viernes, 25 de junio de 2010
ANOCA
Mércores 23 de Xuño de 2010: O profesorado da EPAPU do cárcere de Teixeiro, como xa fixo o curso pasado, visitou o noso centro, acompañados por dous internos do centro penitenciario. Falaron do Proxecto ANOCA, "Aprender no cárcere", contando a súa enriquecedora experiencia como docentes no Módulo Terapéutico. Os dous internos contaron as súas vivencias personais, e responderon ás preguntas formuladas polos alumnos/as.
miércoles, 16 de junio de 2010
OS DE 4º PECHAMOS UNHA ETAPA NO CPI VIRXE DA CELA
Parece mentira, como pasa o tempo... Estes 12 anos que pasamos aquí estiveron cheos de bos pero tamén malos momentos. Aínda que, pensándoo ben... pesan máis os bos que os malos. A partires de agora comezamos unha nova etapa na que teremos que separarnos e cada un emprenderá un novo camiño cheo de aventuras e desventuras porque non todo vai ser unha balsa de aceite.
Votaremos de menos ós nosos profesores e compañeiros de outros cursos porque gracias a eles todo foi máis doado e agradable.
En fin, só darvos as gracias por todo...
GRACIAS!!!!!!!!!!
miércoles, 2 de junio de 2010
Moitas Especies. Un Planeta. Un Futuro. Día Mundial do Medio Ambiente 2010

Cada ano, Nacións Unidas selecciona unha cidade como sede dos actos internacionais de conmemoración. Nesta edición a sede situarase en Ruanda e baixo o lema "Moitas Especies. Un planeta. Un futuro" farase especial fincapé na importancia vital, para o benestar da humanidade, do coidado e o respecto das distintas especies e ecosistemas do planeta. Así pois Kigali a capital de Ruanda será o lugar para esta celebración mundial do medio ambiente, celebración que contará cunha serie de actividades de varios días que inspirarán a ruandeses, africanos do leste e persoas de todo o mundo a tomar unha acción a favor do medio ambiente.
O tema do Día Mundial do Medio Ambiente 2010 tamén apoia o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica que se celebra este mesmo ano.
Os obxectivos desta data céntranse en:
- Humanizar os temas ambientais.
- Motivar ás persoas para que se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostenible e equitativo.
- Promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais.
- Fomentar a cooperación, o que garantirá que todas as nacións e persoas poian gozar dun futuro máis prospero e seguro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)