viernes, 29 de octubre de 2021

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

 Venres 29 outubro 2021. Obradoiro de Habilidades Sociais impartido por José Rivero Caruncho, da Clínica Valdivia. Convenio Fundación Ayuda en Acción. Toda a ESO e 6º EP. Novembro, Decembro e Xaneiro. Organizado polo Departamento de Orientación.



XVIII CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2021

Achegamos información sobre o XVIII Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2021, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, co obxectivo de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma. O prazo de presentación estará aberto do 9 de outubro ata o 4 de novembro. Bases dispoñibles en: https://www.lalin.gal/axudas-premios-e-bolsas

DÍPTICO Concurso de Cartas XVIII Dillo a Quen Maltrata 2021 by veracruces on Scribd

Bases Reguladoras Dos Premios Do Xviii Concurso de Cartas Dillo a Quen Maltrata 2021 by veracruces on Scribd

jueves, 28 de octubre de 2021

FORMACIÓN "O GLOBO"

    Dende fai uns anos, SI Galicia (Solidariedade Internacional Galicia) está a traballar no fomento da participación social, para iso creou colectivamente, unha ferramenta chamada O Globo, na que a través dunha metodoloxía baseada no coñecer (luces), reflexionar(cámara) e no actuar (acción) visibilizas e promovemos micro-experiencias de transformación social. Esta metodoloxía pode ser utilizada nas aulas como estratexia didáctica e por iso SIG queren dala a coñecer contextualizándoa no enfoque da Educación para a Cidadanía Global. 

      Terá unha duración de 20 horas, sendo 12 presenciais (o sábado 13 de novembro en horario de 10:00 – 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas e o xoves 20 de xaneiro de 2022 en horario de 16:30 a 20:30) e 8 de traballo en aula titorizado polo equipo de SI Galicia. 

     Realizarase na EGAP ( Escola de administración pública en Santiago de Compostela). A formación ten os seguintes obxectivos 

 1.- Adquirir coñecementos teóricos-prácticos sobre a Educacion para a Cidadanía Global e a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible coma proceso socio-educativo.  

 2.- Coñecer O Globo (observatorio para educar na cidadanía global) como ferramenta de participación social. 

 3.- Utilizar a metodoloxía que dende O Globo se impulsa: Luces (coñecer), Cámara (reflexionar) Acción (actuar) como estratexia didáctica na aula. 

 4.- Por en practica os coñecementos e as habilidades adquiridas na fase presencial. 

 5.- Desenvolver na aula unha micro-experiencia de transformación social baixo a metodoloxía de luces-cámara-acción. 

 6.- Socializar a micro-experiencia elaborada nos espazos de encontro de O Globo.  

 E os seguintes contidos: : Analizarase o contexto global de desigualdade no que vivimos e afondaranse nos conceptos de interdependencia, corresponsabilidade, Axenda de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030) e participación social, imprescindibles para traballar desde un enfoque de Cidadanía Global. Mostraremos unha ferramenta de participación social, O Globo, que permite traballar e formarse nos coñecementos, habilidades e valores para exercer a cidadanía global. Potenciando o desenvolvemento de competencias propias do currículo escolar e de habilidades participativas. Traballarase desde unha estratexia que contempla a investigación, análise e acción. 

 O enlace para inscribirse está na seguinte dirección https://forms.gle/1wRkts7y3i3BKmyQA

FormacionOGlobo by veracruces on Scribd

VIII CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEOR 2021 DEPUTACIÓN CORUÑA

 VIII CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, 2021

Bases Concurso Guións Contra Violencia Xénero by veracruces on Scribd

miércoles, 27 de octubre de 2021

XOGO DA OCA DO CAMIÑO INGLÉS

 Martes 26 outubro 2021. Alumnado de EI.

ASAMBLEA INICIO DE CURSO DA REDE SOLIDARIA ENTRECULTURAS

 Aínda que este curso 2021-2022 o noso centro non participará na Asamblea de Inicio de Curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, igualmente queremos difundir este evento que terá lugar o vindeiro sábado 6 de novembro 2021 na casa da mocidade de Oleiros, baico o lema "Academia 4.7. para Axentes do Cambio". 




martes, 26 de octubre de 2021

III ENCONTRO "O GLOBO"

 

III encontro de O Globo que terá lugar este venres día 29 en horario de 16:30 a 20:30 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. É unha proposta na que coñeceremos micro-experiencias de transformación social de aquí e acolá, festexaremos tamén, coñecerémonos un pouquichiño máis e, como novidade, habilitaremos un espazo de reflexión sobre participación social e activismo en Galicia.

miércoles, 20 de octubre de 2021

I CONCURSO "CREANDO LAZOS ENTRE NEN@S E MAIORES"


 Animámosvos a participar no I Concurso Creativo "Creando lazos entre nen@s e maiores", unha iniciativa que parte do Centro de Día Xestal. Aproveitando que estamos tan cerca físicamente desta organización (desde a noso centro CPI Virxe da Cela hai aproximadamente 300 metros de distancia), e que os proxectos interxeneracionais son moi enriquecedores, trataremos de guiar ao noso alumnado para que reflexione sobre a importancia das persoas maiores, a súa grande sabiduría e a riqueza que posúen en canto a experiencias vitais. Igualmente os rapaces e rapazas poderán potenciar a súa creatividade e imaxinación, sendo posibles diferentes formatos artísticos: debuxo, relato ou manualidade artística. Non vos esquezades de que o prazo de presentación remata o 19 de novembro!!

