“Cando un escoita a radio semella que o proceso é tan sinxelo como poñerse diante dun micrófono e falar. Pero o primeiro que hai que ter para facer boa radio é algo que contar, algo que dicir e facelo dun xeito organizado, preparado, empregando os recursos propios da linguaxe radiofónica para que o resultado sexa o mellor posible. Facer radio non é sinxelo pero é marabilloso. É crear un mundo novo, cas nosas voces, un mundo aberto a todos. E que mellor xeito de facelo que co voluntariado como guía, e coas voces de xente nova (como neste caso foi o alumnado do CPI Virxe da Cela e do CPR Abrente) como motor. Nós, dende a nosa experiencia tratamos de achegar á xente ao mundo da radio pero o que obtemos a cambio é un aprendizaxe moi grande. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con dous voluntarios de primaria, Adrián (como axudante técnico) e Marta (como axudante de produción) que nos ensinaron a todos que a ilusión e as ganas de colaborar son fundamentais. Porque os pequenos, tamén nos poden dar unha lección aos máis grandes. Porque o voluntario é cuestión de querer.” Lucía Abarretegui e Sergio Pascual, Laboratorio Radiofónico “Radio Itinerante Creativa”.
Estas palabras de Lucía e Sergio poden servir como resumo da experiencia vivida na IV Congreso do Voluntariado “Construíndo” da RCES (Rede de Centros Escolares Solidarios) que tivo lugar o pasado venres 20 de maio de 2016 no CIS (Centro de Investigación e Servizos) de Ferrol. Foi unha xornada espectacular cun rico e variado programa: unha interesantísima charla de César García Rincón, a proxección dos emotivos documentais “Vida” e “ Máis que Vida” do director ourensán Rubén Riós, as presentacións dos coles que participaron no proxecto “Móvete” (coa intervención da dosa directora Camino Pereiro expoñendo o traballo realizado no CPI Virxe da Cela), e xa en sesión de tarde varios obradoiros simultáneos e un especial radiofónico que deu clausura a este día tan completo. Queremos dar os parabéns aos 15 rapaces/zas de 2º da ESO que representaron ao noso centro, e ás colaboracións especiais de Marta e Adrián (educación primaria) e tamén as de María e Diana (4º de ESO) dando sempre exemplo do saber estar e comportarse e dunha activa participación e serio compromiso.
parabéns pola vosa implicacion!!!
ResponderEliminarsaúdos!!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar