miércoles, 27 de septiembre de 2023

CLUB DE RADIO

O mércores 27 setembro 2023, Jenny Corredoira, da Fundación Ayuda en Acción, imparte unha charla ao alumnado da ESO para animalos a poñer en marcha un Club de Radio no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Seguro que o proxecto sae adiante, tendo en conta que o alumnado do noso centro xa está familiarizado con esta ferramenta, e xa a a están a utilizar en diferentes materias e proxectos. Ademais do alumnado voluntario que quera participar no Club de Radio, os rapaces/zas de 1º ESO e 2º ESO na materia de Proxecto Competencial están levando a cabo a elaboración de podcast radiofónicos. Por tanto, a idea do Club de Radio podemos dicir que xa está a rodar!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario