miércoles, 5 de mayo de 2010

ENVÍO FVF

O Mércores 5 de Maio vivimos un fermoso momento que agardabamos dende fai semanas. Recibimos o paquete postal que nos enviou a escola Konampalli, de Anantapur (India), centro asignado para o noso intercambio cultural dentro do Proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. Xuntámonos na biblioteca o alumnado de Educación Infantil, o alumnado de 2º da E.S.O., (grupos que dentro do proxecto elaboraron a actividade de intercambio epistolar), e vivimos con emoción o momento de abrir o paquete postal. O contido é un dossier con información sobre esta escola india: mapas para indicar a situación, descrición do centro con texto e fotografías, unha carta de presentación manuscrita utilizando o alfabeto hindi, a súa tradución ao castelán, un listado do alumnado indicando os seus gustos e hobbies, unha descrición dos xogos que realizan os nenos e nenas no seu recreo, etc.



Dous alumnos de 2º de ESO son os encargados de abrir o paquete



Alumna de 2º de E.S.O. fai a lectura da carta, e os pequenos escoitan con atención




Vista xeral da Biblioteca co alumnado observando os materiais do paquete


Nenas de infantil observando as imaxes da escola Konampalli




A profesora de 2º da E.S.O. pasando as follas do dossier



As alumnas de 2º da E.S.O. comentan detalles que lles chaman a atención


Os/as alumnos/as de 2º de E.S.O. len atentamente a información do dossier


Mapa indicando a situación da escola Konampalli na rexión de Anantapur, A India.


Carta dos/as alumnos/as da escola Konampalli escrita co alfabeto hindi

Vistas da escola Konampalli

Nenos e nenas da escola Konampalli co seu profesor

3 comentarios:

  1. Bibiana é Natalia14 de mayo de 2010, 11:33

    Parecenos moi ben o que están facendo no noso colexio.Os nenos da India mandaronos unha carta con fotos e imaxes de todo o que fan durante todo o día,por exemplo:eles no colexio non teñen luz,mesas,sillas...en diferenza a nos que temos de todo neste colexio.Eles levantanse as seis da mañán para ir ao colexio, algúns deles só van pola mañán mentres que outros van case todo o día.
    Nós cremos que a súa vida é peor que a nosa, gustaríanos seguilos axudando.

    ResponderEliminar
  2. O mércores 5 maio,recibimos un paquete dos alumnos da escola da India konanpalli.Enviaronnos unha carta na que nos contaban o que facián durante o día.
    Tamén nos enviaron unhas fotos do seu centro aportado polos seus alumnos.
    A nós gustounos moito a carta que nos enviaron por que descubrimos novas cousas que pensamos que ocurrian doutra maneira,coma por exemplo,que vaian a dous colxios distintos todo o día.
    Deprimiunos bastante decatarnos que teñen que estudar sentados no chan e ás escuras.
    Teñen unha letra moi bonita, o malo é que non a entendemos.
    Decatamonos de que somos moi afortunados de ter o centro que temos e de ter unha boa educación

    ResponderEliminar
  3. Diego e Oscar . 1º ESO14 de mayo de 2010, 11:38

    O C.P.I.Virxe da Cela está a facer grandes sacrificios por a India.Mandámoslles mapas,cores,libros,etc.Estivemos facendo fotos para mandárllelas.Eles mandaronnos a nos un paquete con cousas. Os pobres nenos non tiñan nin mesas para escribir,tampouco tiñan cadeiras nin luces e un encerado moi pequeno.
    Entón os nenos de Monfero estamos moi contentos de ser tan afortunados e para o ano que ben xa contactaremos con eles outra vez

    ResponderEliminar