Bases i Concur So Creativo by veracruces on Scribd

viernes, 15 de octubre de 2021

VIDEOS XOGOS E DEPORTES DA INDIA

 

1.- DEREITO AO XOGO E AOS VALORES DO DEPORTE  

 2.- DEPORTES E XOGOS POPULARES NA INDIA   

 3.-XOGOS DE MESA
   

 4.- XOGOS PARA A HORA DO RECREO  

 5.- DEPORTE PARA MELLORAR O MUNDO  

 6.- O PODER TRANSFORMADOR DO DEPORTE

lunes, 11 de octubre de 2021

CHARLA-CAFÉ PARA TRATAR A FENDA DIXITAL E A EQUIDADE EDUCATIVA NO RURAL GALEGO

 Araceli Macías García, educadora social en Outonía S. Coop. Galega, foi a persoa encargada de guiar e dinamizar a charla café que tivo lugar no noso centro o pasado venres 8 de outubro de 2021. Catro epresentantes do ámbito educativo (directora, orientadora e dúas docentes), dúas nais da ANPA e dúas persoas da administración local (unha do concello de Irixoa e outra do concello de Monfero) debatiron sobre a situación actual e a necesidade de acadar solucións ao problema da fenda dixital para poder garantir a equidade educativa no rural galego. Esta actividade forma parte dunha iniciativa da ONG Axuda en Acción, co apoio e finanzamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para elaborar un informe diagnóstico. 










jueves, 7 de octubre de 2021

A TRIBO: LOITANDO CONTRA ESTEREOTIPOS

 

A Tribo é unha intervención integral que durante 12 meses traballa para fortalecer as capacidades das e os mozos en risco de exclusión, tanto desde o ámbito educativo como psicosocial, e para loitar contra os estereotipos que parte da sociedade ten aínda por certos, como que a mocidade titelada estea nun centro de protección por facer algo malo ou que alumnado con dificultades nos estudos non ten vontade de aprender. Estereotipos que, cando afectan a persoas que xa parten dunha situación vulnerable, poden chegar a converterse nun estigma moi doloroso. A Tribo quere reverter ese estigma e mostrar as enormes capacidades destas mozas e mozos, o seu talento, a súa creatividade e a súa capacidade de esforzo e de análise da realidade.
 

martes, 5 de octubre de 2021

A FENDA DIXITAL E A EQUIDADE EDUCATIVA NO RURAL GALEGO

 


Desde a ONG Axuda en Acción, co apoio e financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, estamos a elaborar un Informe-diagnóstico sobre a fenda dixital e a equidade educativa no ámbito rural galego" e, como centro rural da nosa rede, pídennos participar nesta diagnose. Será a través nun grupo de discusión o día 8 de outubro, venres ás 9:45 h onde estarán presentes os seguintes axentes da comunidade educativa: 
 -1 persoa do equipo directivo (dirección do centro). 
 - 1 ou 2 docentes do centro. 
 - 2 persoas da ANPA do centro. 
 - 2 persoas da administración local (1 persoal técnico + 1 persoal político). 

COMEZA A CARREIRA POLO CLIMA

 I Carreira Virtual polo Clima. Fundación Ayuda en Acción



Como parte do proxecto 1Planet4All, a Fundación Ayuda en Acción lanza a carreira  #kmxelclima que busca movilizar á xuventude para actuar contra a emerxencia climática a través do deporte. Comeza a carreira: ponte as zapatillas deportivas e pasa á acción. Participa neste reto solidario aportando os teus quilómetros a favor do clima (correndo, andando, en bici, nadando...). Súmate a un estilo de vida saudable para ti e para o planeta. 


viernes, 1 de octubre de 2021

SCHOOL TO SCHOOL: DEPORTES E XOGOS DA INDIA

    Un ano máis o CPI Plurilingüe Virxe da Cela participará no programa School to School da Fundación Vicente Ferrer, un intercambio cultural e de tradicións entre o noso centro e unha escola da India (Konampalli School, Anantapur). Este curso a temática elixida é "Deportes e Xogos da India", e esperamos que a través das actividades propostas o noso alumnado poda disfrutar do deporte e o xogo nun contexto lúdico e educativo, centrado na educación en valores como a solidariedade e a riqueza da diversidade. A Fundación Vicente Ferrer ten habilitada unha páxina web onde descargar os materiais didácticos e visionar 6 pequenos vídeos explicativos. 
    A medida que se vaian realizando actividades no noso centro iremos publicando a través do blog Monferosolidario as imaxes e videos que ilustrarán todo o proceso. 

https://schooltoschool.es/tema/deportes-y-juegos/


Pa Tema4 Deportes -e Xogos Galego by veracruces on Scribd

Calendario Do Programa GAL by veracruces on Scribd

O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS

Concurso Escolar del Grupo Social ONCE proponiendo su mejor idea para abrir camino a la INCLUSIÓN. https://www.concursoescolaronce.es/concurso-grupo-social-once/ Desde o Grupo Social ONCE sabemos que o camiño da inclusión só se percorre dunha forma: TODOS XUNTOS. A educación é moi poderosa para conseguir unha sociedade máis xusta, mellor. A través deste concurso sentimos a esperanza e temos a certeza de que, xunto a vós, docentes, alumnado e familias, estamos a crear un futuro máis inclusivo. Por iso o Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 Edición, convídavos a traballar unidos pola inclusión e converte ao alumnado en axentes de cambio, animándoo a actuar, dentro e fóra das aulas, para facer máis inclusiva a contorna. Porque todos podemos sumar pasos no camiño da igualdade. Este ano, baixo o lema "O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS", propoñémosvos pasar da sensibilización á acción, a través dunha proposta pedagoxicamente actual e atractiva, baseada na LOMLOE. Todo iso a través de Oncelio, o noso icónico isotipo, que se encheu de cores para que lle acompañemos neste camiño e xuntos sumemos quilómetros de ilusión.