Con motivo da celebración do Día Internacional da Visibilidade Trans o próximo 31 de marzo, ARELAS, Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia, convocamos o “Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans” co obxectivo de seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o apoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias transfóbicas.
Dentro deste concurso, temos establecido dúas categorías de concurso con dous premios: o primeiro de 150 € e o segundo de 100 €.
A Primeira Categoría: concursantes ata 13 anos cumpridos.
A Segunda Categoría: concursantes de 14 anos cumpridos en adiante.
Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de ARELAS. Os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 24 de marzo ao correo infoarelas@gmail.org. Entre o 24 e o 27 de marzo as persoas participantes recibirán unha comunicación de aceptación do traballo, verificando que se axusta ás bases. A decisión do xurado farase pública o 31 de marzo.
BASES.CONCURSOILUSTRACIÓNS by veracruces on Scribd
Normativa Concurso Ilustracion Arelas 2024 by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario