Xoves 27 de marzo de 2025, de 10:30 a 11:15. Aula de Ferraganchos. Representantes do alumnado dos 5 centros galegos que participan no Proxecto Rede Compás (Erasmus+), realizan unha videoconferencia para organizar a actividade Hackatlon que se levará a cabo conxuntamente os días 23, 24 e 25 de abril de 2025 en Allariz. Para a vindeira semana os representantes do alumnado reunirase co resto dos rapaces/zas inscritos no proxecto para informarlles sobre os acordos tomados.
jueves, 27 de marzo de 2025
miércoles, 26 de marzo de 2025
O ALUMANDO DE 3º DA ESO, GAÑADOR AUTONÓMICO DO CONCURSO ESCOLAR ONCE
O alumnado de 3º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero resultou gañador en Galicia do 41 Concurso Escolar do Grupo Social ONCE. En esta ocasión, a iniciativa invitaba aos participantes –tomaron parte 12.700 escolares de 249 centros educativos da Comunidade– a reflexionar e traballar sobre os aspectos negativos que ten a soedade non desexada, “tendo en conta a maior incidencia que esta ten nas persoas con discapacidade”.
O xurado baseou a súa decisión na creatividade, orixinalidade e adaptabilidade sendo os traballos presentados accesibles para todas as persoas. Tras a fase autonómica, agora representarán a Galicia no nacional. Nesta iniciativa tamén participou o alumnado de 1º da ESO.
Moita sorte e parabéns ao alumnado e a súa
titora Inés.
Logo da actividade presentada
Explicación do logo.
ACTIVIDADE CONCURSO ESCOLAR ONCE. by veracruces
![]() |
Imaxes de dous dos xornais nos que se recolle o recoñecemento. |
viernes, 21 de marzo de 2025
ENTREVISTA A MULLERES ACTIVISTAS POLO CLIMA EN GALICIA: CASA GRANDE XANCEDA
Venres 21 de marzo de 2025. 15:35 horas. Aula Ferraganchos. Entrevista a Cristina (Casa Grande Xanceda)
Entrevistas a realizar polo alumnado a mulleres cun papel protagónico no combate contra o cambio climático a partir do sector primario (gandería, pesca, agricultura, apicultura) que sairán maquetadas nunha publicación de carácter colaborativo, que levará por título: Historia de mulleres activistas polo clima en Galicia.
Casa Grande de Xanceda, é unha granxa láctea ecolóxica en Galicia. Co leite fresco e ecolóxico das nosas 380 vacas felices producimos iogures e queixos ecolóxicos! Realizamos visitas guiadas á granxa, nas que aprenderemos todo o proceso desde o campo á neveira.
DEFENDE A EDUCACIÓN, APAGA A EMERXENCIA
Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á Campaña Mundial pola Educación (CME). A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha semana onde máis de 124 países que traballamos para garantir o ODS 4 mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, os medios de comunicación, a sociedade en xeral e especialmente, a dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas no mundo, enmarcado na Axenda 2030.
Este ano, a SAME 2025 pon como foco principal a EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS, baixo o lema "Defende a Educación, apaga a Emerxencia". Na actualidade, máis de 75 millóns de nenas e nenos en todo o mundo viron interrompida a súa educación debido a conflitos, desastres naturais e outras crises humanitarias. Estas emerxencias non só privan á infancia do seu dereito para aprender, senón que tamén poñen en risco o seu futuro e o desenvolvemento das súas comunidades. Con todo, a educación non é só un dereito fundamental; é unha ferramenta de cambio:
– Protexe aos nenos e nenas en contextos de crises, ofrecéndolles estabilidade e seguridade.
- Rompe ciclos de pobreza, abrindo oportunidades para un futuro máis xusto e equitativo.
-Constrúe sociedades máis pacíficas e resilientes, promovendo a igualdade e o respecto mútuo.
miércoles, 19 de marzo de 2025
O ESPÍRITO DA COLMEA
martes, 18 de marzo de 2025
Xornadas ENKI de deporte adaptado
Toda unha experiencia participar nas Xornadas ENKI de deporte adaptado.
Neste evento no que participamos con outros centros da provincia probamos distintos deportes e material deportivo adaptado, rotando por diferentes estacións deportivas dirixidas por entidades deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e polo equipo ENKI.
Nelas, aprendemos que a través do deporte e do lecer, que a inclusión fai máis feliz á sociedade. Investigando, creando opcións, sensibilizando, visibilizando, facilitando unións entre persoas e colectivos, que contribúan a que a inclusión de persoas con diversidade física, mental ou sensorial, sexa unha realidade celebrada por todas as persoas.
