martes, 17 de diciembre de 2024

ASOCIACIÓN DE REDEIRAS O FEITAL. MALPICA

O martes 17 de decembro de 2024 levouse a cabo a última das actividades planificadas para este trimestre dentro do proxecto  Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a acción polo clima (2024-2025), financiado pola Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Esta actividade consistiu na visita a unha explotación do sector primario liderada por mulleres, concretamente a Asociación de Redeiras O Feital de Malpica. Fumos recibidos no CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño por Ángeles Mille Rodríguez, e nese mesmo edificio realizamos a primeira parte da actividade, consistente en charla-obradoiro sobre o oficio das redeiras, impartida por Verónica Veres Tasende e Pilar García Ricoy. Aprendimos moitas cousas sobre o oficio, e incluso chegamos a facer prácticas coas agullas de tecer. Visitamos diferentes espazos do CAT, vencellados ao oficio da pesca e das redeiras, e xa como broche final o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou diferentes preguntas a Verónica Veres, para afondar no impacto do cambio climático nos oficios de mar e analizar o papel da muller nesea explotación do sector primario. A continuación visitamos o Cabo e a Ermita de Santo Adrián, e xa en Malpica estivemos na zona do porto, onde a asociacion O Fieital ten a súa sede. 

O proxecto "Education4ThePlanet" establece como obxectivo xeral fomentar unha mocidade activa en Galicia, que contribúa na loita contra a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, desde a transformación de actitudes propias e a promoción da sensibilización da súa contorna.









lunes, 16 de diciembre de 2024

Fanzine: Enraizadas

 Neste último obradoiro reflexionamos sobre os contidos traballados e creamos o noso propio fanzine. 

Os fanzines son revistas de escasa tirada e distribución, feita con poucos medios por persoas aficinonadas a distintos temas.

 A través desta publicación caseira, o alumnado de 5º curso da Ed. Primaria creou de forma colaborativo dos diferentes centros participantes na actividade unha publicación que repartiremos nos diferentes centros da iniciativa. 

Creatividade  a partir dunha idea e a través de debuxos, collage, fotos, textos, comic da que pronto teremos o resultado.




Imaxes do obradoiro no centro.

viernes, 13 de diciembre de 2024

REDE COMPÁS PRIMEIRO TRIMESTRE

Durante este primeiro trimestre do curso 2024-2025 foron varias as actividadades desenvolvidas para poñer en funcionamento, organizar e dinamizar o proxecto  Rede Compás Erasmus+ que se levará a cabo nos vindeiros meses. Deixamos constancia neste pequeno resumo: 

O martes 14 de novembro de 2024, de 17:30 a 19:00 horas, aplicación zoom. Profesorado de cinco centros galegos que van participar na Rede Compás (proxecto Erasmus+), cos coordinadores Roi Quitián e María Lobo (AGARESO).

Martes 3 decembro 2024. O Grupo Motor do CPI Virxe da Cela, liderado por alumnado de 4º da ESO, comunícase con Roi Quitián por videoconferencia.

Venres 13 decembro de 2024: As profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico, que coordinan a Rede Compás no CPI Virxe da Cela, realizan unha videoconferencia Zoom con María Lobo.

Paralelamente a estas actividades de coordinación entre os responsables do proxecto, estamos a realizar reunións periódicas co alumnado do Grupo Motor algúns venres de 15:35 a 16:25 para ir marcando obxectivos e para proporcionar un espazo para que a rapazada poda tomar as súas propias decisións e marcar o rumbo. 


Videoconferencias cos coordinadores



Alumnado de 4º ESO do Grupo Motor