domingo, 19 de abril de 2009

20-26 Abril 2009. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN


Este ano baixo o lema "Abre un libro, abre o mundo", millóns de nenos e nenas, docentes e activistas participarán "Na gran lectura" e esixirán os seus representantes políticos que garantan a tódalas persoas o dereito de aprender a ler e escribir.
Con tal motivo e aproveitando a "Semana Mundial pola Educación" e "O día do libro", o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir.

A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá a educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.

Descrición da actividade:

 Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.). Os traballos serán entregados antes do mércores 22 de Abril.
 O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos nos taboleiros da Biblioteca Escolar, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria (os textos serán escritos en galego, xa que os premios son financiados polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)
 Posteriormente todos os marcapáxinas serán entregados aos seus autores, que repartirán entre lectores do seu contorno a cambio dun pequeno donativo (0’50 €, 1 €, por exemplo), e así axudar a ofrecer unha educación de calidade a miles de nenos e nenas.
 Os cartos recaudados serán enviados á O.N.G. Save the Children


Material entregado aos Titores:

 Guía didáctica, con propostas para desenvolver nas aulas o Día do Libro, celebrándo esta data especial como un día de lectura e solidariedade.
 Follas con marcapáxinas recortables, asinados por escritores solidarios, para que os alumnos/as participantes poidan traballar neles con debuxos, textos, collages, etc.

Monfero, 15 Abril 2009

lunes, 13 de abril de 2009

RASTRO SOLIDARIO

Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria decidimos programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer.

Save the Children, é unha ONG que está levando a cabo un proxecto de educación en valores, para contribuír á mellora da vida de moitos nenos e nenas do Níxer.

O rastro levouse a cabo o venres 3 de abril, e foi todo un éxito. A continuación podedes ver a reportaxe do mesmo.

PREPARANDO O RASTRO SOLIDARIO





MONTAMOS O RASTRO





PERO QUE BONITO QUEDOU!





DURANTE AS PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ, VOLUNTARIAS DA CRUZ VERMELLA DE BETANZOS ACOMPAÑADAS POR INMIGRANTES DE SENEGAL,REALIZARON UNHA CHARLA COLOQUIO PARA OS ALUMNOS DA ESO.



domingo, 12 de abril de 2009

Os amigos senegaleses fixeron unha demostración de percusión e baile do seu país.
Algúns alumnos tamén quixeron demostrar as suas dotes na arte de tocar.










Dende aquí damos as máis infinitas grazas a Cruz
Vermella de Betanzos e os amigos de Senegal que, coa
sua participación e testemuña deron luz a xornada.

COMEZAMOS O RASTRO








O RASTRO ESTIVO MOI CONCURRIDO DURANTE TODA A XORNADA





UF!... qué éxito de vendas... Quedou todo baleiro.
Aquí vemos a Verónica toda contenta dando as grazas con
unha aperta simbólica, a tod@s os que participaron no
rastro solidario.


OS ALUMN@S DE 4º CONTAN O DIÑEIRO CONSEGUIDO.

GUAU!, NADA MENOS QUE 520,43 €

TODO UN ÉXITO!


RECOLLIDA DO RASTRO SOLIDARIO E...ATA OUTRA!



GRAZAS A TOD@S: ALUMNOS, PAIS E NAIS,PROFESORADO E CENTRO EN XERAL, POLA SUA COLABORACIÓN, PARTICIPACIÓN E SOLIDARIEDADE.
E GRAZAS INFINITAS A CRUZ VERMELLA DE BETANZOS E OS AMIGOS DE SENEGAL QUE,COA SUA PARTICIPACIÓN E TESTEMUÑA, DERON LUZ Á XORNADA.