Xoves 27 de marzo de 2025, de 10:30 a 11:15. Aula de Ferraganchos. Representantes do alumnado dos 5 centros galegos que participan no Proxecto Rede Compás (Erasmus+), realizan unha videoconferencia para organizar a actividade Hackatlon que se levará a cabo conxuntamente os días 23, 24 e 25 de abril de 2025 en Allariz. Para a vindeira semana os representantes do alumnado reunirase co resto dos rapaces/zas inscritos no proxecto para informarlles sobre os acordos tomados.
jueves, 27 de marzo de 2025
miércoles, 26 de marzo de 2025
O ALUMANDO DE 3º DA ESO, GAÑADOR AUTONÓMICO DO CONCURSO ESCOLAR ONCE
O alumnado de 3º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero resultou gañador en Galicia do 41 Concurso Escolar do Grupo Social ONCE. En esta ocasión, a iniciativa invitaba aos participantes –tomaron parte 12.700 escolares de 249 centros educativos da Comunidade– a reflexionar e traballar sobre os aspectos negativos que ten a soedade non desexada, “tendo en conta a maior incidencia que esta ten nas persoas con discapacidade”.
O xurado baseou a súa decisión na creatividade, orixinalidade e adaptabilidade sendo os traballos
presentados accesibles para todas as persoas. Tras a fase autonómica, agora
representarán a Galicia no nacional. Moita sorte e parabéns ao alumnado e a súa
titora Inés.
Logo da actividade presentada
Explicación do logo.
viernes, 21 de marzo de 2025
ENTREVISTA A MULLERES ACTIVISTAS POLO CLIMA EN GALICIA: CASA GRANDE XANCEDA
Venres 21 de marzo de 2025. 15:35 horas. Aula Ferraganchos. Entrevista a Cristina (Casa Grande Xanceda)
Entrevistas a realizar polo alumnado a mulleres cun papel protagónico no combate contra o cambio climático a partir do sector primario (gandería, pesca, agricultura, apicultura) que sairán maquetadas nunha publicación de carácter colaborativo, que levará por título: Historia de mulleres activistas polo clima en Galicia.
Casa Grande de Xanceda, é unha granxa láctea ecolóxica en Galicia. Co leite fresco e ecolóxico das nosas 380 vacas felices producimos iogures e queixos ecolóxicos! Realizamos visitas guiadas á granxa, nas que aprenderemos todo o proceso desde o campo á neveira.
DEFENDE A EDUCACIÓN, APAGA A EMERXENCIA
Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á Campaña Mundial pola Educación (CME). A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha semana onde máis de 124 países que traballamos para garantir o ODS 4 mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, os medios de comunicación, a sociedade en xeral e especialmente, a dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas no mundo, enmarcado na Axenda 2030.
Este ano, a SAME 2025 pon como foco principal a EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS, baixo o lema "Defende a Educación, apaga a Emerxencia". Na actualidade, máis de 75 millóns de nenas e nenos en todo o mundo viron interrompida a súa educación debido a conflitos, desastres naturais e outras crises humanitarias. Estas emerxencias non só privan á infancia do seu dereito para aprender, senón que tamén poñen en risco o seu futuro e o desenvolvemento das súas comunidades. Con todo, a educación non é só un dereito fundamental; é unha ferramenta de cambio:
– Protexe aos nenos e nenas en contextos de crises, ofrecéndolles estabilidade e seguridade.
- Rompe ciclos de pobreza, abrindo oportunidades para un futuro máis xusto e equitativo.
-Constrúe sociedades máis pacíficas e resilientes, promovendo a igualdade e o respecto mútuo.
miércoles, 19 de marzo de 2025
O ESPÍRITO DA COLMEA
lunes, 17 de marzo de 2025
VIDEOCONFERENCIA PROFESORADO REDE COMPÁS
Luns 17 de marzo de 2025, ás 16:00 horas. Zoom
miércoles, 12 de marzo de 2025
Grazas Candela!
Co gallo do 8 M tivemos unha convidada moi especial. Veu a visitarnos Candela Pérez, que en decembro quedou subcampeona de Europa de surf, na categoría SUB- 10.
Explicounos moitas cousas sobre este deporte que a apaixoa, trouxo a súa táboa, vimos vídeos de cómo se collían as olas e comentounos sobre as correntes, os distintos campeonatos aos que ía próximamente e sobre o seu club.
Graciñas!
martes, 11 de marzo de 2025
8M: MULLERES DA NOSA VIDA
Este 8 de marzo os pequenos de infantil de 3 anos quixeron render un emotivo tributo ás mulleres que forman parte das súas vidas. Con motivo do Día Internacional da Muller, crearon un fermoso mural titulado "Mulleres da nosa vida". Cada un deles deseñou e pintou unha representación das mulleres que son fundamentais para eles: as súas nais, e outras figuras femininas que, dalgunha maneira, impactan nas súas vidas de forma positiva como son tamén as avoas.
Cada debuxo converteuse nun fermoso tributo a
todas aquelas que co seu amor e forza, coas súas loitas e dedicacións, fan que
o mundo sexa mellor para todos nós.
O mural "Mulleres da nosa vida" quedou exposto para que todos os membros da comunidade educativa puideran admiralo e reflexionar sobre a forza e o cariño que, día tras día, nos dan as mulleres que nos rodean.
Ademais, para dar un paso máis na conmemoración deste día tan importante, os pequenos tamén gravaron un vídeo onde compartiron as súas palabras e sentimentos cunha inocencia propia da súa idade, pero cargado dun profundo amor. Unha forma de ensinar aos máis pequenos a importancia de recoñecer o traballo e sacrificio das mulleres, non só o 8M, senón en cada día do ano.
lunes, 10 de marzo de 2025
HISTORIAS DE VIDA DE MULLERES VINCULADAS AO SECTOR PRIMARIO
Luns 10 de marzo de 2025. De 15:35 a 16:25. “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia"
Visita de Laura Gómez Vales para presentar a actividade.
Sector lácteo-gandeiro, sector apícola.
Unidade Didáctica que estamos elaborando coas compañeiras de educación rural, Outonía, baixo o título: Mulleres de mar e terra ante o cambio climático. Dentro dela, contémplase a realización de entrevistas por parte do alumnado de Secundaria a mulleres dedicadas ao sector primario poida presentar a actividade e dar as indicacións precisas. A idea é que sexan eles e elas as protagonistas, que poidan entrevistar a mulleres dos seus entornos e que reflexionen sobre o poder do sector primario para frear ou revertir a emerxencia climática.
O produto esperable é obter unha publicación, baixo o título: “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia" na que se recopilen estas historias.
jueves, 6 de marzo de 2025
Soberania alimentaria: educación ecosostible
Con esta actividade quixemos dar a coñecer a agricultura e gandaría social, sostible e de proximidade, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sa, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademais, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e economicamente viable.
1ª Actividade no centro educativo
sobre a soberanía alimentaria onde se expón de maneira
sinxela e amena o concepto de soberanía alimentaria, os principais problemas
ambientais polos nosos hábitos de alimentación e consumo actuais, a
importancia dunha agricultura e gandeira ecolóxicas e sostibles, e a forma
que temos entre todos de mudar os nosos hábitos diarios de consumo para
axudar a mitigar este problema. 2ª Visita guiada a un produtor asociado á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou dos Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia da Coruña, neste caso a Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar). |
viernes, 28 de febrero de 2025
MATERIAIS PARA A KONAMPALLI SCHOOL (A INDIA)
Un ano máis chegamos a cumprir o noso obxectivo, elaborar materiais para enviar a unha escola da India, a través dun proxecto de intercambio cultural e tradicións promovido pola Fundación Ayuda en Acción. School to School é o nome do proxecto, no cal levamos xa máis dunha década formando parte. Tanto alumnado como profesorado dalgúns cursos de educación primaria e secundaria estiveron traballando durante semanas, recollendo información sobre a nosa cultura e as nosas tradicións, deseñando carteis, debuxando e redactando textos en inglés. Esperemos que todo este esforzo serva non so para amosar aos nenos e nenas da Konampalli School (India) a nosa realidade, senón tamén para valorar todo o que temos, que é dunha grande riqueza, tanto material como inmaterial.
viernes, 21 de febrero de 2025
SEGUNDA FORMACIÓN PARA O ALUMNADO REDE COMPÁS
Venres 21 de febreiro 2025. UUMM
Este pasado venres, 28 de febreiro de 2025, María Lobo impartiunos a segunda charla sobre o proxecto da Rede Compás. Este proxecto trata sobre visibilizar á xente do rural galego que non ten un papel importante nas decisións que se toman dende á Xunta de Galicia, dende o Goberno central de España, en Madrid, ou mesmo dende Bruxelas, en Bélxica. A este obradoiro apuntámonos a mitade da ESO, xa que estamos 20 alumnos e alumnas implicados neste proxecto. Paréceme moi bo resultado xa que normalmente a estas actividades non se apunta tanta xente e prefiren emplear ese empo para outras cousas. No obradoiro debatimos e falamos sobre os temas do primeiro obradorio. Ademáis veu un chico que non me lembro do seu nome a sacarnos fotos mentres facíamos o obradoiro que tamén pertence ao proxecto. Así que este obradoiro gústame moito porque podemos levar os nosos pensamentos ata o mesmiño Parlamento da Unión Europea de Bruxelas! MG 3º ESO.
jueves, 20 de febrero de 2025
COMISIÓN MIXTA DE SEGUEMENTO EDUCATION4THEPLANET
Xoves 20 febreiro 2025. no marco do proxecto de Educación Ambiental que estamos implementando con toda a vosa axuda, Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a acción polo clima. para convocarvos a unha reunión, chamada Comisión Mixta de Seguimento, xoves día 20 de febreiro en horario de tarde (17h). Laura Gómez Vales (Fundación Ayuda en Acción), Outonía, avaliación externa.
Balance das actividades realizadas no 2024: Obradoiros do Mural do Clima e Produción Rexenerativa (ganadería, pesca e agricultura) vinculada ao ODS 13 (Acción polo clima); Visitas a explotacións ecolóxicas, realización das Enquisas CAP (Coñecementos, Actitudes e Prácticas), Obradoiro de Moda sostible (UDC), elaboración dunha Unidade Pedagóxica e Liña de Base do Proxecto
Previsión das actividades no 2025 e comentarios sobre as mesmas:Entrevistas a realizar polo alumnado a mulleres cun papel protagónico no combate contra o cambio climático a partir do sector primario (gandería, pesca, agricultura, apicultura). Xornadas de recolla de residuos co alumnado de Secundaria baixo un concurso de orixe xaponesa (spogomi) para a motivación dos e das participantes. Obradoiros de ARTIVISMO coas compañeiras de ATALAIAS co alumnado de Secundaria. Os obxectos/artigos creados servirán para crear unha exposición pública nas instalacións dos centros como evento de incidencia política.
Presentación breve da Unidade Pedagóxica que se está creando para levar aos centros de Secundaria. Outonía.
Presentación de Dámaris Otero, que se encargará de realizar a avaliación externa final do proxecto. Para este efecto, terá que realizar algunhas técnicas de recolla de información (entrevistas ao profesorado sobre o decorrer da intervención, observación participante, etc).