miércoles, 20 de marzo de 2024

CONSELLO DA INFANCIA

O pasado 20 de marzo de 2024 tivo lugar o 5º Consello Escolar da Infancia no que ven participando alumnado, de xeito rotativo, dos distintos cursos de primaria. Neste Consello, puidemos comprobar como parte das propostas que o alumnado foi facendo xa se atopan en marcha, como por exemplo os clubes de lectura e o equipo de voluntariado da biblioteca. Valoramos a marcha dalgunha outra, como a mellora da limpeza dos distintos espazos do cole. E seguimos traballando sobre outras propostas, como ideas para a mellora do catálogo de libros da biblioteca. Ademáis, deixamos colocado un buzón, para que calquera persoa poida deixar ideas, propostas, queixas, que se tratarán e valorarán nos próximos Consellos. 

Nesta quinta celebración do Consello, podemos xa afirmar, que o alumnado ten interiorizado este espazo como propio, da gusto ver a cantidade de ideas, o bo trato no grupo á hora de expoñelas e escoitar as do resto, e a proactividade para dar solución ás distintas problemáticas que se tratan. Estamos seguras que no próximo trimestre se seguirán materializando as ideas en accións, como por exemplo as sairán do análise do uso dos espazos do patio, no que participou todo o alumnado de primaria. Non podemos estar máis contentas de acompañar ao alumnado no desenvolvemento de habilidades tan importantes como a comunicación, a resolución de problemas, a toma de decisións, o pensamento crítico, a empatía e palpar o sentimento de empoderamento e autonomía ao ver a súa capacidade de influir no entorno. Grazas!











No hay comentarios:

Publicar un comentario