Mostrando las entradas para la consulta Horizonte 2030 ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas para la consulta Horizonte 2030 ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de mayo de 2019

AUDIOVISUAL HORIZONTE 2030

HORIZONTE 2030. CPI VIRXE DA CELA from Yolanda Castro on Vimeo.

 
 HORIZONTE 2030. CPI VIRXE DA CELA from Yolanda Castro on Vimeo.

Como produto final para o proxecto "Horizonte 2030" que estamos a realizar en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia, o alumnado de 1º 2º e 3º da ESO do CPI Virxe da Cela lanza este documental para sensibilizar da importancia das nosas accións á hora de coidar os nosos mares e océanos (ODS 14, Axenda 2030). Este documental é froito dun exhaustivo traballo de investigación tomando como referencia un informe da FAO. 

lunes, 25 de febrero de 2019

HORIZONTE 2030: FORMACIÓN EN INTELIXENCIA EMOCIONAL

O pasado sábado 23 de febreiro de 2019 SIG (Solidariedade Internacional Galicia) ofertou un obradoiro en Pontevedra para seguir coas formacións no marco do proxecto "Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora". A formación estaba centrada en "intelixencia emocional" e os asistentes eran técnicos e voluntarios da ONG, así como profesores dos centros galegos onde se está levando a cabo o proxecto Horizonte 2030, entre eles, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero).




viernes, 17 de noviembre de 2017

HORIZONTE 2030

Sábado 18 de novembro 2017. Formación en Palas de Rei




O CPI Virxe da Cela inicia neste curso escolar 2017-2018 un novo proxecto en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia. O título “ Horizonte 2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora” fai referencia á Axenda 2030, sendo este proxecto unha guía para vixiar o cumprimento das políticas públicas de loita contra a pobreza. 
O pasado sábado 18 de novembro de 2017 unha docente do CPI Virxe da Cela asistiu á primeira xornada de formación do proxecto, que tivo lugar en Palas de Rei (ecoaldea  Arqueixal), centrada na cultura participativa. Xunto docentes doutros centros e  persoal da ONG (equipo técnico e voluntariado) realizamos diferentes dinámicas, actividades e reflexións que nos axudarán a dar un salto cualitativo na abordaxe da educación para  a cidadanía global, e comezar a traballar dende a participación social.
A meta ou “produto” final deste proxecto e deseñar conxuntamente, docentes e Solidariedade Internacional Galicia, un proxecto de educación para o desenvolvemento para levar a cabo nos centros no vindeiro curso escolar 2018/2019. 


 

martes, 26 de marzo de 2019

2º OBRADOIRO HORIZONTE 2030






Martes 26 de marzo de 2019. Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Noa, de Solidariede Internacional Galicia, visitou de novo o noso colexio para impartir este segundo obradoiro do "Proxecto Horizonte 2030", nesta ocasión centrando o seu discurso nas técnicas de investigación para a Cidadanía Global. A través dunha dunha divertida dinámica de busca de pistas, o alumnado, dividido en tres grandes grupos, descubriu diferentes técnicas para a investigación: enquisas, experimentos, grupos focais, experimentación, análise de contidos, etc. Todo isto servirá como ferramenta para a seguinte fase do proceso: lanzarnos a facer a nosa propia investigación, que por maioría absoluta decidimos que estará centrada no Obxectivo do Desenvolvemento Sostible nº 14: Vida Submarina


martes, 4 de abril de 2017

III XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO. EDUCACIÓN PARA TODAS E TODOS: HORIZONTE 2030

Esta tarde na mesa de investigación nas III Xornadas de educación para o desenvolvemento. Educación para todos e todas. Horizonte 2030, celebradas na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago,  presentamos o Proxecto piloto de investigación - acción colaborativa en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia e a Universidade da Coruña.





martes, 19 de febrero de 2019

1º OBRADOIRO "HORIZONTE 2030"

Martes 19 de febreiro 2019, de 12:15 a 13:25. O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO recibiu o primeiro obradoiro deste proxecto "Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora" que estamos a desenvolver coa ONG Solidariedade Internacional Galicia, que ten como marco os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Noa, a encargada de impartir esta actividade, fixo unha interesante dinámica utilizando graos de café  na que os rapaces e rapazas tiveron que reflexionar sobre o reparto equitativo. A seguinte sesión a realizaremos no vindeiro mes de marzo, e consistirá nun proceso de investigación.







viernes, 24 de mayo de 2019

XUNTANZA FINAL HORIZONTE 2030

"Preservar os mares e océanos é responsabilidade de tod@as: nas túas mans está o cambio". Este é o lema que resumía o noso interesante proxecto de investigación "ODS14", e que veu a luz e foi proxectado na xuntanza final do proxecto Horizonte 2030 que tivo lugar en Santiago de Compostela o venres 24 de maio de 2019. Nesta xuntanza reuníronse todos os colexios participantes este interesante proxecto que facemos en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia





viernes, 26 de abril de 2019

3º OBRADOIRO "HORIZONTE 2030"

Georgina de los Angeles Molina Rivera é unha rapaza que estivo traballando en temas de novos liderados con xóvenes e mulleres en Nicaragua. Visitou o noso centro o pasado venres 26 de maio de 2019 da man de Solidariedade Internacional Galicia, a través do proxecto “Horizonte 2030”. Georgina explicou o traballo do ILS (Instituto de Liderazgos de Las Segovias, Nicaragua), unha rede formada por mulleres e por xóvenes que participan nun programa de formación centrado en temáticas como as relacións de xénero igualitarias, os dereitos humanos das mulleres, os dereitos sexuais e reprodutivos, os dereitos sociais, ambientais, económicos e políticos. A finalidade desta charla impartida aos mozos e mozas de Monfero é facelos conscientes da importancia da súa participación á hora de mellorar a situación das súas comunidades, isto é “construír unha xuventude galega transformadora”.









martes, 26 de enero de 2021

II ENCONTRO O GLOBO 2020

 

Difundimos este video que recolle o II Encontro O Globo 2020, nacido do proxecto "Horizonte 2030" da ONGD Solidariedade Internacional Galicia. O II Encontro O Globo tivo lugar o 19 de decembro de 2020 xuntando s neste encontro virtual arredor de 80 persoas, no que participaron diversas entidades asociativas, profesorado de distintos IES galegos, alumnado da Universidade senior, e persoas que ao longo deste tempo foron sumando as súas achegas ao Globo.. 


Na seguinte imaxe poderedes acceder ao traballo realizado polo alumnado do CPIP Virxe da Cela, "Preservar os océanos: nas túas mans está o cambio"