jueves, 17 de septiembre de 2009

ENTREGA DE PREMIOS

Este luns 14 de setembro, entregáronse os I Premios de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”. Como un dos 15 centros premiados por iniciativas vinculadas á educación para o desenvolvemento, o C.P.I. VIRXE DÁ CELA , asistiu á entrega dos mencionados premios. Na cerimonia de entrega, participaron o Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Miguel Angel Moratinos, o Ministro de Educación, Angel Gabilondo, a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, a Directora da AECID, Elena Madrazo, e Moncho Ferrer, fillo do cooperante Vicente Ferrer, a quen se dedicou o premio.

A nosa directora Mirian Seoane e Verónica Dopico foron as encargadas de recoller o premio. A continuación deixámosvos unha reportaxe gráfica e os enlaces da web de AECID nos que se fai referencia á entrega dos premios.




Verónica Dopico recibindo o premio da man do ministro Moratinos

A nosa directora, o Ministro de Educación Ángel Gavilondo e Verónica
Verónica e Moncho Ferrer, fillo de Vicente Ferrer

Unha vez máis, parabéns a todos e, mil grazas polo traballo e a labor realizados.

1 comentario: