Desde aquí moito ánimo a todos e...Feliz volta ao cole!!!
lunes, 13 de septiembre de 2021
BENVID@S A UN NOVO CURSO (2021-22)
Desde aquí moito ánimo a todos e...Feliz volta ao cole!!!
lunes, 21 de junio de 2021
GRADUACIÓN 2021
Discurso Camino by veracruces on Scribd
sábado, 19 de junio de 2021
EXPRESIÓNS CULTURAIS NA INDIA RURAL
Queremos compartir convosco este video que acaba de chegar da India, no que podedes ver o actividades culturais realizados polos nenos e nenas da India en relación ao proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer.
https://vimeo.com/551394546/04897de7de
viernes, 18 de junio de 2021
MONFEROSOLIDARIO EN EDUGA (REVISTA GALEGA DO ENSINO)
Compartimos a publicación Eduga 81 (xaneiro - xuño 2021) Revista Galega do Ensino, na que aparece o artigo "Monferosolidario: abrindo a escola cara á transformación social".
O proxecto Monferosolidario acaba de recibir o I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. A acción formativa no eido da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global (EPDCG) levada a cabo no CPIP Virxe da Cela (Monfero) é un dos piares onde se fundamenta o proxecto. Damos valor neste espazo ás prácticas formativas levadas a cabo durante os cursos 2018/19 e 2019/20.
jueves, 17 de junio de 2021
NON AOS VIRAMENTOS SEN FUNDAMENTOS: ACTIVISMO NA ESCOLA
martes, 15 de junio de 2021
CONCIENCIA ECOLÓXICA A TRAVÉS DO XOGO
O martes 15 de xuño de 2021 adicamos unha nova sesión das clases de relixión e valores éticos na ESO para poñer en práctica os xogos deseñados polo alumnado, propostas encamiñadas a espertar a conciencia ecolóxica e sensibilizar sobre o coidado do medioambiente. Os rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO gozaron con estes xogos variados, que ao final de curso formarán parte dun caderno ou guía educativo e serán difundidos para que podan ter a réplica noutros cursos e outros centros educativos. Igualmente a actividade de hoxe serviranos para completar os méritos e acadar unha merecida Medalla Verde no proxecto de Olimpiadas Solidarias que estamos a desenvolver neste último trimestre escolar.
sábado, 12 de junio de 2021
XOGOS EDUCATIVOS PARA O MEDIOAMBIENTE
Aproveitando o bo tempo continuamos coas xornadas de Xogos Educativos para o Mediambiente, esta vez levando a cabo a proposta dun grupo de alumnos de 1º da ESO. Trátase dun xogo divertido e moi atractivo no que por parellas hai que ir buscando pistas en forma de cápsula, e unha vez atopadas, tratar de encestalas nunhas caixas de diferentes cores (amarelo, verde e azul) tendo en conta os debuxos das pistas encapsuladas e as cores dos contenedores do lixo. Ademais de traballar colaborativamente e facer deporte, os xogadores/as aprenden contidos medioambientais referente á separación do lixo e a reciclaxe.
viernes, 11 de junio de 2021
PARTIDO DE FÚTBOL "REDE SOLIDARIA MOCIDADE ENTRECULTURAS"
O alumnado de 4º da ESO despide as clases de relixión e valores éticos cun partido de fútbol que tiñamos pendente desde o mes de febreiro de 2021, momento no que participamos na Carreira Solidaria Entreculturas "Corremos por unha causa". Agora que xa chegou ao noso centro a camiseta coa que tiñamos que participar na Carreira, reunímonos para sacar unhas fotos de grupo e para divertirnos xogando e facendo deporte, á vez que nos relaxamos neste momento de tensión de fin de curso, cargado de exames e traballos. Moito ánimo, xa falta menos para graduarse e para disfrutar dunhas merecidas vacacións!
miércoles, 9 de junio de 2021
XOGOS ECOLÓXICOS PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
Hoxe, mércores 9 de xuño 2021, tocoulles aos rapaces e rapazas de 2º da ESO levar á práctica os xogos que eles/as mesmos deseñaron para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente (5 xuño). Neste ocasión tratouse dun partido de "Eco-fútbol" a través do cal aprendíanse a recoller residuos, a regras das 3R "reducir, reutilizar e reciclar", etc. e dun xogo da Caza do Tesouro no que, recollendo todas as pistas que estaban ocultadas polo centro escolar, acabaríase descifrando a palabra máxica "Ecoloxía". Foi unha forma de aprender a través do deporte a valorar e respectar o noso Planeta, e que nos levará tamén a acadar a Medalla Verde (Olimpiada da Solidariedade).
lunes, 7 de junio de 2021
5 XUÑO: DÍA MUNDIAL MEDIOAMBIENTE
O día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medioambiente. Nas materias de valores éticos e relixión o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO están a deseñar xogos educativos que nos permitan reflexionar sobre o coidado do medioambiente. Con todas as propostas maquetaremos un pequeno caderno e o publicaremos para compartir con outros alumnos e docentes que estean interesados nelas. Por suposto tamén aproveitaremos os días soleados do mes de xuño para levalos á práctica no CPI Virxe da Cela!Que mellor maneira de unir deporte, xogo e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global! A través desta actividade tamén acadaremos unha ben merecida Medalla Verde nas Olimpiadas da Solidariedade que organiza a ONG Taller de Solidaridad.
5 Xuño Medio Ambiente by veracruces on Scribd
jueves, 3 de junio de 2021
ASAMBLEA FIN DE CURSO REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS
viernes, 28 de mayo de 2021
CHARLA DE AGALURE
Charla Agalarure, Prevención do uso/abuso adicción o xogo nas bisbarras de A Coruña. Venres 28 maio 2021. O pasado venres visitou o noso centro Gerardo Rodríguez, de Agalure. Agalure naceu como asociación para axudar a superar a ludopatía, mais hoxe en día o seu traballo é máis amplo. Por isto, falan do seu traballo en relación ás adiccións sen substancias. O alumnado de 3º e 4º da ESO participou das súas explicacións e seguindo a súa guía, reflexionou sobre o significado de uso/abuso/ adicción e das implicacións de referírmonos a unha adicción como un "vicio" ou unha "enfermidade". Faloulles, tamén, dos xogos de azar, habilidade e habilidade e azar así como dos riscos que conlevan. A sesión transcorreu de xeito animadao e a participación do alumnado foi moi activa. Ademais, comentoulles experiencias persoais de compañeiros que están traballando para superar as súas adiccións grazas ao traballo con voluntarios que pasaron polo mesmo e con profesionais do campo da psicoloxía.
martes, 25 de mayo de 2021
DESEÑANDO XOGOS EDUCATIVOS
O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO comezou hoxe un proxecto para deseñar diferentes xogos educativos para promover unha conciencia crítica e responsable. En parellas ou en pequenos grupos elaborarán diferentes xogos para realizar ao aire libre con temáticas vinculadas aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. Con todos os materiais elaborados prepararemos un caderno multimedia, e ademais, se a climatoloxía o permite, trataremos de levalos á practica no mes de xuño.








