jueves, 25 de febrero de 2016

AS FAMILIAS TAMÉN PROGRAMAN








Os cambios vertixinosos da sociedade precisan que a escola sexa quen brindar respostas educativas adecuadas a nova realidade. Neste senso o CPI Virxe da Cela de Monfero esta sempre a vangarda, con varios proxectos de innovación educativa que priman o valor dunha educación de calidade enmarcada na colaboración institucional pública e privada, a participación activa da comunidade e a inclusión educativa. Bo exemplo dos mesmos son proxectos como Monferosolidario, Paisaxe e Sustentabilidade ou o programa E-Dixgal de implementación de recursos dixitais para o traballo diario das aulas. 

 Ditos proxectos forman parte dunha perspectiva global e interdisciplinar das aprendizaxes, que neste curso escolar vaise ver reforzada pola posta en marcha do Proxecto GENIOS, desenvolvido en colaboración coa Fundación Ayuda en Acción e Google.org. A plataforma escollida para o seu desenvolvemento é Scratch, xa que permite, ademais de desenvolver os fundamentos básicos da programación informática, estimular as capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e co traballo por proxectos e cooperativo. Ademais, permitirá ao alumnado reflexionar sobre valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos, o respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción. Nun principio foron dúas sesións á semana durante un cuadrimestre que asentaron as bases dunha nova forma de pensar e relacionarse coa aprendizaxe, tanto do alumnado como do profesorado e impartidas por un profesional do ámbito, neste caso Yon Penas de Jóvenes Inventores. 

Dado o éxito da experiencia, ampliámola a través do Club Genios, para trasladar a experiencia ao resto da Comunidade Educativa. Dentro dista iniciativa, hoxe (martes 23 de febreiro de 2016) fomos máis aló: as familias do alumnado acudiron as aulas para aprender con nós este fantástico mundo da programación. O alumnado actuou de docente, levando a cavo un obradoiro cooperativo de creatividade educativa, configurando a escola como unha comunidade de aprendizaxe. A experiencia, aportou complicidade, ilusión e a concepción da escola como un espazo compartido de aprendizaxe.


martes, 23 de febrero de 2016

A VIDA: O MELLOR AGASALLO

Alejandro Montero. 23 feb. Doazón e transplantes.






    Existen profesións que esixen unha grande vocación, entre elas a Medicina. Gran exemplo disto foi a charla que tivo lugar o pasado luns 23 de febreiro de 2016, impartida polo doutor Alejandro Montero Salinas, que traballa no CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) e dirixida ao alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela. 
    Para dar comezo explicou con todo detalle o proceso de reanimación cardiopulmonar, unha acción que calquera de nós podemos ter que levar á práctica nun futuro e pode chegar salvar vidas. Na segunda parte da charla abordou as temáticas da doazón e do transplante, non so desde o punto de vista médico, senón desde o punto de vista humano. Detrás das cifras e dos números existen persoas xenerosas que consideran que un transplante é un beneficio para toda a comunidade. 
  Tal como se reflicte no prólogo do caderno “A Vida, o mellor agasallo”, da Oficina de Coordinación de Transplantes (Servizo Galego de Saúde), “a información é esencial para conseguir unha actitude positiva fronte á doazón de órganos e tecidos, vencer os tabús que a rodean e coñecer os beneficios de dispor unha sociedade solidaria que toma a mellor decisión en momentos difíciles”. 


 

lunes, 22 de febrero de 2016

XORNADAS DE CONVIVENCIA RCES











    Cecilia Vázquez participou no serán de hoxe no encontro que está a ter lugar no colexio compostelán de La Salle. Na Rede de Centros Escolares Solidarios participan este ano un total de 16 centros educativos, que engloban a un total de 1.537 alumnos coordinados por 113 docentes.Todos os alumnos e alumnas participantes neste proxecto reciben un certificado da Dirección Xeral acreditativo da acción voluntaria realizada, que se inscribirá como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. 

     A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no serán de hoxe na xuntanza da Rede Escolar de Centros Solidarios que está a ter lugar no colexio compostelán de La Salle. Unha iniciativa que ten como principal obxectivo promover os valores da solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa -pais, nais, profesorado e alumnado- e favorecer que os escolares se comprometan como voluntarios, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue ao alumnado a realidade do voluntariado. 

   O programa tamén pretende establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que os mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade. Na Rede de Centros Escolares Solidarios participan este ano un total de 16 centros educativos, que engloban a un total de 1.537 alumnos coordinados por 113 docentes. Cada un dos colexios desenvolve con liberdade o seu proxecto solidario ou programa propio de voluntariado, nunha dobre modalidade. Os rapaces poden optar por un proxecto único ou ben por un proxecto realizado en colaboración cunha entidade inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. 

     No primeiro caso, o traballo repercute no mesmo centro ou no seu alumnado, a través dunha serie de accións voluntarias levadas a cabo polos mozos que incidan no coidado das instalacións, deseño de blogs, actividades fóra do centro escolar, elaboración de materiais multimedia, ou no apoio doutros alumnos: nas tarefas escolares, nenos con necesidades específicas, alumnado de novo ingreso. No segundo caso, os mozos e mozas realizan actividades solidarias a favor da entidade de acción voluntaria. As actividades poderán ser moi variadas, e sempre en función da entidade destinataria, como facer unha tómbola para conseguir fondos, organizar unha obra de teatro ou un concerto de panxoliñas no Nadal. 

