O 10 DE DECEMBRO CONMEMÓRASE A DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS DESDE 1948.
DESPOIS DE TANTO TEMPO, DEBEMOS REFLEXIONAR SOBRE SI SE RESPECTAN ESTES DEREITOS E O QUE NÓS PODEMOS APORTAR PARA LOGRAR QUE SEXAN UNIVERSAIS. PARA ELO OFRECÉMOSCHE ESTA ESCOLMA DE ENLACES:
Actividades dereitoshttp://www.rayuela.org/
Save the children
Declaración universal dos dereitos humanos
ONU
Ola!
ResponderEliminarEu creo que para que os dereitos humanos saían a diante, que se deixen de recordar porque simplemente xa se cumpran como unha cousa normal, non so hai que loitar, hai que estar en cada parte do mundo, e iso e moi difícil, porque non todo o mundo esta disposto a cambiar.
Seguramente sempre haxa algo que retroceda sobre os pasos dos que intentan ter un mundo no que non so os dereitos humano sexan cumpridos, senón un mundo que teña unha sorriso que enseñar, sempre vai haber contados segundos que cambien o que outros fixeron, segundos que derroten os débiles e dean a vitoria aos fortes. Con esta reflexión o que quero dicir e que non se hai que render que para chegar a ser os fortes primeiro hai que ser os débiles, e sobre todo non hai que renderse o retroceder algúns pasos, hai que intentar recuperalos, e adiantar algúns pasos máis, porque canto máis pasos levemos, máis cerca veremos o final, mais cerca teremos o principio dunha nova vida, dunha vida pola que se leva loitando miles de anos, UNHA VIDA QUE PODEMOS CONSEGUIR.
Desire Maceira Vazquez
Os dereitos humanos.Todos pensamos que é moi fácil definilos ou que todos sabemos que son, pero en realidade non é así. Seguro que nin sequera sabemos dende cando existen, se empezaron a crearse fai pouco ou moito,se son dez o cincuenta ou dende cando se deberían estar cumprindo e digo deberían porque na época na que estamos , en moitos lugares do mundo non se cumpren, hai nenos morrendo de fame, mulleres e homes sen casa sen saber nin que é ler ni escribir. Os dereitos humanos están moi ben si, pero nos lugares nos que se cumpren, e nas nosas mans está axudar a que se cumpran e que polo menos nos quede iso de que o intentamos, que nos importa o que pasa ao noso redor, que non queremos ver máis nenos morrer ou que non queremos que estean sen educación; sigo dicindo que nas nosas mans está, isto non é cousa de dous días pero pouco a pouco quen sabe….
ResponderEliminarVanessa Deibe Pérez
Eu creo que os dereitos humanos están aí pero nunca imos conseguir que a xente consiga utilizalos totalmente porque por exemplo o dereito a educación, hai moitas persoas que non saben ler nin escribir e tamén hai moitos nenos que non teñen o dereito de ir o colexio.
ResponderEliminarHai moitos dereitos que seguro que nin sabemos que existen por iso nos temos que aportar o que poidamos para que isto termine.
Outro dereito importante e o dereito a libre expresión, eu creo que este e un dereito importante porque moitas xente esta no cárcere por dicir o que pensa e xusto que esten presos por este motivo porque non e un delito dicir o que pensas.
Por iso creo que os dereitos humanos son moi importantes para todas as persas,e espero que algún dia se cumpran.
Tamara Sanjuán Caínzos
Os dereitos humanos ; ¿que son os dereitos humanos?
ResponderEliminarMoita xente non sabe moi ben o que son e eu antes de que mo explicaran ou de ver algúns vídeos tampouco o tiña claro. Algunha xente ata di se é algo que hai que estudiar eu creo que tampouco se trata diso senón de saber que os hai e cales son para poder exercelos como humanos.
