viernes, 7 de mayo de 2021

8 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO

 Estamos facendo os preparativos para convertir o noso cole nun centro transformador a través da Economía Social e Solidaria á par que acadar a nosa terceira medalla, a Medalla Amarela, nas Olimpiadas da Solidariedade organizadas pola ONG Taller de Solidariedade. O próximo martes levaremos a cabo un xogo que permitirá ao alumnado da ESO reflexionar sobre o Consumo Xusto e a Sustentibilidade. Unindo xogos, retos, deporte e diversión aprenderemos que existen alternativas comerciais máis respectuosas e humanas para encamiñarnos a unha economía ao servicio das persoas, non das grandes empresas ou multinacionais. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario