO NADAL

A Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo lanza esta esperanzadora mensaxe para o ano que está a piques de comezar, e entre todos, loitar para erradicar a pobreza no mundo. Sabemos que é o primeiro dos obxectivos (ODM), e, por suposto, desde o noso centro trataremos de sensibilizar á nosa comunidade educativa para contribuír á consecución do mesmo.

sábado, 21 de diciembre de 2013

CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ONG AYUDA EN ACCIÓN


No pasado mes de novembro tivemos unha reunión coa ONG Ayuda en Acción para negociar un convenio de colaboración entre esta organización e o CPI Virxe da Cela. Ayuda en Acción comunicábanos o seu interese en iniciar un tipo de colaboración co noso centro, xa que a través do proxecto Monferosolidario estabamos a traballar en prol da educación en valores e encaixábamos perfectamente na súa filosofía de acción. Podemos anunciar oficialmente que ese convenio xa está vixente. O pasado xoves 19 de decembro de 2013 tivemos unha reunión na que tomamos parte as coordinadoras de Monferosolidario, a dirección do centro, representantes da AMPA do noso cole e a técnico de Ayuda en Acción, na que se firmou un compromiso conxunto, no que todas as partes uniremos o nosos esforzos e esperamos acadar un enriquecemento mutuo. Polo de pronto estamos xa inscritos no programa educativo "Ahora Toca..." de Ayuda en Acción, e tan pronto iniciemos o segundo trimestre académico incorporaremos as propostas educativas e as actividades do mesmo.

viernes, 20 de diciembre de 2013

362 EUROS PARA FILIPINAS


Grazas á axuda de toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela, os damnificados/as do furacán Yolanda recibirán con todo o noso cariño os 362 euros recadados na campaña "Emerxencia en Filipinas", a través da ONG Entreculturas. Non servirá para paliar as consecuencias desa castástrofe natural, nembargantes será unha pequena contribución que será moi ben recibida agora que o Nadal está petando nas nosas portas...



miércoles, 18 de diciembre de 2013

ÉXITO DA CAMPAÑA EMERXENCIA EN FILIPINAS

Fantástica acollida da campaña "Emerxencia en Filipinas". Durante esta semana están expostos na entrada do edificio de secundaria os obxectos de fieltro decorativos de nadal elaborados artesanalmente polo alumnado de 1º da ESO e 6º de primaria,así como a hucha mascota-porquiño realizada polos máis pequerrechos/as de educación infantil. Todos os cartos resultantes da venda de obxectos e donativos serán enviados a Filipinas, aos danmificados do desastre do furacán que tivo lugar o pasado mes de novembro, a través da ONG Entreculturas. Quixaramos facer unha mención moi especial ao noso compañeiro Adrián (1º ESO), xa que invertiu unha cantidade de horas e esforzo en materializar parte dos obxectos e recardar entre achegados e familias unha morea de cartos que inauguraron a hucha... Os nosos parabéns, Adrián...



PODCAST MONFEROSOLIDARIO AXUDA A FILIPINAS
  Adrián Marcos, de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela, fala da iniciativa que se levou a cabo para axudar aos damnificados do tifón Yolanda, que arrasou Filipinas a finais do ano 2013

OBRADOIRO DE RADIO

Para completar esta xornada de formación dentro do proxecto "Cooperación Galega: O Mundo que Queremos" (Plan Proxecta 13-14), o alumnado de 3º e 4º da ESO recibiu un obradoiro de radio impartido por Monserrat Fernández. Tanto Monserrat como Óscar Vázquez (obradoiro de fotoxornalismo) son membros da ONG AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), compartindo e transmitindo a idea de que os medios de comunicación son una poderosa ferramenta para denunciar e combatir as inxustizas. A través dos exemplos das radios comunitarias Monserrat amosounos como poden estas constituír un elemento para empoderar á propia sociedade. Os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO aprenderon a distinguir diferentes estilos e elementos que conforman a linguaxe radiofónica, e incluso fixeron os seus "pinitos" co micrófono (se ben é certo que previamente no noso centro xa tivemos experiencias previas na gravación de podcasts radiofónicos). Tomando como base os Obxectivos do Milenio e distribuídos en grupos, estes mozos e mozas tratarán de sacarlle partido a este medio, e durante o segundo trimestre elaborarán guións radiofónicos, realizarán as gravacións, e incluso iniciarse no mundo da edición, a través do programa Audacity. Os resutados estarán en breves no aire...


martes, 17 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

Dentro do proxecto "Cooperación Galega: O Mundo que Queremos", (Plan Proxecta 2013-2014) contémplanse unha serie de obradoiros que se desenvolverán ao longo do curso. O primeiro deles está baseado na fotografía, e levouse a cabo no CPI Virxe da Cela o pasado martes 17 de decembro de 2013. Neste caso concreto, este obradoiro de fotografía estivo dirixido para os rapaces e rapaces de 2º da ESO, e impartido polo fotoxornalista galego Óscar Vázquez, quen amosou parte do seu traballo fotográfico, así como as creacións doutos fotógrafos a nivel mundial que utilizan a fotografía coma unha ferramenta para a denuncia e a crítica social. Baseándonos na temática dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, o alumnado de 2º da ESO organizouse en pequenos grupos, tratando de fixar un dos ODM no que centrarán o seu traballo para o segundo trimestre. Por unanimidade elexiuse o Obxectivo nº 7, que consiste en garantir a sostenibilidade do medio ambiente, e tratarase de desenvolvelo a nivel local, incidindo na nosa contorna máis próxima. 


martes, 10 de diciembre de 2013

10 DE DECEMBRO "DÍA DOS DEREITOS HUMANOS"

Con esta foto tomada no corazón de Soweto (Sudáfrica) vos desexamos un feliz Día dos Dereitos Humanos e, ao mesmo tempo, dedicamos o noso adeus ao maestro MANDELA un símbolo mundial da defensa dos mesmos e da loita contra o apartheid.