Prezada comunidade do CPIP Virxe da Cela,
Pola presente, a Comisión de Educación da Coordinadora Galega de ONGD ten o pracer de convidarvos ao
ACTO DE ENTREGA DO II PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL,
que se celebrará o vindeiro venres 24 de marzo de 11:00-13:30h na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural Santa Marta (Rúa Antonio Rama Seoane nº6) en Santiago de Compostela.
Como centro gañador do Premio na anterior edición, na que ademais non se pudo celebrar un acto aberto e colectivo por mor da pandemia, nesta ocasión encantaríanos poder contar con representación do voso centro educativo neste día tan especial de celebración e recoñecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario