sábado, 30 de enero de 2016
viernes, 29 de enero de 2016
CHARLA SOBRE O HOLOCAUSTO
En
maio de 2008 un grupiño de estudantes do colexio CPEB Carlos Bousorio (Boal,
Asturias), acompañados pola súa profesora Conchi Sanfiz Fernández, visitaron o
campo de concentración nazi de Mauthausen nunha actividade encadrada nun
interesantísimo proxecto de investigación. Tiveron a oportunidade de asistir á Conmemoración Internacional da liberación do
campo de Mauthausen (a liberación aconteceu o 5 de maio de 1945), e vivir
este emotivo momento ao carón de varios superviventes españois que ano tras ano
se dirixen a esta cidade austríaca para honrar ás vítimas do Holocausto.
Estímase que neste campo morreron máis de 120.000 persoas, 7.000 delas deportados
de nacionalidade española.
Nas
palabras de José, un dos alumnos que realizou esta viaxe, “Os deportados son parte dunha Historia viva que necesitamos coñecer
para que o noso presente sexa moito mellor e para que eses erros que se
cometeron no pasado nunca máis se volvan a repetir. Non debemos deixar caer no
esquecemento as súas valiosas testemuñas”.
Importante labor que está levando
a cabo Conchi Sanfiz, que actualmente imparte docencia no colexio de Guitiriz e
que amablemente aceptou a invitación da nosa orientadora, Verónica del Río,
para vir ao noso centro a transmitir a súas vivencias nun día moi especial, o
venres 29 de xaneiro de 2016, como acto conmemorativo do Día da Paz. Todos os
alí presentes escoitamos en absoluto silencio e co corazón encollido as súas
palabras e observamos con respecto as imaxes mostradas na proxección,
recoñecendo a crueldade á que é capaz de chegar o ser humano e prometendo
manter viva a memoria de milleiros de vítimas inocentes para que estas
atrocidades non se volvan a repetir na Historia.
Mauthausen boal from satelite1
Iria holocausto from satelite1
Etiquetas:
Día da Paz 2016,
Holocausto
jueves, 21 de enero de 2016
GRUPO FOCAL
Estratexia Galega de Educación para o Desenvolvento. Xoves 21 xaneiro 2015
Un luxo por poder achegarnos a vós, escoitarvos e coñecer as vosas opinións acerca das actividades que tendes realizado no centro no eido da cooperación e a solidariedade… Esas experiencias que, como ben diciades, nos serven para coñecer outras realidades, reforzar os lazos da prezada amizade, e colaborar coas demais persoas na procura dun mundo máis xusto.
A través das distintas dinámicas que realizamos, recollemos as vosas ideas para posibles accións futuras, coa intención de poder adaptarnos ás vosas preferencias en sucesivas ocasións. Nese senso, subliñamos a importancia que lle dades á orixinalidade, ao intercambio de opinións e á participación, non só vosa senón tamén doutras persoas da comunidade educativa e do seu entorno. Xa que como expresabades: “apréndese mellor pensando” e “precisamos un cambio nas maneiras de pensar e actuar”.
En definitiva, falamos de coñecementos, actitudes e valores que se deben ter en conta “non coma un complemento”, senón como parte da educación de todas as persoas. Para nós, as Loairas, esta sesión supuxo unha aprendizaxe que vos agracedemos enormemente: a vós, compañeiras e compañeiros de segundo, terceiro e cuarto da ESO, e ao profesorado que nos facilitou esta conversa. Admirando a vosa vontade e implicación e alegrándonos de poder sumar no mesmo barco, rumbo a un futuro máis humano e sostible.
Aida e Noa. Tempo de Loaira
martes, 19 de enero de 2016
jueves, 14 de enero de 2016
sábado, 9 de enero de 2016
sábado, 2 de enero de 2016
viernes, 18 de diciembre de 2015
CERTAME POSTAIS DE NADAL
1º Premio de EP: Adrián Caamaño Rico, 4º EP
2º Premio de EP: Ariadna Díaz Tondo, 5º de EP
3º premio de EP: Xabier Martínez Menéndez, 1º de EP
1º premio de ESO: Nerea Couceiro Gómez, 4º de ESO
2º Premio de ESO: Laura Ares García, 1º de ESO
Mención espacial do xurado: Aulas de infantil
Etiquetas:
certame postais,
Nadal 2015
jueves, 17 de diciembre de 2015
ESPECIAL RADIOFÓNICO FUNDACIÓN REPSOL
Os alumnos de 3º da ESO fixeron un programa de radio sobre o seu propio instituto. Nel, puideron entrevistar a Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) , Javier Inclán (director da area social e institucional de Respsol), Beatriz Varela (técnico de Ayuda en Acción) e a Yon Penas (docente do programa Genios). Todos eles son a mostra da participación co CPI Virxe da Cela co fin de lograr un futuro sostible baseado no coñecemento e na innovación. Velaí vai:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