Eu creo que son as liberdades que teñan os humanos ; como por exemplo dar a súa opinión sen ir ao cárcere , ter o dereito de ir ao colexio non ser discriminado por ser dunha certa raza ou relixión etc. Hai trinta dereitos…
Os dereitos humanos non apareceron hai pouco tempo senón que xa os hai dende hai moito tempo , foron trancorrendo de xeración en xeración , para conseguir que todo o mundo disfrutara os dereitos debería ser cousa de todos pero non é así… Eu creo que cada un “vai por libre” por iso é moi difícil chegar a conseguir que todo o mundo disfrute dos dereitos.Pero tamén creo que cun graniño de cada persoa algún día se pode chegar a conseguir que todo o mundo teña os dereitos humanos.
IRIA GONZÁLEZ FRAGA.
Este vídeo da declaración dos dereitos humanos cóntanos a historia dos dereitos que temos os seres humanos dende o principio da historia.
ResponderEliminarDanos unha idea de o que son e desto sacamos que nos somos os únicos que podemos cambiar o mundo. Tamén chegamos a conclusión de que isto se non participamos todos a cousa non vai a mellorar xa que non é cousa dun so individuo senón de todo o mundo. Moita xente loitou polos dereitos humanos pero eles sos non puideron cambiar nada. Nos como seres humanos que somos deberiamos defender os nosos dereitos e non xulgar a ninguén pola súa forma de pensar.
Hai dereitos que deberían ser imprescindibles como o dereito a vida a liberdade e a seguridade das persoas e moitos mais dereitos moi importantes que moita xente non cumple.
Jacqueline López Pérez
A DESINFORMACION DOS DEREITOS HUMANOS
ResponderEliminarEu penso que todo o mundo deberia coñecer cales son os dereitos humanos e cal é a sua historia, e tamen a situación en que se atopa a xente do terceiro mundo porque inda que nos pareza que os dereitos humanos se cumpren no noso pais noutros paises non é asi e moita xente non ten comida para poder subsistir nin auga potable e non reunen a condicions hixienicas básicas, e incluso chega a ser escrabizada e maltratada.É posible que parte destes problemas se poidesen solucionar se a xente do primeiro mundo estivese mellor informada de cal é a situación nestes paises, xa que na actualidade a xente parece estar mais concienciada destes problemas, e grazas aos proxectos humanitarios que se están a desenvolver a xente poderia contribuir para mellorar esta situación.
J.ALEJANDRO RODRÍGUEZ ACCIÓN
DEREITOS HUMANOS
ResponderEliminarEu creo que os dereitos humanos son imprescindibles para todos os cidadáns, por iso creo que todos debiamos coñecelos e saber de onde proveñen e por que apareceron, e saber por que en principio non se respetaron.
Ademais se todos os coñeceramos saberiamos a que nos poden obligar os nosos xefes… e tamén a que non. Así habería moita menos xente explotada no mundo.
E penso que o peor de non respetar os dereitos humanos e que algunha xente mentres que esta derrochando cartos a esgalla outra esta morrendo de fame e de frío por non ter que comer nin onde durmir.
Pero tamén creo que a xente rica que derrocha cartos, aínda que non o demostren sentiría unha gran satisfación se todos os humans do mundo tiveran que comer todos os días e sito onde cobixarse.
Ángel Miraz Vázquez
OS DEREITOS HUMANOS
ResponderEliminarA min paréceme que os dereitos humanos son moi importantes para as persoas.Hai moita xente que non ten nin idea do importante que son e foron para a humanidade polo tanto os dereitos humanos non se cumplen.Nos países do terceiro mundo e moito máis difícil que se cumplan, porque moita xente non ten dereito a educación.Os dereitos humanos non se cumplen porque moita xente do primeiro mundo non está concienciada coa xente máis pobre e polo tanto quérense aproveitar deles.Por exemplo: na declaración dos dereitos humanos recóllese que todas as persoas teñen dereito a non ser esclavizadas pero non se cumple porque en moitos países segue esixtindo a esclavitude.
José vidal martínez