miércoles, 20 de noviembre de 2024

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Sesión de contacontos para o alumnado de 1º a 4º de primaria a cargo dos rapaces e rapazas de 3º de ESO. O alumnado da ESO a través do conto “Na procura dun mundo marabilloso”, narrou a historia dun grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade que se embarcan nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.

 O alumnado da ESO explicoulles aos máis pequenos/as o porqué da celebración desta data tan importante e amosoulles a importancia de respectar en todo o mundo os Dereitos dos Nenos e as Nenas.

 Finalizaron cun simpático xogo de pasapalabra rematando a sesión cun pequeno agasallo realizado polo alumnado da ESO para todos os asistentes.
 






Na procura da accesibilidade: obradoiros na ESO e no 3º ciclo da Ed. Primaria

Hoxe contamos cos obradoiros  sobre accesibilidade para o alumnado dea ESO e do 3º ciclo da Ed. Primaria.

Están organizados desde o programa de Educación social na escola (Asociación EuroEume) e con eles queremos achegar á rapazada a importancia da accesibilidade na nosa contorna, para que todas as persoas poidan moverse con total autonomía pola comunidade. 

Tamén, sensibilizar e dar a coñecer o termo de accesibilidade e os seus diferentes clasificacións, así como aprender a identificar elementos que axudan á mobilidade de forma accesible, na súa propia contorna. 

Neste caso, destacamos a importancia dá accesibilidade cognitiva, en concreto a sinalización a través de pictogramas, xa que é o elemento que imos implementar no centro educativo para facelo un pouco máis accesible. 

O obxectivo principal, é concienciar a importancia de crear espazos inclusivos e accesibles, onde todas as persoas poidan participar de forma activa e independente na comunidade.




Imaxes autoeditadas do desenvolvemento dos obradoiros.

martes, 19 de noviembre de 2024

Celebración do Día da Infancia

Este martes, 19 de novembro o alumnado os  cursos 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria participou  na  Celebración do Día da Infancia no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña. 

Este é un día de celebración onde os Consellos escolares da Infancia dos centros participantes (no noso centro grazas ao bo facer da asociación EuroEume) expoñen o seu traballo. Neste curso escolar, a proposta é tratar competencias e recursos que permitan mellorar o benestar da infancia e da adolescencia.

Unha tarefa na que xa está o noso alumnado tras que no curso anterior, o seu traballo estivese centrado na mellora dos espazos do centro para que estes sexan lugares de convivencia.

Ademais, nesta Celebración nos acompañaron a Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a Concelleira de Benestar Social do Concello da Coruña e presidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia.

Ao final contamos cun pequeno aperitivo para que o alumnado, tras o acto, compartisen experiencias.

Esta iniciativa tamén tivo a súa difusión en prensa: 


          Noticias en prensa do evento.

PRODUCIÓN REXENERATIVA. PROXECTO EDUCATION4THEPLANET

A Fundación Ayuda en Acción ofertou dous obradoiros impartido por Laura G. Vales, coordinadora do proxecto Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda2030 e a acción polo clima (2024-2025), financiado pola Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Entre as temáticas que aborda o proxecto (empoderamento climático xuvenil, ecofeminismo, artivismo, producción rexenerativa, ODS13-Acción polo clima, etc.

 Martes 19 (para 1º e 2º da ESO)  e xoves 21 (para 3º e 4º da ESO) de novembro de 2024. Producción rexenerativa vinculada ao ODS 13 e con enfoque de xénero

 Mulleres Nicaraguenses que traballan no Sector Primario (cooperativas de apicultura e lácteos) e algunhas mulleres galegas que forman parte ben, da Asociación de Redeiras-Pesqueiras (ANMUPESCA) ou ben da rede GER (Ganaderas en Red)

  • Visionado de Documental (mulleres productoras Nicaragua do sur global + mulleres pesqueiras galegas)
  • Pequena charla (telemática) sobre modelo de gandería rexenerativa en Galicia.









lunes, 18 de noviembre de 2024

Enraizadas

Enraizadas nace coa necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sustentabilidade da vida que se leva a cabo no rural e, máis concretamente, o papel das mulleres neste proceso.

Este proxecto educativo de educación social na escola da man da Asociación EuroEume, busca contribuír á visibilización e o recoñecemento das mulleres na sociedade, incidindo nun cambio de mentalidade no que os traballos reproductivos e as persoas que os sustentan se convertan en referentes.

Imaxes das dinámicas da actividade.

Buscando asi mesmo, espallar os valores e reflexións do ecofeminismo, contribuíndo ao desenvolvemento rural, reflexionando sobre a soberanía alimentaria, a custodia do territorio e os coidados e comunidade.

Nesta nova edición de 2024, a temática son os coidados e comunidade, onde de maneira transversal, traballaremos valores como a igualdade, a creatividade e a sustentabilidade.

Nesta primeira sesión o alumnado de 5º curso traballamos  sobre as nosas referentes e outras cunha perspectiva máis global para identificar a conversa que queremos desenvolver nos seguintes obradoiros da actividade.



Revisión óptica no centro: por unha boa saúde!!!

 Un ano máis contamos coa revisión óptica para o noso alumnado. 

Somos conscientes de que os problemas de visión non detectados poden afectar significativamente o desenvolvemento académico, social e emocional dos nenos e nenas. Partimos de que aproximadamente o 80% da información que se aprende na aula recíbese a través da vista, polo que a saúde visual é fundamental para un bo rendemento escolar.

Por iso, agradecemos a óptica Tábora de Pontedeume o seu bo facer!!!

Imaxe da páx web da óptica onde se ve unha parte do proceso de revisión.

viernes, 15 de noviembre de 2024

Obradoiros sobre accesibilidade para un centro inclusivo

 Beatriz Riaño, terapeuta ocupacional, visitou o noso centro o venres 15 de novembro de 2024 para impartir obradoiros sobre accesibilidade. Foron realizados en tres quendas, ao longo do día: dúas quendas para 1º ciclo de EP e 2º ciclo de EP no horario de mañá, e xa pola tarde a quenda do alumnado de educación infantil. 


Esta actividade realízase grazas á colaboración con Euroeume que se vén realizando no noso centro desde fai varios anos. A proposta de EuroEume é crear un espazo lúdico de expresión e reflexión sobre a Educación Inclusiva, co fin de sensibilizar aos alumnado da importancia e os beneficios de que todos os nenos e as nenas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais.

Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.


Imaxes da actividade.




Obradoiros sobre accesibilidade: por unha escola sen barreiras

Con estes obradoiros, organizados desde o programa de Educación social na escola (Asociación EuroEume) queremos achegar á rapazada a importancia da accesibilidade na nosa contorna, para que todas as persoas poidan moverse con total autonomía pola comunidade. Sensibilizar e dar a coñecer o termo de accesibilidade e os seus diferentes clasificacións, así como aprender a identificar elementos que axudan á mobilidade de forma accesible, na súa propia contorna.

Neste caso, destacamos a importancia dá accesibilidade cognitiva, en concreto a sinalización a través de pictogramas, xa que é o elemento que imos implementar no centro educativo para facelo un pouco máis accesible.

O obxectivo principal, é concienciar a importancia de crear espazos inclusivos e accesibles, onde todas as persoas poidan participar de forma activa e independente na comunidade.

Así, hoxe contamos cos obradoiros destinados a Ed. Infantil e ao 1º ciclo da Ed. Primaria.

Imaxe identificativa dos diferentes obradoiros deseñados.




miércoles, 13 de noviembre de 2024

Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas (Job-shadowing) para que, neste caso, tres docentes das localidades belgas de Maldegem e de Eeklo (situadas na provincia belga de Flandes Oriental) comprobaran e observaran como traballan, se organizan e imparten docencia os profesionais educativos do noso centro. 

Esta iniciativa está enmarcada dentro dos programas Erasmus+ organizados desde o CFR de Ferrol (dos cales participamos desde fai anos realizando numerosas actividades formativas en países Europeos) este curso e por primeira vez, se nos encomenda desde o CFR ser centro formativo dunha destas estadías amosando diferentes das propostas pedagóxicas do mesmo. Entre elas, está a aprendizaxe matemática a través do método ABN, os ambientes de aprendizaxe na etapa de infantil, o desenvolvemento das competencias dixitais para a cidadanía na etapa da ESO, a Biblioteca escolar como centro de aprendizaxes informacionais e a aprendizaxe integrada das lingüas nas áreas curriculares (neste caso na ESO). 