    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado presta apoio e asesoramento aos centros escolares que se adhiren ao programa, que reciben unha unidade didáctica sobre voluntariado elaborada de xeito especial. Esta coordinación compleméntase con charlas e sesións formativas, ademais de por a disposición dos centros interesados todos os seus recursos e medios técnicos dispoñibles na materia. Todos os alumnos e alumnas participantes neste proxecto reciben un certificado da Dirección Xeral acreditativo da acción voluntaria realizada, que se inscribirá como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. 

     A Rede de Centros Escolares Solidarios forma parte do labor de fomento do voluntariado nos máis novos. Os mozos galegos teñen a posibilidade de desenvolver un itinerario voluntario completo e continuo. Un itinerario que comeza co programa ‘Móvete’ para os primeiros cursos de primaria, o Pasaporte Solidario dirixido a mozos de ata 12 anos, continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

martes, 16 de febrero de 2016

12 DE FEBREIRO: DÍA DOS NENOS SOLDADO









 Más de 230 millones de menores viven en zonas afectadas por conflictos armados.Esta situación, unida a contextos de pobreza y vulnerabilidad hace que sean blancos fáciles para ser reclutados como menores soldado. En Entreculturas sabemos que la educación es la mejor herramienta de prevención y de rehabilitación de los niños y niñas que han sido víctimas de estas situaciones. Por eso apoyamos proyectos de educación en países en los que se sigue reclutando menores soldado como Colombia, Sudán del Sur y República Democrática del Congo.






lunes, 15 de febrero de 2016

MÓVETE

             








 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe este proxecto piloto no CEIP Virxe da Cela de Monfero. A iniciativa tamén se levará a cabo no CEIP das Fontiñas de Santiago e no da Lomba en Vilagarcía de Arousa. O programa “Móvete” pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través de valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vincula á música como elemento de motivación. A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inicia de xeito experimental o programa “Móvete” de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación Primaria. 

Este proxecto piloto levarase a cabo en tres centros de ensinanza Infantil e Primaria: o Virxe da Cela de Monfero, o das Fontiñas de Santiago e o da Lomba en Vilagarcía de Arousa. En total, participarán en Móvete ata final de curso máis dun cento de nenos e nenas entre os 6 e os 10 anos de idade. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou esta mañá este programa no CEIP Monfero, que “pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación”, dixo. 

 Así, este programa conta como base coa canción e o vídeo “Móvete” de Paco Nogueiras, a través da que se elaborará unha unidade didáctica de aplicación a través duns obradoiros en cada centro. Os obxectivos da unidade didáctica céntranse na posta en valor da solidariedade e na acción voluntaria como medio para mellorar as realidades dos máis desfavorecidos. Accións solidarias en cada centro. Nas unidades didácticas cada centro escollerá unha acción solidaria para desenvolver co alumnado, que estará adecuada ás idades do grupo seleccionado e que poderá ser de sensibilización ou dun carácter máis activo, segundo o diagnosticado nos obradoiros iniciais. 

 Por último, Cecilia Vázquez destacou que “con este proxecto estamos en disposición de ofrecerlles aos mozos e mozas galegos a posibilidades de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo”. De tal xeito que este itinerario comeza en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces de ata 12 anos-, continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.


V ENCUENTRO GLOBAL ENTRECULTURAS




    Levaban anos esperando esta oportunidade: Silvia Roca e Nerea Couceiro son as dúas alumnas de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela que representaron ao noso centro no V Encontro Global da Rede Solidaria de Xóvenes de Entreculturas que tivo lugar en Guadarrama do 12 ao 14 de febreiro de 2916, acompañadas das profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico. Casi 300 personas (entre rapaces, rapazas e profes) de toda España e de Colombia, Nicaragua, Ecuador e República Dominicana compartimos un fin de semana intenso cheo de experiencias, ideais e compromisos por una educación transformadora e, en definitiva, un mundo mellor. 

    Destes días de convivencia profes e alumnas traemos as pilas cargadas, convencidas de que é posible cambiar o mundo e de que temos que difundir esta idea no noso centro: transmitir a filosofía da Rede Solidaria e tratar que cada unha das nosas accións teñan como obxectivo provocar un cambio, que por pequeno e insignificante, terá un impacto tanto nas nosas vidas, na nosa contorna como no devenir do noso Planeta. Así o fixeron Nerea e Silvia ante os seus compañeiros de 4º da ESO, contando a súa experiencia: a chegada ao albergue, a acollida dos seus compañeiros, as veladas de xogos, as dinámicas de grupo, os xantares conxuntos, etc. Parabéns Silvia e Nerea por estes catro anos de traxectoria na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, e esperamos que, aínda que este é o voso último ano no centro, no futuro podades seguir formando parte como voluntarias ou simplemente como militantes da cultura da paz e da solidariedade.  



                             



                    
                   
                   Programa profes from satelite1
                       
                       Programa jóvenes from satelite1


jueves, 11 de febrero de 2016

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA





Non hai tanto tempo da declaración destas orientacións para as mulleres, co fin de acadar que fosen "boas esposas". Afortunadamente, a evolución da nosa sociedade, e a educación en igualdade delas e deles, posibilitou que estes preceptos acaden un sentido absurdo.... Pero aínda hai moito por facer no terreo da igualdade real, da xustiza social, e, por iso, no CPI Virxe da Cela, estamos a traballar ó redor da data arriba mencionada (8 marzo).