domingo, 26 de octubre de 2014

XVI ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DE ENTRECULTURAS

       Un ano máis iniciamos o curso cun encontro en Rede, para poder compartir unha xornada lúdica e pedagóxica con outros mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade Entrecuturas. Nesta ocasión un total de 22 alumnos/as (a representación masculina recaeu en dúas novas incorporacións: Zito (1º ESO) e Álex (3º ESO) e dúas profesoras dedicamos un soleado sábado (25 outubro 2014) para viaxar cara a Santiago e dirixímonos ao Instituto Arcebispo Xelmirez I, centro anfitrión deste encontro. 

         A xornada comezou cunha cálida acollida, non só polo sol que brillaba no ceo neste anodino día outonal, senón por parte dos alumnos/as e profesores/as do Xelmirez, que prepararon este evento con moito cariño e ilusión. Tras unha breve presentación do planning do día, todos os rapaces e rapazas realizaron diferentes dinámicas centradas na temática dos dereitos humanos, mentres que os docentes realizabamos a nosa formación, adquirindo novas ferramentas didácticas para abordar a educación emocional. 

        E despois de tanto traballar… devoramos ao aire libre o xantar que nos estaba esperando, pizza e macarroni, mamma mía!! E de postre… a elaboración das axendas solidarias. O multitudinario grupo do CPI Virxe da Cela (coidadosamente uniformados coas súas xa características camisetas amarelas) reuniuse nunha escaleira para decidir as posibles actividades a realizar durante este curso académico 2014-2015: as que xa son case que “oficiais” (rastro solidario, operación quilo, recollida de tapóns, etc), e tamén novas ideas como visitar un asilo de anciáns, realizar unha “chiculatada solidaria”, gravar un videoclip, etc. E antes de que cada centro expuxese a súa axenda, dúas alumnas do Xelmirez impartiron unha interesantísima charla sobre a súas vivencias en Nicaragua. Como broche final os/as profes asistentes ao encontro subiron ao escenario a facer unha pequena actuación-homenaxe á Rede Solidaria, que en Galicia cumpriu nin máis nin menos que 10 anos de existencia!! 

       A despedida foi espectacular, a ritmo de capoeira. Todos os rapaces e rapazas asistiron a unha demostración desta curiosa danza afro-brasileira realizada no patio, e non soamente ollaron coa boca aberta as acrobacias dos bailaríns, senón que tiveron a oportunidade de recibir unha pequena clase de achegamento a esta disciplina, tanto na práctica instrumental como no movemento. Está claro que con este tipo de encontros a Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas ten garantidos polo menos outros dez anos máis de andainas!!!




VIDEO RESUMO DO ENCONTRO
                                              

5 comentarios:

  1. Veo que seguís igual que solidarios que siempre.
    Los que ya no estamos en el colegio echamos muchísimo de menos el ambiente colaborativo que se respiraba por el colegio. Era y seguramente seguirá siendo un ambiente genial, feliz y agradable.
    A los niños que seguís disfrutando de eso decirlos que lo aprovechéis al máximo, que el CPI virxe da Cela es único y que nunca nunca os sentiréis tan cómodos y felices como ahí.
    Muchas gracias por todo lo que me aportasteis en mi paso por el colegio creo que me ayudasteis a crecer como persona y me apoyasteis cuando más lo necesitaba.
    Nunca nunca me olvidaré de vosotros y siempre siempre os haré publicidad por allí donde vaya.
    GRACIAS
    PD: Me acuerdo cuando Yoli o Vero me mandaban hacer comentarios en el blog y me quejaba y ahora ya ves....

    ResponderEliminar
  2. Fue un día fantástico... Que pena que no pudieras estar.

    ResponderEliminar
  3. Me encantó. Que pena que no fuera todos los días porque iría siempre por mucho que me dijesen.

    ResponderEliminar
  4. Que gratificante sorpresa atoparse con esta publicidade tan positiva do proxecto Monferosolidario e todo o que conleva!!! Non hai maior satisfacción que poder comprobar os resultados en boca desta tan queridísima ex-alumna!!! Que saibas que o CPI Virxe da Cela segue a ser a túa casa, aquí recibirémosche tanto a ti como a túa irmá cos brazos ben abertos. Ogallá que as cousas que aquí intentamos transmitirvos as usedes no voso día a día, e confiamos en que sigades a ser esa "pequena semente" e que vaiades sembrando alá onde estedes, no novo cole, cos novos compañeiros/as, cos vosos profesores/as, etc. Unha aperta enorme.

    ResponderEliminar
  5. Únome ao comentario de Verónica. A maior satisfacción dun profe e saber que os alumnos/as que nos deixan levan no seu corazón esa pequena semente que intentamos transmitirvos, e neste caso, sei que así é. Moitos bicos Anais, para ti e a túa irmá e, como dí, Verónica, aquí estamos, xa sabedes que podedes facernos unha visitiña cando queirades.

    ResponderEliminar