lunes, 21 de diciembre de 2009
XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN: COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE.
viernes, 18 de diciembre de 2009
A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (II)
lunes, 14 de diciembre de 2009
Monferosolidario: Educación en valores e corresponsabilidade comunitaria.
viernes, 11 de diciembre de 2009
MENÚ DEGUSTACIÓN DE GASTRONOMÍA TÍPICA DA INDIA
A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (I)
Xoves 10 de Decembro de 2009: Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O. foron os protagonistas dunha xornada de difusión do importantísimo labor de Vicente Ferrer na India. Realizaron actividades deseñadas para o Proxecto School to School que estase levando a cabo este curso, facendo un intercambio cultural entre o noso centro e unha escola de Anantapur, na India. As actividades consistiron en:
1.- Impartir charlas co título "A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer", con visionado de diapositivas.
2.- Realización de diversos obradoiros na Biblioteca Escolar: danzas típicas da India, láminas e debuxos apreciando diferencias entre a nosa cultura e a cultura india, vestimentas típicas da India, etc.
Programamos todas as actividades que se realizaron simultáneamente en diferentes espazos do noso centro. Distribución:
-Espazo UUMM1, de 14:45 a 16:25, o alumnado 4º E.S.O. imparte a charla ao alumnado 2º Ciclo Ed. Primaria
-Espazo UUMM2, de 14:45 a 15:35, o alumnado 3º E.S.O. (grupo A) imparte a charla ao lumnado Ed. Infantil
-Espazo UUMM2, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) imparte a charla ao lumnado 1º Ciclo Ed. Primaria
-Bibliteca Escolar, de 14:45 a 15:35, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) realiza obradoiros para o alumnado de 1º Ciclo de Ed. Primaria.
-Biblioteca Escolar, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo A) realiza obradoiros para o alumnado de Ed. Infantil.
Iria, Desiré e Vanesa no obradoiro de debuxos
viernes, 4 de diciembre de 2009
lunes, 30 de noviembre de 2009
VISITA AO C.P.I. "CRUZ DO SAR", BERGONDO
jueves, 26 de noviembre de 2009
25 NOVEMBRO.DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia de xénero, que consiste na violencia que se exerce sobre as mulleres, polo simple feito de selo, ten a súa orixe na posición de desigualdade na que as mulleres están situadas na sociedade.A violencia contra as mulleres, represéntase de moi diversas formas: violacións, acosos sexuais e laborais, no sexismo publicitario, na trata de mulleres e nenas, na prostitución, na mutilación xenital, na feminización da pobreza, na marxinación da política, na invisibilidade das nosas achegas, na eliminación da nosa Historia,…
Todos deberíamos ter claro que a violencia de xénero non desaparecerá mentres non acabemos coa discriminación que as mulleres sofren nesta sociedade.

Sen embargo, os nenos e as nenas, fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia de xénero non están sendo considerados vítimas directas desta violencia, quedando invisibilizados.
“Os fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero adoitan presentar alteracións físicas, emocionais e conductuais tales como trastornos do sono ou da alimentación, cadros de ansiedade, estrés, baixa autoestima ou depresión, agresividade ou depresión, dificultades de concentración e alteracións no rendemento escolar”.
( Montserrat Tohà directora da Fundación IreS)
Por todo, queremos alzar a nosa voz para reclamar que se recoñeza aos nenos e nenas que sofren violencia familiar e de xénero na casa como vítimas desta violencia, que se cuantifique o número real de nenos e nenas que se encontran nesta situación e que todos aqueles profesionais que realicen unha intervención con estes nenos e nenas teñan unha formación específica tanto en infancia coma en violencia de xénero; especialmente os profesionais dos xulgados de violencia de xénero que atenden ás mulleres e os seus fillos e fillas cando van a pór unha denuncia.

domingo, 22 de noviembre de 2009
A CIDADE DA ALEGRÍA

Drama sobre a pobreza baseado no best-seller homónimo de Dominique Lapierre, sobre os desherdados e a miseria dos habitantes da India. A película céntrase na historia dun xoven cirurxián norteamericano desilusionado (Patrick Swayze) que, tras perder a unha paciente, viaxa á India en busca de paz espiritual. En Calcuta, tras ser mallado e roubado, é axudado por un campesiño indio e unha enfermeira que o levan a unha clínica na Cidade da alegría, unha das zonas máis pobres de Calcuta. Condenados a ser heroes, pelexarán, loitarán e vencerán no medio das inundacións, a pobreza, a miseria, os deuses, as festas e as setenta mil "luces do mundo "que poboan A cidade da Alegría. A súa epopeia é un canto de amor, un himno á vida, unha lección de tenrura e de esperanza para todas as persoas do noso tempo.
jueves, 19 de noviembre de 2009
20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS
A proposta didáctica deste ano para o 20 de novembro céntrase na interculturalidade, entendida como unha diversidade positiva e enriquecedora. O obxectivo é que os nenos, nenas e moz@s comprendan que na realidade coexisten opinións diferentes, relixións diferentes e nacionalidades diferentes, sen ser unhas máis válidas que as outras e merecendo todas o mesmo respecto.


miércoles, 18 de noviembre de 2009
REMATE DA CAMPAÑA "SHOES FOR AFRICA"
Teresa, profe de CCSS e encargada de AAEE, posa coas alumnas de 3º da E.S.O.,
.
Yolanda, profe de Relixión, entregando as bolsas con zapatos no Corte Inglés da Coruña.
martes, 17 de noviembre de 2009
VISITA A SOTAVENTO
Consideramos de gran interese a adquisición de coñecementos e conciencia crítica para reforzar os contidos impartidos dende as materias de Tecnoloxía, Ciencias Sociais e Educación para a Cidadanía, na E.S.O.
O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO realizou unha visita guiada polas instalacións. Os monitores explicaron de maneira lúdica e amena a importancia das enerxías renovables en Galicia: solar, hidráulica, de hidróxeno, biocombustible, e sobre todo eólica. Percorrimos as instalacións do centro, visionamos un documental sobre a producción de enerxía, aprendemos ideas para o aforro energético doméstico, que tentaremos levar á practica nas nosas propias casas, fixemos un pequeno paseo (en bus, xa que a choiva nos acompañou nesta xornada) polo parque, ollando de preto os aeroxeneradores. Os profesores acompañantes tiveron a oportunidade de mostrar as súas dotes de condutores nun pequeno obradoiro de condución eficiente.
Atendendo ás explicacións do monitor
martes, 10 de noviembre de 2009
A ESPALDA DO MUNDO

Primeira longametraxe do peruano Javier Corchera, autor de varios documentais como Minuesa, una ocupación con historia (1994); Refugiados (1995); Perú, presos inocentes (1996) o Chiapas, hablan los rebeldes (1998). O guión é do propio Javier Corchera, Fernando León de Aranoa (director de Barrio) e de Elías Querejeta, que é tamén o productor. O guión deste documental comenxou a xestarse en París, nos días nos que se conmemoraba o 50 aniversario da Declaración dos Dereitos Humáns.
Guinder Rodríguez ten once anos. Pertence a unha familia composta por pai, nai, e tres irmáns máis. Viven nunha casa-chabola en Carabaillo, un pobo na periferia de Lima, Perú. Igual que os seus amigos, Michael, Cuti, Raúl e Martín, Guinder trabilla como picapedreiro e intenta compaxinar traballo e educación.
viernes, 6 de noviembre de 2009
CONCURSO DE LOGOTIPOS "MONFERO SOLIDARIO"
BASES:
1. Dirixido a : Todos os alumnos/as do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual ou por parellas.
2. Tema: O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico que identifique “Monfero Solidario” en todos os ámbitos, e á vez convertirase na imaxe representativa do mesmo. Valorarase calquera tipo de referencia que se identifique coas actividades de “Monfero Solidario”.
3. Lema: O logotipo poderá incluír texto: “Monfero Solidario” ou ser simplemente gráficos (unha imaxe). Tamén se poden presentar lemas relativos ao tema.
4. Formato: Tamaño mínimo un A4 (21x29,7 cm) e máximo un A3 (29,7x42 cm).
5. Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc. Non poderá ter ningún tipo de elemento tridimensional: cortes, encartados, obxectos pegados, etc. Non se poden usar cores metalizadas nin purpurina.
6. Características: So poden utilizarse un máximo de 2 cores planas, sin contar o branco . Ten que ser unha imaxe moi sinxela tanto na forma como na súa interpretación.
7. Data límite de entrega: Mércores 9 de decembro de 2009. Entregaranse ás profesoras de Plástica ou nos Departamentos de Música e Relixión.
8. Premios: Os premios entregaranse o día 22 de decembro. Outorgaranse tres premios consistentes en cheques-regalo para a compra de material escolar. Un premio para infantil e primaria, outro premio para secundaria e o 1º premio, que ademais do cheque-regalo será o logotipo que “Monfero Solidario” utilizará no blogue e en calquera outro soporte que represente ao proxecto. Farase unha exposición dos traballos presentados no centro e no blogue.
9. Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.