miércoles, 18 de marzo de 2009

RASTRO SOLIDARIO

PROPOSTA DA ACTIVIDADE: Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria estase a programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer.

Save the Children, é unha ONG que está levando a cabo un proxecto de educación en valores, para contribuír á mellora da vida de moitos nenos e nenas do Níxer.


1ª FASE: Campaña de sensibilización. Terá lugar durante o mes de Marzo, para dar a coñecer a realidade no Nixer, e concienciar ao alumnado da necesidade de colaborar con esta causa. Esta campaña de sensibilización abordarase dende diferentes actividades:

-Traballo nas titorías coa Revista Para la Solidaridad de Save the Children: Solidaridad con la infancia de Níger, Rastro Solidario.

-Proxección do documental S.O.S Níger, de Unicef, coa participación de Ana Duato e Inmanol Arias.

-Visionado de diapositivas da viaxe realizada por Carmen Espiñeira a Camerún para traballar como voluntaria nun proxecto de cooperación.

-Charla-obradoiro da Cruz Vermella de Betanzos, sobre as súas actividades de acollida para os inmigrantes no concello de Betanzos. Participación dun grupo de inmigrantes senegaleses para falar en primeira persoa das súas experiencias, e peche da charla cunha exhibición de percusión africana.


2ª FASE: Organización e posta a punto do Rastro Solidario.

Data: Venres 3 de Abril 2009. Data proposta para a realización do rastro solidario en xornada única. Xustificación da idoneidade desta data: no mes de Abril celébrase a campaña mundial pola educación; o día 3 de Abril farase a entrega das notas e comezarán as vacacións de Semana Santa.

Lugar: Entrada edificio de Secundaria.




...........................................................
Queridas familias:
Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria estase a programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer. Por isto solicitamos a súa colaboración, que poderán contribuír de maneira voluntaria aportando os obxectos que estarán á venda no Rastro.
-Cada alumno/a poderá aportar un máximo de 3 obxectos.
-Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro, e que non sexan moi voluminosos.
-Os alumno/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través das titorías na semana do 23 ao 27 de Marzo de 2009.
-Os obxectos deberán estar metidos nunha bolsa, coa ficha de descrición debidamente cuberta.
-Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o Venres día 3 de Abril de 2009, en horario lectivo, situado na entrada do edificio de Secundaria.
-Todo o material que non se venda será devolto posteriormente ao seu propietario/a.
Monfero, a 6 de Marzo de 2009
-------------------------

A SUPERVIVENCIA: UNHA LOITA CONTINUA EN NIXER
En Nixer os nenos e as nenas teñen moi difícil o chegar a cumplir cinco anos. De feito, un de cada cinco non o acadará!. As veces, unhas gotas de auga poden ser a clave. ¡Poñamos a nosa gota!




No hay comentarios:

Publicar un comentario