Esta actividade tamén quedou recollida na prensa:
![]() |
Imaxes que enlazan a noticias da prensa do evento. |
lunes, 17 de marzo de 2025
VIDEOCONFERENCIA PROFESORADO REDE COMPÁS
Luns 17 de marzo de 2025, ás 16:00 horas. Zoom. O profesorado coordinador do proxecto Rede Compás dos cinco centros galegos que participan nesta iniciativa (Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARSO Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), manteñen unha reunión online con María Lobo, de AGARESO. Nesta reunión abordouse principalmente a preparación da xuntanza que o alumnado dos cinco centros terá a finais de mes nun albergue en Allariz, cunha estancia de 3 días, na que tratarán de sacar a diante unha acción performativa a sentar as bases do que será o manifesto que se utilizará como incidencia política non so nos gobernos locais no mes de xuño, senón tamén a nivel europeo (viaxe a Bruxelas en setembro 2025).
![]() |
Imaxe da actividade formativa. |
miércoles, 12 de marzo de 2025
Grazas Candela!
Co gallo do 8 M tivemos unha convidada moi especial. Veu a visitarnos Candela Pérez, que en decembro quedou subcampeona de Europa de surf, na categoría SUB- 10.
Explicounos moitas cousas sobre este deporte que a apaixoa, trouxo a súa táboa, vimos vídeos de cómo se collían as olas e comentounos sobre as correntes, os distintos campeonatos aos que ía próximamente e sobre o seu club.
Graciñas!
martes, 11 de marzo de 2025
8M: MULLERES DA NOSA VIDA
Este 8 de marzo os pequenos de infantil de 3 anos quixeron render un emotivo tributo ás mulleres que forman parte das súas vidas. Con motivo do Día Internacional da Muller, crearon un fermoso mural titulado "Mulleres da nosa vida". Cada un deles deseñou e pintou unha representación das mulleres que son fundamentais para eles: as súas nais, e outras figuras femininas que, dalgunha maneira, impactan nas súas vidas de forma positiva como son tamén as avoas.
Cada debuxo converteuse nun fermoso tributo a
todas aquelas que co seu amor e forza, coas súas loitas e dedicacións, fan que
o mundo sexa mellor para todos nós.
O mural "Mulleres da nosa vida" quedou exposto para que todos os membros da comunidade educativa puideran admiralo e reflexionar sobre a forza e o cariño que, día tras día, nos dan as mulleres que nos rodean.
Ademais, para dar un paso máis na conmemoración deste día tan importante, os pequenos tamén gravaron un vídeo onde compartiron as súas palabras e sentimentos cunha inocencia propia da súa idade, pero cargado dun profundo amor. Unha forma de ensinar aos máis pequenos a importancia de recoñecer o traballo e sacrificio das mulleres, non só o 8M, senón en cada día do ano.
lunes, 10 de marzo de 2025
Obradoiro “Achegarmos á Historia dos Medios en Galego”
![]() |
Imaxe de Miguel Rodríguez, o historiador que deu valor a Historia dos Medios en Galego na biblioteca do centro. |
![]() |
Imaxe da guía desde a que se pode descargar para o seu uso educativo. |
![]() |
Imaxe da actividade recollida no Diario de Santiago. |
HISTORIAS DE VIDA DE MULLERES VINCULADAS AO SECTOR PRIMARIO
Luns 10 de marzo de 2025. De 15:35 a 16:25. “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia"
Visita de Laura Gómez Vales para presentar a actividade.
Sector lácteo-gandeiro, sector apícola.
Unidade Didáctica que estamos elaborando coas compañeiras de educación rural, Outonía, baixo o título: Mulleres de mar e terra ante o cambio climático. Dentro dela, contémplase a realización de entrevistas por parte do alumnado de Secundaria a mulleres dedicadas ao sector primario poida presentar a actividade e dar as indicacións precisas. A idea é que sexan eles e elas as protagonistas, que poidan entrevistar a mulleres dos seus entornos e que reflexionen sobre o poder do sector primario para frear ou revertir a emerxencia climática.
O produto esperable é obter unha publicación, baixo o título: “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia" na que se recopilen estas historias.
jueves, 6 de marzo de 2025
Soberania alimentaria: educación ecosostible
Participamos no programa do CEIDA en colaboración coa Deputación da Coruña para unha transición ecolóxica sostible.
Con esta actividade quixemos dar a coñecer a agricultura e gandaría social, sostible e de proximidade, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sa, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademais, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e economicamente viable.
1ª Actividade no centro educativo
sobre a soberanía alimentaria onde se expón de maneira
sinxela e amena o concepto de soberanía alimentaria, os principais problemas
ambientais polos nosos hábitos de alimentación e consumo actuais, a
importancia dunha agricultura e gandeira ecolóxicas e sostibles, e a forma
que temos entre todos de mudar os nosos hábitos diarios de consumo para
axudar a mitigar este problema. 2ª Visita guiada a un produtor asociado á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou dos Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia da Coruña, neste caso a Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar). |