Así, contando coa experiencia dun grupo de docentes do CPI Virxe da Cela programa Observa-Acción (actualmente estase a levar a cabo a IV Fase), estes profesionais asumiron a coordinación das actividades, participando tamén nesta xornada formativa de job-shadowing o profesorado incluído no PFPP de centro na liña de internalización e colaborando ademais, do profesorado especialista en Francés varias titorías e especialidades.








sábado, 9 de noviembre de 2024

POLOS DEREITOS DA INFANCIA

 

O 20 de novembro conmemórase a data na que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos dos Nenos e as Nenas en 1959 e a Convención sobre os dereitos  en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.

Os rapaces e rapazas da ESO realizaron un fermoso mural para conmemorar esta data. 

 

viernes, 8 de noviembre de 2024

SEGUNDO OBRADOIRO EDUCATION4THEPLANET

 Venres 8 novembro 2024. Alumnado dos diferentes cursos da ESO realizan na biblioteca escolar un obradoiro de Acción polo Clima, dentro do proxecto Education4ThePlanet.














jueves, 7 de noviembre de 2024

Unha comarca solidaria e comprometida porque todos somos Valencia!!!

Xa está, xa está a punto de chegar!!!

Esta semana no centro recollemos botas, guantes, mascaras e cinta americana.

Foi incrible a colaboración e o esforzo do noso alumnado, das familias e de todo o persoal do centro. Tamén, a colaboración dos Concellos.

Recollemos os materiais nun par de días e o noso alumnado puxo as botas en bolsas co seu número e as empaquetaron en caixas identificando o seu contido. Tamén o resto de recursos e materiais. Sen esquecerse de escribir o destino nas caixas e cargalas nos vehículos que os levarían ao seu primeiro destino.

Un traballo altruísta do alumnado que ademais, por propia iniciativa decoraron as caixas e deixaron nelas debuxos e mensaxes de agarimo e ánimo.


O xoves 
saíron cara a Godella dous palets (de 650 kg) cos recursos recollidos. Foi posible grazas a unha empresa da Coruña que se encargou do seu transporte como parte das súas actividades (aínda non están restablecidos os servizos de transporte coas zonas afectadas). A mesma, fíxoo de forma altruísta e sen necesidade de publicitar esta colaboración.
Así, contamos que este luns os recursos cheguen ao seu destino.




                                                               Imaxes autoeditadas da recollida de materiais.

Tamén, saíu do centro un remolque completo de mascaras cedido polo Concello de Irixoa que tivo como destino os puntos de apoio ás persoas afectadas.

 

Composición audiovisual do traballo destes días.

miércoles, 6 de noviembre de 2024

Mentorías das novas direccións: o centro compartido experiencias

Hoxe tivo lugar a presentación e conformación dos grupos de #mentoría das #novasdireccións noIES As Fontiñas, Hoxe tivo lugar a presentación e conformación dos grupos de #mentoría das #novasdireccións noIES As Fontiñas, na que persoas directoras cunha ampla traxectoria guiarán a direccións no seu primeiro ano.

Estaremos compartindo esta experiencia de aprendizaxe coas persoas que comezan na dirección de centros educativos. Seguro que é unha aprendizaxe compartida!!!

Moitas grazas CAFI e CFR de Ferrol por ter en conta sempre ao CPI Plurilingüe Virxe da Cela.

Imaxes da xornada de presentación.



martes, 5 de noviembre de 2024

Consello Escolar da Infancia: preparando a Conmemoración do Día da Infancia.

Tarde de obradoiro para preparar a nosa participación na Conmeración do Día da Infancia.

Nela contamos coa presenza de Nerea e Bea que xa é parte activa da nosa comunidade. 

Moitas grazas EuroEume!!!! 

Imaxe do desenvolvemento do obradoiro.